Autorretrato como Santa Catalina de Alexandría
Bárbara
Longhi, nace no mesmo ano que Lavinia Fontana, no ano 1552 en Rávena, filla dun pintor Luca Longhi, de estilo de provincias e
conservador, aprende o oficio xunto co seu irmán Francesco no obradoiro do seu
pai, aínda que ela, por ser muller e atoparse a súa familia na relixiosidade da
Contrareforma, tivo menos posibilidades co seu irmá para aprender. Parece
ser que Bárbara axudaba ao seu pai a pintar os grandes retablos e copiaba tamén
algún dos seus traballos, pool que as súas obras teñen unha grande semellanza
coas do seu pai e os seus contemporáneos boloñeses e florentinos.
Virxe lendo co neno Xesús. 1680-1685
Autorretrato. 1589
Virxe co Neno coroando a una relixiosa.1590
Coñecida tan so na área restrinxida de Rávena, a
meirande parte das súas representacións son pinturas relixiosas, Madonnas en
particular, das que se coñecen 12 traballos e entre os
que destaca a “Virxe co Neno e San Xoan Bautista”, aínda que realizou tamén un
fermoso autorretrato e dúas obras máis. Porén, foi Vasari quen a citó na súa listaxe de artistas da época destacando
nela “ a pureza da liña e a suave brillo da cor”, polo que suponemos que
foi unha artista recoñecida no seu círculo artístico.
Muller con unicornio. 1595
A Virxe e o Neno. 1590-1595
Virxe co Neno no trono.
Nos seus primeiros traballos a
artista utiliza unha paleta de cores restrinxida
e unha composición sinxela, na que a liña destaca sobre o modelado das figuras,
para a partir do ano 1590, empregar
cores máis brillantes en figuras que adquiren unha máis grande monumentalidade,
e nos que emprega cortinas ao fondo das figuras que cubren parcialmente a
paisaxe e o ceo.
Emprega tamén a técnica do sfumato e a composición piramidal, moi
típica do renacemento italiano.
A
partir do cambio de século desaparecen das súas obras os escenarios
arquitectónicos e as figuras xa non aparecen completas, polo que a composición
simplifícase en imaxes devotas que concentra a atención de quen mira nunha
relación máis íntima co cadro.
Entre as súas obras poderiamos destacar a representación de
Santa Catalina de Alexandría, virxe, mártir e patrona dos filósofos, estudantes
e predicadores, pintada para o Mosterio de Classe de Ravena, que parece ser
un autorretrato da artista.
Madonna co Neno.
Virxe co Neno e San Xoán Bautista.
Santa Cecilia
Na obra, “A Virxe e o Neno Xesús
coroando a unha relixiosa" (1590-95, Museo de Louvre) amosa ao neno que dirixe a mirada a quen mira, sostindo unha coroa
sobre a monxa e sostido con delicadeza pola súa nai, representados en tons cálidos sobre o fondo escuro,
que implica unha cálida relación entre o cadro e quen o mira.
Barbara Longhi morre en 1638.
Sagrada Familia con Santa mártir
Páxinas
na rede sobre a artista:
No hay comentarios:
Publicar un comentario