Retrato de Artemisia, artista descoñecido. Ca 1614
A historia da arte negou ás mulleres, a muller
non é nada, é un ente valeiro, xa que logo, os datos persoais son os que
definen as súas biografías. Se tomamos como exemplo a Frida, Sofonisba ou
Artemisia, a súa historia estivo escrita sempre en relación aos homes que as acompañaron, como se elas non posuíran
por si mesmas valores artísticos, sen necesidade de asociala a un home.
Presentan asímesmo estereotipos sobre a condición feminina e a súa problemática, como se
os homes artistas non tiveran rasgos persoais ou experiencias vitais que
afectaran a súa actividade ou axudaran a salientala. De feito, na
historiografia escrita por homes durante varios séculos, as mulleres artistas existen, como se estiveran dotadas milagrosamente
de cualidades especais e non serven como modelo para o resto das mulleres.
Artemisia
é, a pesar do escurecemento ao que estivo sometida durante séculos, unha das creadoras mais importantes do
Barroco, aínda que os seus comezos como pintora non foron moi diferentes
aos das outras mulleres da época. Confinada no fogar, foi formada polo seu pai
como a maior parte das mulleres artistas, sendo a única dos fillos de Orazio en
seguir os seus pasos, dende moi nova, limpando os seus pinceis ou facendo
mesturas das cores. A súa aprendizaxe no
obradoiro, na que primaba a educación artística, xa que ela non aprendeu a ler
nin escribir ata os dezaoito anos, permítiulle acadar unha formación que a
situará posteriormente entre os artistas máis afamados da súa época.
Orazio Getilleschi. David e Goliat.1607
Aínda así, a súa figura coñecerase debido a un
feito alleo á pintura, como son a violación e xuizo posterior, que marcan a a
súa vida e a súa obra, aparecendo na historia da arte como unha muller lixeira
e libertina, mais que como a poderosa artista que foi. Esta condición de libertinaxe, reflicte
a súa condición de independecia, incluso sexual, nunha sociedade machista, pero
que define unha personalidade forte e
independente, de muller que sabe o que quere no camino da vida e da arte. Xulgada
para desacreditala como femia e como
artista -pode que o primeiro sexa un pretexto para restarlle importancia a súa
pintura- será a sua imaxe de femme fatale
a que pase a posteridade ata que nos
anos noventa a crítica feminista reivindica a súa figura.
Judth decapitando a Holofernes.1620-1621
Artemisia é unha das primeiras mulleres na
historia da arte cun interese incuestionable, e a súa obra é un reto sobre a educación e o comportamento que as
prescricións humanistas facían das mulleres artistas de época, pero o que fai que sexa tan salientable na
actualidade, ademáis de pola boa factura das súas obras e pola relación entre arte e vida que se rescata da súa pintura, é a innovación
encanto ao tratamento dos temas e o papel da muller na iconografía dos seus
cadros. Como Elisabetta Sirani importante artista boloñesa e contemporánea,
participa do interese polo tema da muller heroica, cinguida aos requisitos do
drama barroco e afastadas dos ideas máis pasivos sobre a feminidade que
aparecen a partir do Renacemento. O recoñecemento da súa propia feminidade e a
traxedia que viviu refíctense en varias obras e mantéñense durante toda súa
vida, nunha serie de pinturas nas que a
muller aparece como vítima dunha sociade inxusta. Non é menos importante o
feito da representación das mulleres
como musas de diferentes actividades artísticas o das súas heroínas, Judit,
Esther ou Cleopatra, mulleres fortes e independentes na historia da iconografía
do barroco, pero ás que Artemisia da un tratamento especial, salientando a súa
carraxe e a súa independencia.
Morte de Cleopatra. 1621
Lucrecia. 1623
A morte de Cleopatra. 1629
No hay comentarios:
Publicar un comentario