BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 31 de agosto de 2016

PREPARANDO A MOSTRA DE FIN DE CURSO (Parte IV)

 Unha parte importante da peza "Retablo", foron os debuxos preparatorios, no que participou todo o alumnado. Tras visionar diversas fotos en clase sobre as imaxes do románico, comezaron a traballar no mes de febreiro. Algún alumno incluso realizou maravillosas fotos na Catedral de Ourense, pois no Pórtico do Paraíso, as figuras aínda conservan parte da súa cor orixinal, o que nos serviu moito para poder elexir a  cor que finalmente levarían as figuras.
 Tamén visionamos beatos e bestiarios medievais, e se fixeron debuxos de todo tipo, como se verá nas fotos, aínda que finalmente escolléronse os que máis se aproximaban á figuración que aparece nos capiteis: harpías, demos, sereas e todo tipo de seres tanto reais como fantásticos.

 Pareceunos tan importante este LIBRO DE ARTISTA, que finalmente o incluímos na mostra. Nel pódese apreciar non só a cantidade de debuxos preparatorios, senon tamén o deseño do retablo, os materiais que se empregaron, como se argallaron as imaxes, a técnica empregada: óleo, acrílico, lápiz, acuarela ou  pastel, e os distintos soportes, todos en papel.
 Nas seguintes fotos podedes ver a cantidade e variedade do traballo realizado polo  alumnado de PINTURA.