BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 3 de octubre de 2019

HISTORIA DA ARTE.PREHISTORIA I

 
VENUS DE WILLENDORF
 
 A Venus de Willendorf é unha estatua dun tamaño diminuto que se sitúa no Museo de Historia Natural de Viena ( Naturhistorisches Museum) en Austria. Atópase nun bo estado de conservación.
 É un dos primeiros exemplos de arte mobiliar, datada entre o 30000-2500 a.C. A arte mobiliar, consiste en figuras ou obxectos (colares, pendentes, arpóns, anzois, cóitelos, ou bastóns) tallados en marfil, asta, oso, pedra ou modelado tosco en arxila.
 Descoñécese o autor, pero foi achada nunha escavación paleolítica preto de Krems, Baixa Austria, en 1908 polo arqueólogo Josef Szombathy. A figura desta muller espida foi esculpida en pedra calcaria monolítica, que non é local na rexión, e pintada en ocre bermello.
Esta ''figura'' de 11,1 centímetros de alto parece ser unha representación convencional, non realista, xa que o seu abdome, vulva, nádegas e mamas son extremadamente voluminosos (esteatopixia), polo que moitos estudos deduciron unha forte relación co concepto da fertilidade. 
 Salientable a súa esquematización e as formas esaxeradas.
 É a máis antigua do medio centenar  de figura descubertas en zonas diferentes, e foron chamadas "venus" polo interese en salientar os seus atributos sexuais. A semellanza entre estas figuras parece revelar a existencia dunha linguaxe convencional na súa representación, e polo tanto, a existencia dunha estrutura social.
 
As características xerais son:
-Escultura en bulto redondo e naturalista.
-Sen rostro e cunha decoración de tipo xeométrico no cabelo.
-Ventre abultado e senos prominentes.
-O sexo, aparece moi diferenciado.
-Pés pequenos o sen eles (parece que poderían servir para ser chantadas).
-Caderas voluminosas.
-De tamaño moi pequeno.
 
 As Venus esteatopigias son, sen dúbida, as obras de arte moble do paleolítico máis populares. O termo foi aplicado por primeira vez polo marqués de Vibraye en 1864, e mantense debido a comparacións etnográficas con comunidades actuais primitivas como os hotentotes, en cuxas sociedades hai mulleres que cumulan graxa de maneira voluntaria. O seu repartición xeográfica esténdese por Francia e Italia, Europa central e oriental, ao longo de todo o paleolítico superior pero alcanzando un gran desenvolvemento no período Gravetiense, é curioso, pero na Península Ibérica non hai Venus. Tradicionalmente agrúpanse en tres paquetes (occidentais, orientais ou rusas e siberianas), en función das súas morfoloxías e repartición xeográfica.
Polo xeral foron achadas en lugares de habitación.
 Un dos principais erros ao redor da interpretación destas Venus é metelas todas nun mesmo saco, cando entre elas saltan á vista as diferenzas existentes.Si debemos sinalar a apreciación que fixese Engels no seu día, as Venus poñen en evidencia a importancia que se daba á muller na sociedade do paleolítico, partindo de aquí deféndese que os clans do paleolítico fosen matriarcales, hipótese que xorde da supremacía de imaxes femininas sobre as masculinas no imaxinario paleolítico. Lamentablemente, non é demostrable. Por iso, na interpretación destas "Venus" atopamos un pouco de todo: retratos, deusas nai, santuarios femininos, exvotos de fecundidade, sacerdotisas, recordatorios, pezas de acordos ou intercambios,ou funcións pedagóxicas co descubrimento do corpo feminino.
 
OUTRAS "VENUS"
 
 
 

VENUS DE LESPUGNE


                                                         VENUS DE BRASSEMPOUY

 
VENUS DE LAUSSEL


Referencias na web:
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario