BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 31 de agosto de 2014

PROCESALIA: CIDADE DE VIGO


 A mostra Procesalia: Cidade de Vigo, producida polo Concello de Vigo, a través da súa Rede Museística e organizada por Desprogal, Gestión Cultural é o último proxecto comisarial de Monse Cea, que realiza a súa proposta en dúas sedes diferentes: A Casa das Artes e o Verbum, a Casa das Palabras. A montaxe terá a peculiaridade de ofrecer información ao público a través de pantallas táctiles dende as que acceder a unha completa web específica da mostra. A publicación conta con información sobre as pezas presentadas e sobre todos e todas as artistas participantes, con enlaces directos aos seus sitios web.

 
MANUEL VIDAL
Paisaxes premeditados. Area, ferro e madeira.2013
 A mostra está formada polas obras de 21 artistas do ámbito galego, nacional e internacional que utilizan formatos procesuais, participativos e discursos que entroncan coas preocupacións das sociedades-marco nas que se xeran as súas obras. As e os artistas participantes son: Xoan Anleo, Nilo Arias, Xohán Brión, Isaac Cordal, Ana DMatos, o colectivo internacional Kónic Thtr –formado por Rosa Sánchez e Alain Bahuman–, Paula Mariño, Carme Nogueira, Renata Otero, Marta Prieto, Montse Rego, Manuel de la Rosa, Rubén Santiago, o xaponés Kai Takeda, o grupo portugués Void formado por Carlos Sena Caires e Jorge Cardoso, Álex Mene e a participación de tres novos valores: Eugenia Suárez, Iñaki Pérez e Manuel Vidal.

NILO ARIAS
Disolución. Instalación. 2014
 Para a comisaria, os alicerces conceptuais nos que se asenta a mostra Son:

A ARTE COMO FERRAMENTA DE REFLEXIÓN SOCIAL Defender unha arte que, en chave poética, estableza nexos coas preocupacións da sociedade-marco nas que esta se crea. Das obras expostas extráense moitas das inquedanzas que atinguen á sociedade actual: a persistente violencia contra a muller, a arte coma forma de resistencia poética e política, a nosa relación coas persoas excluidas ou o impacto dos novos xeitos de comunicación xurdidos ao abeiro da cultura dixital.

ISAAC CORDAL
Cement eclipses.Vídeo. 2012

PAULA MARIÑO
“A fuxida”. Vídeo proxección. 2002

MANUEL VIDAL
Caixa nº 3. Resina e madeira. 2013
MARTA PRIETO
The galloping grils. Instalación. 2013
 
ARTE PARTICIPATIVA Unha mostra na que as e os asistentes non son observadores pasivos, senón público participativo que pode cambiar as pezas interactuando con elas.

ARTE COMO ORGANISMO VIVO O público pode coñecer a arte procesual, unha corrente dentro da arte contemporánea que entende a arte como algo dinámico en constante cambio, vivo e que amosa como foi creado.
RUBÉN SANTIAGO.
Nailed. Obra en proceso sen finalización.2001-2013

EUGENIA SÚAREZ
Objetos temporales. Vídeo proxección
 
 Fotografías das obras expostas na CASA DAS ARTES.
 Información sobre a mostra en:http://procesalia.eu/



 

 

 

miércoles, 27 de agosto de 2014

ROMANTICISMO: EUGÈNE DELACROIX (Parte II)

 
 Parece ser que tamén as mulleres xogaron un importante papel na vida do artista, sobre todo as súas modelos, polas que sentía unha indefinible atración que o abandoaba cando remataba cada obra. Anos maís tarde, sitúa ao espectador como voyeur na peza «O duque de Orleáns amosando a sú amante». No salón de 1827 presenta «A morte de Sardanápalo», onde racha coas reglas da perspectiva,  enchendo o espazo dun intenso cor, polo que deste vez a obra non foi mercada polo estado francés, o que deulle xogo para converterse  «Nun artista maldito».
 
O duque de Orleáns amosando a sú amante
 
 
A norte de Sardanápalo.1827
 
BOCETOS
 


 
 En realidade, a crítica cara a súa obra non fora tan feroz, pois a Dirección de Museos, encargoulle a decoracón das salas do Consello do Estado do Louvre (na actualidade destruidas) obra que enlazou coa presentación no Salón de 1931 da súa peza máis emblemática «A liberdade guiando ao pobo».
 
A liberdade guiando ao pobo.1931

Nesta obra:
-O Romanticismo deixa de mirar ao pasado para participar na vida contemporánea.
-Aparece retrato no home do sombre de copa, como mostra de compromiso e participación.
-O artista co-protagoniza a escena.
-A obra resalta polo emprego da luz e a cor, e pola súa profundidade e a importancia do movemento e da acción que conta, recollendo a pulsión revolucionaria.
-As torres de Nôtre Dame ao fondo, simbolizan a patria unida.
-Retrata aos protagonistas da revolta: estudantes, burgueses e obreros e resalta a importancia da figura central,  alegoría de Fracnia e da liberdade.
-Contemporánea da novela de Víctor Hugo, Nôtre Dame de París, nesta peza Delacroix, combina realidade e idealización.

 Como curiosidade, reseñar que nunha obra do ano 1826, Delacroix representa a "Patria Grega" tamén coa figura dunha muller.

 
Grecia expirando sobre as ruínas de Missolonghi.1826
 
 
 
 
 

lunes, 18 de agosto de 2014

ROMANTICISMO: EUGÈNE DELACROIX (Parte I)

 
Autorretrato
 
A principios do século XIX non había en Europa galerías de arte para que @s artistas puideran expoñer e o público disfrutara deles e puidera mercalos. Será en Francia, grazas a intervención do conde Forbin, director de museos do goberno da Restauración, onde se liberalizaron as institucións artísticas o que e facilitou a creación dos SALÓNS, un lugar nun gran espazo do Louvre onde @s artistas expuseron cada dous anos con gran éxito de público e prensa.
 No ano 1815, Delacroix de 17 anos entra como aprendiz no obradoiro de Pierre Guérin, onde comparte estudo e traballo con Théodore Géricault, oito anos máis vello, que tivo unha grande sona no Salón de 1818, cunha peza titulada «A balsa da Medusa». Cunha infancia marcada pola orfandade primeiro de pai e logo de nai, dende moi novo tivo unha  grande necesidade de sona e diñeiro, conceptos sinónimos na Francia daqueles anos.


Visitaba frecuentemente o Louvre, estudando e copiando aos grandes pintores que admiraba: Rubens, Velázquez, Rembrandt, Paolo Veronese, e se debatiuse entre a tradición e o clasicismo e desexo de hachar, tralas apariencias, a realidade. Pero ao mesmo tiempo estuda a Goya e interesase pola litografía, publicando algunhos grabados en "Le Miroir". O pintor paisaxista Bonington aprendeulle a pintar a naturaleza. Raymond Soulier  iniciuno na acuarela. En 1816 inscribese na Escola de Belas Artes, onde contrae amizades que lle durarán toda a vida.

 
Estudo de desnudo na Academia
 
  No ano 1822, presenta no Salón a obra «Dante e Virxilio no inferno», tema que levantou emocións e co que atinou pois a obra foi adquirida polo estado francés, quen expoñeuno inicialmente no Museo de Luxemburg.

 
Dante e Virxilio no inferno.1822
 Coincidindo con este éxito comezou a escribir o seu JOURNAL, diarío íntimo do artista, e un dos primeiros exemplos deste xénero literario que foi moi habitual en moitoscreadores do Romanticismo.
Desde o ano 1822, a súa producción estivo dirixida en exclusiva ás exposicións do Salón. No ano 1824, presenta un novo tema «A matanza de Quíos», inspirado nun episodio da guerra da independencia de Grecia. Parece ser que tras contemplar no Salón varias obras de Constable, paisaxista inglés, decidiu levarse a súa obra ao estudio e repintar o fondo antes de voltar a pendurala. A peza levantou unha grande polémica polo tratamento do tema e a execución, pero foi mercada de novo polo goberno.



«A matanza de Quíos», simboliza a consolidación e desenvolvemento dun tema clave do Romanticismo: as causas perdidas. Un dos aspectos estilísticos máis salientables desta obra son: o diferente tratamento dos tons da pel dos persoaxes (uns claros, outros escuros e algúns case verdes), a impronta da obra de Rubens e o traballo do estudo co modelado do desnudo e o tratamento dos corpos, co que o artista  transmite emocións grazas ao emprego da cor e as transparencias, que deixa ver a vida que palpita baixo a pel dos seus protagonistas.
 Clarificado o seu futuro profesional, abandona os seus estudios de música, aínda que esta continuou formando parte da súa vida, como constata o interesante intercambio que mantivo con músicos da época. Berlioz, inspirouse nunha serie de litografías do artista sobre o «Fausto» de Goethe, para a súa ópera «A condena de Fausto». A música aumenta a enerxía creativa de Delacroix, quen fixo retratos de músicos como Rossini, Paganini e Chopin e de xente do eido da cultura.
 
 
Paganini.1831
 
 
Chopin.1938

 
George Sand.1838 
 
 No ano 1825, Delacroix  vai a Inglaterra onde pasará tres meses estudando aos pintores ingleses, de maneira especial coñece a John Constable, o maior paisaxista europeo da época. Trata de desvelar a técnica e máis o emprego das cores, analizando os efectos psíquicos que estes provocan. Cando tras a súa estancia en Marrocos chega a Francia leva moitas acuarelas, e regresará a Toulon con máis de 100 debuxos e croquis da súa andaina; se conservan tres deles no Museo do Louvre e un no Museo Condé de Chantilly.
 
 
Debuxo feito en Marrocos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

lunes, 4 de agosto de 2014

LALATA. Revista objetual

 
     Pezas, sobre unha obra da serie "A muller-Árbore"

 Dende hai xa varios anos veño colaborando coa revista LALATA, dirixida desde Albacete por Manuela Martínez e Carmen Palacios, unha revista que é en realidade un contedor de obxectos artísticos que se serve dunha lata de uso alimenticio para a súa conservación e distribución, e na que cada serie ten sido realizada a man por uno/unha ou varios/as artistas, polo que non existe unha revista igual a outra. Pode atoparse en diversas bibliotecas de centros de arte, tendas de museos e librerías especializadas, así como en ferias de arte e encontros editoriais, pois a Lalata é mutante, híbrida e anfibia.
 Este ano a proposta titúlase: Mucho ruido, objetos protesta.
 A miña proposta (como todas cun máximo de medida de 5 x 5 cm), está realizada sobre papel e leva unha impresión dos meus beizos cun lápiz de labios, e un clip que os sela como protesta contra a liberdade de expresión e que remítese tamén a sumisión que a sociedade patriarcal obriga a moitas mulleres en todo o mundo.
 Titulei as pezas (160 pequenas pezas en total): “Artiluxio inquisitorial para provocar o silenzo”.
 As fotografías amosan o proceso creativo.

 
Pintando os beizos
 
 
Estampación sobre o papel
 
 
Selado da imprimación

 
Varias pezas co berníz

 
Peza finalizada

 
Varias das pezas xa rematadas listas para o seu embalaxe
 
Máis información sobre LALATA: http://www.lalata.es/