Alegoría de la retórica. 1650
Foron as feministas quenes
chamaron a atención sobre a súa figura
debido á primeira monografía que
lle dedicou en 1989 Mary D. Garrard, que contribuíu a fomentar o coñecemento e
a revalorización da súa obra e a consolidar a súa condición de icona de artista
importante no seu tempo, unha muller pintora que actuaba como tal, cobraba as súas obras e viviu sempre da
pintura.
Como características fundamentais sinalaríanse na obra da Gentilleschi:
-As súas obras son
representadas a xeito de reflexo da súa
propia expresividade.
-
Toma
do seu pai, Orazio, o límpido rigor do debuxo, e lle inxertou unha forte
acentuación dramática, tomada das obras de Caravaggio, cargada de efectos teatrais, elemento estilístico que
contribuíu á difusión do caravaggismo en Nápoles, cidade á que se trasladou en
1630.
-É importante salientar o feito de que o éxito de Artemisia foi tan grande, que os seus temas coma o de Betsabé e David, tiveron distintas versións, quen estuda as súas obras, como o caso da investigadora Jane Fortune, Fundadora e Presidenta do Comité de Florencia do Museo Nacional das Mulleres nas Artes, rastrexou unha peza de Artemisia desta temática nas áreas de almacenamento do Palacio Pitti buscando obras de mulleres artistas e atopou unha obra que se atopaba en mal estado, pero que tras a súa restauración, permite observar os rasgos estilísticos da Gentilleschi. Se na obra que se atopa no Museo de Ohio, xunto coa que está en Postdam trata o tema dun xeito singular, a que restaurouse do Palacio Pitti, pode incluso relacionarse con outra obra da artista "Susana e os vellos". A versión PITTI está documentada como colgada no apartamento do Gran Duque no Palacio Pitti en 1662. O David e Betsabé probablemente foi pintado para Ferdinand II de Medici ao redor de 1635 mentres que Artemisia Gentileschi estaba a traballar en Nápoles. Estaba familiarizado co seu traballo porque traballara para a corte Medici de Cosimo II durante os seus anos de residencia en Florencia desde 1613 ata 1620.
De feito, o ESTILO da pintura é unha mestura interesante do seu posterior estilo napolitano e as obras de mocidade. Isto é particularmente evidente na suave carne da figura espida, e da actitude moi especificamente referencial de Bathsheba, que lembra a de Susanna na primeira e datada obra de Artemisia, "Susanna e os Anciáns" de 1610. A posición das mans de Betsabé, que supostamente axusta o seu cabelo, é demasiado artificial para non ser referencial, pero a pose se atenúa para ser moito menos dramática. Mentres as mans de Susanna protestan desesperadamente contra a mirada ilícita dos Anciáns á súa esquerda, as mans de Bathsheba non están dirixidas ao intruso que está na logia á súa dereita (o rei David), senón que serven para crear unha interesante torsión do corpo. De feito, como di a directora da Galería Palatina Serena Padovani, "a linguaxe clásica que Artemisia elabora aquí é bastante distante da forza teatral da súa fase florentina temperá, aínda que a figura alongada de Betsabé é similar á Alegoría de Inclinación que pintou na Casa Buonarroti en 1615".
Lot e as súas fillas. 1635-1640

Betsabé e David.1640. Museo de Ohio
Betsabé e David. 1635. Palacio Pitti. Florencia
- A
análise da súa pintura subliña, de modo exemplar, o que significa saber «de pintura, e de cor e de empaste»:
evocando as cores fortes da paleta de
Artemisia, a luminiscencia de seda dos vestidos (con ese amarelo
inconfundible da autora), a atención perfeccionista pola realidade das xoias e
das armas.
Cleopatra. 1639-1640
-Tenebrista non exenta dun
certo Naturalismo, para achegar a imaxe ao espectador practicando
unha arte non idealizada, que non oculta os defectos dos personaxes,
escollendo a estes de entre os habitantes da cidade, con rostros curtidos,
engurrados.
-O tenebrismo en Artemisia
débese ao manexo virtuoso do claroscuro, técnica que xa se coñecía pero que se
usaba con gran mesura. Acentúa os
contrastes entre zonas iluminadas e zonas en sombra; hai fondos neutros que se
perden na escuridade, onde non se intúe ningún espazo, ningún personaxe máis.
E en contraste, realza violentamente
rostros, mans, teas, con focos de luz laterais e diagonais, que inciden sobre
as superficies aplanando o seu volume e creando un ritmo interno da composición
baseada no xogo lumínico. Este xogo produce un efecto espectacular e foi unha
das claves do éxito do Tenebrismo e da escola de Caravaggio. Á vez, gustou de
utilizar unhas entoacións cromáticas e lumínicas dunha forma que os
caravaggistas non souberan traballar ata entón. Isto converteuna en protagonista de primeira fila na metamorfose
da pintura napolitana ao longo da década de 1630, na que partindo do máis
estrito naturalismo chegábase ao aprecio
dos valores atmosféricos e cromáticos do neovenecianismo.
Xesús e a samaritana.1637
-Os temas,
maioritariamente relixiosos e tamén sobre mulleres da biblia e da historia, eluden normalmente a paisaxe. Aínda que se
coñecen poucos sábese tamén que realiza diversos retratos.
Retrato do cavaleiro Antonio de Ville. 1627.
-Soubo interpretar dunha
forma persoal e con gran calidade algúns dos temas barrocos máis
significativos. A pesar dun innegable sentido dramático, os seus cadros teñen unha naturalidade e un
dinamismo pouco frecuentes.
-Condenada como todas ás
mulleres da súa época a pintar só nus femininos, (o masculino estáballes
vedado) será o coñecemento do seu propio
corpo o que lle levará a realizar corpos femininos nús. Artemisia, pinta cunha luz fortemente contrastada coa
sombra, e será nos corpos espidos onde alcanza os seus máximos logros, corpos nos que a sensualidade non chega a
esconder, non obstante, unha profunda e constante melancolía de vivir.
Magdalena desvanecida. 1653
Máis
información de Artemisia na rede, da que parte dela aparece neste artigo sobre
a artista.
ARTEMISIA E AS MULLERES FORTES DA HISTORIA on PhotoPeach <iframe width="445" height="296" src="https://photopeach.com/embed/168qbo0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
No hay comentarios:
Publicar un comentario