BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 1 de noviembre de 2016

MULLERES SURREALISTAS: LEE MILLER (Parte II)




  No ano 1934 Lee, casa con Aziz Eloui Bey e trasladouse a vivir a Exipto onde non traballou de modo profesional aínda que si realizou fotografías surrealistas como "Portrait of Space". En 1937 regresou a París onde coñeceu ao seu futuro marido, o crítico e coleccionista Roland Penrose.


Retrato dun espazo  (en Al Bulwayeb, Near Siwa). 1937


A sombra da gran pirámide. 1938

 Entre 1939 e 1945 formou parte do London War Correspondents Corp e no seu exercicio como fotoperiodista foi corresponsal de Vogue e percorreu Francia fotografando entre outros os efectos do napalm no asedio de Saint Malo, a liberación de París, a batalla de Alsacia e o horror nos campos de concentración de Buchenwald e Dachau.  O estado de sitio, a guerra, a fronte, convertéronse nun auténtico modo de vida para Le Miller: ela mesma era quen perseguía os bombardeos, poboaba as cidades abordeladas, e converteuse en sombra da destrución.


Lee con soldados americanos.

 Curiosamente algunhas das súas fotografías da Segunda Guerra Mundial están cheas de matices líricos, a máis diso a súa notable calidade material e temática, e os seus títulos e acompañamientos textuales, que despregan grandes doses de ironía e de enxeño, mecanismo de defensa en tempos difíciles. Nesta liña son particularmente expresivas moitas das instantáneas de 1940 incluídas no libro Grim Glory: Pictures of Britain Under Fire, como é o caso de “Remington Silent “, onde aparece en primeiro plano unha máquina de escribir esnaquizada, ou outra na que o instrumento despedazado é un piano “Piano by Broadwood)”. Ambas atopan a “súa revancha sobre a cultura” cando retrata unha escultura lánguida dun espido feminino clasicista cuberta de escombros sobre o chan cheo de restos de bloques de pedra. Todas estas mostras gráficas, serven como denuncia da situación de caos vivida e de atentado contra a escritura, a música, a cultura en xeral, moito máis que censuradas, totalmente desmembradas. Lee quere chamar a atención sobre esta consecuencia trascendental no contexto bélico.


Piano by Broadwood. 1940


Remintong silent. 1940


Revancha sobre a cultura. 1940

  Foi a Londres en 1939 tralo seu segundo matrimonio, co historiador e artista Roland Penrose. Un ano despois do fin da Segunda Guerra Mundial Miller obtivo prestixio como corresponsal acompañada pola Mariña dos Estados Unidos; converténdose na primeira muller en cubrir a segunda guerra mundial. Unha vez que a guerra terminou, dedicou a maior parte do seu tempo facendo retratos de celebridades e volveu a Vogue para obter ganancias. Algúns dos seus retratos máis famosos son os que fixo a personalidades como Picasso, Joan Mirou e Antoni Tapiès.
 Tras regresar ao Reino Unido notou os efectos do trastorno por estrés postraumático e en 1947 se divorció de Aziz Eloui Bey e casouse con Roland Penrose do que se atopaba embarazada. Ao ter o seu fillo a súa actividade fotográfica foi case abandonada, sendo coñecida nesta época como Lady Penrose. En 1949 trasladouse a vivir a Farley Farm House en Sussex onde residiu ata a súa morte orixinada por un cancro.
 A vida artística de Le Miller foi un progresivo espertar do obxecto que cobra vida, que conquista a súa autonomía de suxeito ata o punto de ser capaz de investir os procesos, transformando en obxecto o desfile de elementos ante a súa mirada perspicaz, agora a través do visor.


Mulleres con máscaras ignífugas.1941


Gardas vencidos pedindo clemencia.Buchenwald. 1945


László Bardossy, Fascist ex-Prime Minister Hungaro. Budapest. 1946

 Algunhas das súas fotografías foron seleccionadas na exposición The Family of Man realizada no Museo de Arte Moderna de Nova York en 1955. En 1976 foi invitada de honor nos “Encontros internacionais de fotografía de Arles” e en 1989 realizouse unha gran retrospectiva que percorreu boa parte de Estados Unidos. En 2012 incluíronse varias das súas obras en 13ª edición da documenta en Kassel.
 Quizais unha das máis coñecidas fotografías de Miller sexa a que realizouse nesta bañera, na que a fotografía aparece como agresión e, malia iso, como porta de saída. Todo isto ten que ver con esta foto na bañera de Hitler. É un clímax estraño, surrealista e fermoso como ela, baixo a mirada do tirano, no seu espazo íntimo.


LEE MILLER na rede:

MULLERES SURREALISTAS: LEE MILLER (Parte I)



 Naceu o 23 de abril de 1907 en Poughkeepsie no estado de Nova York. O seu pai, de ascendencia alemá, era afeccionado á fotografía e con frecuencia utilizou á súa filla como un modelo para as súas fotografías, entre as que se atopan bastantes espidos realizados coa técnica estereoscópica; a quen tamén ensinou a realizar fotografías desde pequena.
 Con 19 anos coñeceu a Condé Nast, fundador da revista Vogue, con quen iniciou a súa carreira como modelo. En marzo de 1927 apareceu na portada da revista cunha ilustración de George Lepape. Durante dous anos foi unha das modelos máis solicitadas en Nova York, sendo fotografada por Edward Steichen, Arnold Genthe e Nickolas Murray. Cando unha fotografía realizada por Steichen foi utilizada para anunciar un produto de hixiene feminina (Kotex), orixinouse tal escándalo que puxo fin á súa carreira como modelo.


Crystal ball. Modelo Lee Miller. 1920


Lee como modelo.


Lee como modelo. 1928

 En 1929 trasladouse a París coa intención de converterse en aprendiz de Man Ray, que nun principio se negou a admitila como alumna aínda que finalmente converteuse en asistente fotográfica, amante e musa. Abriu o seu propio estudo fotográfico encargándose ás veces de facer fotografías de moda encargadas a Man Ray para que el puidese concentrarse na súa pintura, por iso moitas das fotografías tomadas durante este período e atribuídas a Man Ray foron realmente tomadas por Lee. Nestes anos foi unha participante activa no movemento surrealista coas súas imaxes enxeñosas e humorísticas, en bastantes casos empregou a técnica da solarización (parece ser que foi a propia Miller quen descubriu esta técnica por casualidade). No seu círculo de amigos estiveron Pablo Picasso, Paul Eluard e Jean Cocteau, ata apareceu na película deste último “O sangue dun poeta” (1930) interpretando unha estatua que cobra vida.


Man Ray. Beizos e man. 1929


 Lee, nun fotograma da película de Cocteau.

 Nos momentos en que se permitía ser orixinal, as súas producións voluntarias alcanzan unha calidade moi destacable. Exemplos como o retrato que realizou de Joseph Cornell, ou o titulado “Tête flotante” (Mary Taylor), ambos de 1933, dannos unha idea do seu excelente traballo.


Sen título. 1930


Abstracción. 1931


Retrato de Meret Oppenheim con solarización. 1932


Autorretrato. 1932


Retrato de Joseph Cornell. 1933


Mary Taylor. 1933

 Tras terminar a súa relación con Man Ray regresou a Nova York en 1932 establecendo un estudo fotográfico coa colaboración do seu irmán Erik que traballaba como o seu axudante de cuarto escuro. Ese mesmo ano participou na exposición de fotografía moderna europea realizada na Galería Julien Levy de Nova York e en 1933 realizou unha exposición en solitario na mesma galería. Entre os clientes do seu estudo estiveron Joseph Cornell, Lilian Harvey, Gertrude Lawrence.


 Ernst e Dorothea Tanning, fotomontaxe.