BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 20 de julio de 2018

ARTISTAS ITALIANAS DE LOS SIGLOS XVI E XVII. GIOVANNA GARZONNI (PARTE I)


Autorretrato.Acuarela. 1650

 Giovanna Garzoni foi, na súa época, unha exitosa pintora de miniaturas que desenvolveu especialmente o xénero da natureza morta, aínda que tamén realizou retratos e temas relixiosos. A artista, nacida en Ascoli Piceno no ano 1600, non foi filla dun pintor como a meirande parte das mulleres que chegaron a dedicarse a esta actividade, pero os seus proxenitores, Giacomo Garzoni e Isabetta Gaia, viñan de familias de artesán, polo que sabemos que probablemente creceu nun ambiente artístico pois a súa nai era dunha familia de ourives polo que foii ensinada no debuxo  polo seu tío Pietro Gaia. O seu talento foi descuberto cando era aprendiz dun farmacéutico do seu pobo. Debemos ter en conta a súa dificultade, pois estaba prohibido que as mulleres artistas fosen donas de talleres e, se non tiñan a sorte de nacer dentro dunha familia de pintores con talleres propios, era case imposible que unha nova artista puidese desenvolver o seu talento. Carecían, salvo excepcións, de liberdade intelectual e liberdade económica, e como non tiñan  medios propios, non dispoñían dun espazo persoal onde traballar e crear.


 Xarrón chino con flores, figo e habas. Acuarela e lapis. 1625-1650

 Unha carta escrita por ela en 1620 revela que foi adestrada na pintura por Giacomo Rogni. A pintora contraeu matrimonio en 1922 cun artista veneciano chamado Tiberio Tinelli, pero, como ela fixera votos de castidade, este matrimonio durou só dous anos.
 Parece ser que a súa primeira pintura asinada foi unha “Sacra familia”, realizada cando tiña 16 anos. Outro dos seus primeiros traballos foi un libro de caligrafía adornado con froitas, paxaros e flores, que foi publicado en 1625, e é curioso que nos seus bodegóns adoitara pintar pequenos seres vivos, ou mortos, que colocaba entre as froitas e verduras.
 Aos trinta anos Giovanna abandonou Venecia para trasladarse a Nápoles co seu irmán. Nesta cidade traballou baixo o mecenado do Duque español de Alcalá, pero nas súas cartas expresa que alí non era feliz, e ao retornar o duque a España a artista mudouse a Turín, aceptando unha invitación do Duque de Saboya. En Turín traballou durante cinco anos ata que en 1640 viaxou a Florencia, onde traballou para a Corte dos Medici, pintando varios bodegóns para o Gran Duque Ferdinando II, cun estilo claro, preciso e nítido que a través das flores ilustra os ciclos de mensaxes de nacemento, vida e morte ofrecendo un tratamento iconográfico menos explícito que outras “vanitas” do século XVII.


Flores e cereixas con mosca.1642-1651


Melón, uvas e mosca. 1642-1651

 Cara ao ano 1654 a artista trasladouse a Roma onde foi membro da Accademia dei San Luca (asociación de artistas fundada en 1593), feito fóra do común nesa época xa que non era costume admitir mulleres, pero consta nos rexistros que recibiu os mesmos beneficios que os artistas masculinos.
 A obra de Giovanna Garzoni mostra a influencia de Jacopo Ligozzi, pintor, ilustrador e miniaturista que tamén desenvolveu unha obra descritiva da fauna e a flora de carácter case científico,  tema de gran interese para os Medici, especialmente para o duque Ferdinando II e o seu irmán, o cardeal Leopoldo.


Cadela.1648


O home de artemino. 1648- 1651

Estas obras de ilustración sobre flora e fauna de carácter científico aparecen tamén na obra da Garzoni, aínda que algunhas non teñen siquera datación.


Mandrágora. Acuarela e tinta en vitela. 1650


Lagarto e mazá. S/D


Paxaros e froitos. S/D


Lagartixa e bulbo, cereixas e alcachofa. S/D.


Tixereta e figos. S/D


Ourizo e caracol con castañas. S/D


 Rama de Dittany con catro avellás e dúas peras. témpera e lapis. S/D.