BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 17 de abril de 2016

MULLERES SURREALISTAS: DOROTHEA TANNING (PARTE I)

«Todo o que se fai é autobiográfico. Con todo, un dos obxectivos de pintar era, para min, escapar á miña biografía».


Dorothea Tanning



 Nacida en Illinois, Estados Unidos, o 25 de agosto de 1910, Dorothea  foi pintora, escritora, ilustradora, escultora, diseñadora de decorados e vestuario teatral e de ballet e ademais ilustradora de libros, así como unha das representantes máis importantes do surrealismo na segunda metade do século XX. Lectora voraz, visitou museos e comezou a pintar sen formación, pois era autodidacta. Mais como estaba tan interesada na arte, e aínda que aos seus pais preocupáballes que se convertese nunha bohemia, en 1928 empezou a estudar no Knox College, ata que no 1930 marcha e instálase en Chicago durante varios anos. Alí completou os seus estudos de arte asistindo ao Instituto de Arte de Chicago. Inicialmente traballou como bibliotecaria, estudou na universidade de Knox e máis tarde para axudarse nos estudos en Nova York, empregouse como artista comercial e outros traballos relacionados coas artes. Traballa as súas pinturas,  cunha factura minuciosa e pinta as ilusións de nenas agraciadas e vanidosas, mentres se mantiña económicamente como artista comercial. Co tempo a súa pintura se fixo máis alusiva, describindo de xeito confuso as cambiantes formas da sensualidade. As súas primeiras obras están dentro da figuración onírica, enigmáticos e ao parecer inspiradas principalmente polas fantasías e pesadelos infantís.



Tango.1939


Deirdre.1940


Voltage. 1942

 No ano 1936 asistiu a unha exhibición de “Arte Fantástica, Dadá e surrealismo” no MOMA de Nova York que lle causou un forte impacto, tanto, que decidiu trasladarse a París logo de acadar cartas de presentación para destacados membros das vanguardias artísticas, como Max Ernst, Yves Tanguy e Chaïm Soutine, entre outros. Con todo, ironías do destino, atoparía París baleiro. Era o ano 1939 e moitos intelectuais europeos fuxiran dun continente a piques de estalar cara a Estados Unidos. Tras chamar a varias portas sen éxito, trasladouse a casa da súa familia paterna en Suecia, onde permanecería facendo retratos da familia ata o estalido da Segunda Guerra Mundial. Ao seu retorno a Nova York, empezou a traballar co marchante e amigo dos surrealistas Julian Levy, en cuxa coñecida galería expuxo algunhas das súas obras que, xa por aqueles primeiros corenta, empezaban a adoptar esas formas surrealizantes que caracterizarían a súa carreira posterior.


Aniversario. 1942

De feito, en 1942 pintou un dos seus cadros máis coñecidos, “Aniversario”, un curioso autorretrato no cal, vestida cun atuendo teatral que deixa parte do seu corpo ao descuberto, aparece nun espazo de ensueño, portas que se abren ao infinito. Aniñado aos seus pés, un animal con significacións teosóficas recórdanos o interese da artista polo inasible: "Os meus soños", escribía anos despois, "xorden de obxectos que non teñen equivalentes no dicionario". Tratábase do seu segundo ou terceiro cadro baixo a influencia do surrealismo, e expoñeríase na mostra de mulleres na galería da marchante e coleccionista de arte Peggy Guggenheim, Art of this Century. A súa primeira individual será xustamente na Galería Julien Levy en 1944.
 Curiosamente, Max Ernst, ao que buscara en balde en París, visita a Tanning no seu estudo e quedase fascinado fronte a “Aniversario”. Xogaron unha partida de ajedrez -segundo conta no relato que máis circula- e decidiron pasar xuntos o resto das súas vidas; decisión que cumpriron, porque o seu matrimonio durou ata 1976, data na que morreu Ernst.
A través deste, Tanning empezou a frecuentar o círculo dos exilados parisinos na cidade americana, na que coñecería a Duchamp, Tanguy e Sage, entre outros, facendo realidade ese soño que perseguira en balde en París. Breton formaba parte do círculo, pero o seu escaso coñecemento do francés impedíalle participar activamente nas reunións que este presidía; cousa doutra banda corrente entre as mulleres ligadas ao grupo, que se dedicaban a escoitar e falaban máis ben pouco, intimidadas pola formas autoritarias do "pope".


Soño  de luxo. 1944


Final de partida. 1944.Óleo sobre lenzo


A influencia da civilización. 1944

 Este periodo é o máis surrealista en toda a súa traxectoria artística, a súa obra máis coñecida, “Pequena serenata nocturna” (unha escura pintura chea de simbolismo, ironicamente chamada igual que a alegre serenata de Mozart), mostra os seus vínculos co grupo, aínda que máis tarde o seu estilo artístico mudou  para converterse nun estilo propio. Durante os 40 e principios dos 50 as súas pinturas representaban escenas inquietantes que saían do seu inconsciente. Traballaba en Sedona, Nova York e París. Deste periodo saen pinturas como “Eine Kleine Nachtmusik?” unha das súas obras máis coñecidas. Tamén pintou “Maternity” (1946) na que unha nai sostén en brazos ao seu bebé. No chan hai un caniche con rostro de neno. Chea de tormento esta é unha obra representativa da inquietude dos seus traballos.


Pequena serenata nocturna. 1944


Maternidade. 1946


Avatar. 1947

 De feito según Chadwick, no seu libro “Mujer, arte y sociedad”: “Cuando tuvieron (las mujeres surrealistas) que adoptar una postura respecto al inflamado lenguaje erótico del surrealismo, abordaron el erotismo de manera oblicua, centrando la atención en aspectos de los  deseos eróticos, más que en los demás deseos sexuales de la mujer. Leonora Carrintong reachazó a Freud, y se orientó hacia los temas de alquimia y de magia. Dorothea Tanning transfirió la sexualidad desde el mundo de los adultos al de los niños. Cuadros como Palaestra (1947) y Juego de niños (1942) nos muestra a jovencitas núbiles plasmadas en momentos de estática transformación. Sus  cuerpos responden a invisibles fuerzas que soplan en el recinto, animando los ropajes y haciendo revolotear los cabellos y las prendas de los niños”.


Palaestra. 1947


Unha pintura feliz.1947


Max nun bote azul. 1947


On time of time. 1948


Citadel. 1949


Lauberge. 1949.

Durante esa mesma década deseñou o vestuario e os decorados para ballets de Balanchine e para o ballet  de John Crank nos anos 50.  


A Guest, costume design for The Night Shadow. 1945


The Sleepwalker, costume design for The Night Shadow.1945


Castle Midnight, costume design for The Witch. 1950


Deseño para Bayou, o ballet de George Balanchine. 1951







sábado, 16 de abril de 2016

XOSÉ LUIS OTERO " EXPLORANDO NO CAOS"



 Vídeo realizado na mostra de Xosé Luis Otero, no Museo do Mar en Vigo, no que o artista aparece explicando parte da súa proposta artística ao alumnado de Pintura da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

miércoles, 13 de abril de 2016

XOSE LUIS OTERO no Museo do Mar: "EXPLORANDO NO CAOS"




 A pasada semana un moi numeroso grupo do alumnado de Pintura, realizou unha visita á mostra de Xosé Luis Otero “EXPLORANDO NO CAOS”, onde o artista tivo a amabilidade de facernos unha visita guiada e explicarnos abondantemente a súa proposta artística para esta exposición. Falounos de onde partía a idea da mostra, do emprego dos distintos materiais, de composición, dos centos de bocetos que o levaban desde a idea inicial a peza final, de como realizaba o cadro, en fin toda un clase maxistral.





 Cun curriculo que abrangue desde o ano 2010 un percorrido por medio mundo en salas expositivas e museos que van desde Tallin, Helsinki e Estocolmo pasando por Málaga, San Francisco, Madrid, Belo Horizonte e Bruselas, entre outros moitos lugares do mundo, Xosé Luis Otero falounos no Museo do Mar de vigo, da súa proposta “Explorando o Caos”.







 Nesta mostra, cunhas pezas convertidas en instrumento de creación poética, aínda que cun tratamento moi visceral, estructurada ao redor da idea da viaxe, do camiño, dialogan cadros con instalacións, a partir de materiais sinxelos: cordas, liños, plásticos, cartóns e diversos materiais atopados ou buscados, que xunto  coa cor redúcense a un denominador común, conformando un discurso plástico que transforma o proceso creativo nun tiempo non lineal, un tempo vertical.





 As obras presentes nas dúas salas do museo, sorprenden pola insistencia reiterativa de elementos e cromatismos, pero que na súa rotundidade transmiten emocións e sentimentos, facendo que quen as mira participe no “lanzamento de dados”, pois establecen un diálogo aberto, que fai que “miremos” estas obras en certo xeito “mortuorias” pero dunha fonda fermosura grazas ás imaxes evocadoras e a unha elegante composición. Pezas moi cuidadas, onde o xesto o movemento do corpo do artista está moi presente, neses elementos necesarios estampados no soporte, cun cromatismo restrinxido, pero expresivo, e onde o “oficio”, se deixa ver en cada un dos seus recunchos, incluso nesas obras onde o lenzo sae do soporte.






 Un proceso creativo, según o artista doloroso, que parte da observación compulsiva da realidade, na realización de  pezas que ao fin, non deixan a ninguén indiferente.


Xosé Luis asiñando o díptico da mostra.

domingo, 10 de abril de 2016

MULLERES SURREALISTAS: MERET OPPENHEIM

"Los artistas llevan la vida que más les place sin que nadie diga nada; pero cuando es una mujer quien lo hace, todos se asombran."

Meret Oppenheim




 Pintora e escultora, adicada nos seus últimos anos tamén a escrita, foi a máis importante creadora de obxectos surrealistas. A súa peza “Cubierto de pel”, ten figurado en moitas exposicións e realizado obras que testemuñan a súa importancia como artista. Dirixiu el FESTÍN DE CANIBALES, na exposición “EROS”, celebrada na Galería Cordier de París (1959).


Cunca de te en pel.1936

 Nacida o 6 de octubre de 1913 e morre o 15 de noviembre de 1985, artista e fotógrafa suiza, no barrio berlinés de Charlottenburg, pois o seu padre era alemán e a súa nai suiza; con 16 años comezou a estudiar pintura e con 19 anos  continúa os sus estudios na Académie de la Grande Chaumière en París para ser artista. Non é estraña esta decisión de acudir á París tendo en conta a súa herdanza cultural e a súa propia formación. Meret, filla dun ciruxán xudeu alemán, era neta de pintora e sobrina de Hermann Hesse, o que a condicionaba xa a unha formación culta e artística, que ademais se viu favorecida polo ambente liberal da súa familia. Neses anos xa comeza a escribir poesía a realizar pequenos collages con obxectos atopados. E París, a súa amizade con Hans Arp e Alberto Giacometti permitiulle entrar en contacto co círculo surrealista de Bretón, quen invitouna a formar parte das súas mostras colectivas.
 Mais será debido tamén a súa relación amorosa con Max Ernst, o que a leva a integrarse neste grupo de poetas e creadores plásticos, ata o ano 1936 (curiosamente cando realiza a súa peza que a vincula directamente con esta tendencia) ano  no que as súas relacións comezaron a ser menos estreitas. De feito ata ese ano  a súa pertenza ao grupo levouna a posar para diversos espidos de Man Ray, o que afianzaría a súa estreita relación cos surrealistas.


Man Ray. Meret Oppenheim. 1932


Man Ray. Erotique voilée, modelo Meret. 1933


 Fotografía de Man Ray, modelo Meret Oppenheim. 1933

 A obra “Taza, platillo y cuchara forrados de piel”, que foi así como denominou Meret a súa peza, está presente na mostra “Exposición surrealista de obxectos” no ano 1936, que atopou xunto con outras pezas súas o beneplácito do grupo e sobre todo de Bretón, quen rebautizou a peza como “Déjeneur en fourrure”, parodiando o cadro de Manet, “Almorzo na herba” e a a la Venus en pel de Sacher-Masoch. A importancia desta peza, reside en que con estes obxectos acadou traducir plásticamente as concepcións teóricas surrealistas, pois retrata moi ben a idea dun extrañamento dos obxectos e o seu distanciamento da realidade,  a partir da provocación ata un efecto absurdo e de sorpresa que o surrealismo busca desde o primeiro momento.
 Quizais non era tal a intención de Meret, pois pretendía máis ben a banalización da obra, e por tanto desacralizala e debilitarla respecto aos seus efectos misteriosos. A artista situaba as raigames da súa peza, a unha conversa con Picasso, a quen coñeceu nun café, lugar que para os surrealistas significaba a idea de “conxurarse” e de trabajar colectivamente, máis que un lugar de reunión e convivencia social. De feito, eles dous bromeaban sobre as pulseras de pel que ela portaba e sobre as texturas diferentes dos obxectos e sobre o curioso que sería que os obxectos tivesen texturas contrarias ás que os caracterizaban. Ao que ela terminou sinalando unha cunca e unha culler que poderían tamén forrarse de pel, como as súas pulseras, por que non? Parece ser que contestou Picasso. Máis a idea, que xeralmente atribúen a Picasso foi de Meret.

 A peza exposta no museo de Arte de nova Yorke, “Arte fantático, Dadá e Surrealismo”, foi mercada polo museo a instancias de Alfred H. Barr, que organizou a mostra en colaboración cos surrealistas, e que describiu a obra como “ unha obra de arte que estimulou a fantasía da xente” e “Como a famosa metáfora de Lautréamont, o encontró entre unha máquina de coser e un paraugas nun mesa de disección e os reloxos brandos de Dalí, a taza envolta en pel fai real dunha maneira concreta a invesosimilitude máis extravagante”.


A miña enfermeira.1936


Mans de pel con unllas bermellas. 1936 Fotografía

 A fama a partir destas pezas foi unha pesada carga para Oppenheim, quen non quería verse reducida a un único estilo, aínda que durante un tempo ela segue realizando obxectos, afianzando o  su estilo que en moitos casos tiñan contido sexual e simbolismo fetichista, como en My nurse (1936), e nestes anos realiza tamén deseños de xoias como “Snake ear cuff” ou “Sugar ring”, instalándose no ano 1937 en Basilea, para seguir cursos na Escola de Artes e Oificios, aínda que contínua traballando en pezas que ás veces destrúe ou deixa sen acabar. No ano 1939, expón na galería René Droulin e na de  Leo Castelli os seus mobles fantásticos.


Snake ear cuff. anos 30


Sugar ring. 1931


Brazalete en oro e pel. Anos  30


Muller pedra. 1938


Das leiden der Genoveva. 1939

 En 1945 conoce a Wolfgang La Roche co que casa catro anos máis tarde e con instálase en Berna. En 1954 regresa á actividade artística co  deseño do vestuario da obra teatral de Picasso «Le Désir attrapé par la queue" (El deseo cogido por la cola) que realizou Daniel Spoerri, estrenada en Berna.


S/T. 1952

 Algúns críticos declaran que a súa ruptura cos surrealistas e a súa última colaboración con eles, foi en 1959, na mostra "Exposition inteRnatiOnale du Surréalisme (EROS)", pois Breton invitou a Oppenheim para repetir o Spring Banquet que consistía nun banquete servido sobre o corpo dunha muller espida no que os comensais debían comer sen cubertos. Con todo, a versión parisina transformouse, segundo a propia artista, en algo completamente oposto ao que ela considerara orixinalmente como un festín tanto para homes como para mulleres.


Le festín. 1959  

 Agora o corpo converteuse nun obxecto pasivo dun espectáculo voyeurístico para un público masculino, aspecto noxento do grupo surrealista que Oppenheim non compartía. Será na década dos 60 cando a obra de Oppenheim foi redescubierta e cando recibe o galardón Kunstpreis der Stadt Basel en 1975, no seu discurso, fai un chamamento ás mulleres "a demostrar coa súa forma de vida que non van aceptar máis os tabús que as mantiveron subxugadas durante séculos. A liberdade non é algo que che dan senón que tes que conseguir". Aínda así, e a pesares desta suposta ruptura, Oppenheim participa en 1960 na “Surrealist Intrusion in the Enchanter´s Domanie”, dirixida por Breton e duchamp, e outra no mesmo ano en Milán a “Mostra internazionale dell surrealismo”, e finalmente nos anos oitenta “Permanence du regard surréaliste”. 


Mesa con patas de ave. 1939 


A parella. 1956  


Ardilla.1960


Miss Gardenia. 1962


Arco subterráneo. 1977


Par de guantes. 1985

 A partir dos años oitenta, asemade de participar en diversas exòsición individuais e colectivas, e curiosamente como moitas outras artistas surrealistas, comeza a publicar escritos, en 1981 editou o poemario Sansibar, para colaborar anos máis trade, en 1984 coa revista de arte Trou publicando un artigo sobre a fonte de Symbol des Wachsens und des Lebens de Berna, para logo publicar outra serie de poemas co título Husch, husch, der schönste Vokal entleert sich.
 Tras a súa morte, dun ataque ao corazón realizaronse varias exposicións colectivas e retrospectivas do seu traballo. O seu país natal, concede anualmente a través da  «Oficina suiza de cultura» o Premio Meret Oppenheim a artistas de máis de corenta años.


Meret no seu estudo

BIBLIOGRAFÍA

Marián L.F.Cao: Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney:  “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin: Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001