BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 6 de diciembre de 2015

SOMOS ESPAZO. SIMBIOSES CREATIVAS ENTRE ARTE E ARQUITECTURA



 Este ano no CULTURGAL, e logo durante o mes de decembro e ata o 10 de xaneiro, na sala de exposicións do Pazo de Cultura de Pontevedra, permanecerá aberta a mostra SOMOS ESPAZO. SIMBIOSES CREATIVAS ENTRE ARTE E ARQUITECTURA.
 Paula Cabaleiro e Antón Sobral, comisari@s da mostra, presentan a intervención artística como medio para mudar a percepción do espazo, facendose unha pregunta: Artista e/ou Arquitecto? 
 A partir desta premisa, presenta obras de artistas (cun proceso creativo que achégase á arquitectura) e arquitectos (cun traballo que se amosa moi influenciado polas correntes artísticas), e recolle obras e instalacións que se centran na análise da existencia humana e as relacións sociais, e que tentan o encontro con quen mira estas pezas a través da experiencia, a percepción do espazo e a emoción.
 Son 22 artistas e arquitectos que empregan a casa como espazo simbólico e cotiá, e que  falan do tempo, do baleiro, da historia ou da memoria, nun espazo como lugar  para a interacción ou para o encontro.

 Pezas presentes na mostra.


MARÍA PRADA


MÓNICA ALONSO


JORGE PERIANES


INGE ÁLVAREZ


YOLANDA RÍOS


CARMEN HERMO E JAVIER F. PÉREZ DE LIS


CARMEN HERMO, VÍCTOR HERMO E JESÚS CALVO

Peza titulada: Desnudo bajando una escalera, Duchamp versus Muybridge, na que @s espectador@s podían interactuar nela.


LAUREANO VIDAL


ROSA NEUTRO


PEDRO BUENO


XULIO GIL


ROSA GARCÍA

As miñas pezas



 STPD WORKS I. Fotografía manipulada sobre plotter.


STPD WORKS. Instalación realizada para a mostra. Fotografía manipulada sobre papel, fío e tellas. 

PHOTOPEACH da montaxe con Rosa García e Uxío Noceda. 





CULTURGAL 2015. SOMOS ESPAZO on PhotoPeach v

viernes, 4 de diciembre de 2015

MULLERES SURREALISTAS: ÁNGELES SANTOS (PARTE II)


 Logo da súa estancia en Madrid, a tendencia artística de Santos empezou a cambiar. O novo periodo caracterízase por vincular a súa pintura ao movemento místico e realista da Arte Expresionista, tendo como modelos figurativos as Pinturas Negras de Francisco de Goya e os personaxes da obra de José Gutiérrez Solana. Esta influencia está moi patente según Casamartina, na  peza “Cea familiar”, posiblemente pintada entre os anos 1929 e 1930.  A influencia das pinturas negras de Goya é moi clara. Os membros dunha familia burguesa, neste caso a súa, con servizo e cocinera, convértense nuns brutos famentos que comen compulsivamente, amontoados ao redor dunha mesa humilde e escasa. A nai de Angelita, unha señora fina e elegante que tocaba o piano, transfórmase nun monstro con xesto de cretina que come patacas enteiras coas mans, igual que unha das nenas, que a imita como un pequeno chimpancé. O lenzo é de gran formato, impecablemente resolto e nítido malia a súa forte intención expresiva, case esaxerada. En efecto, o influxo das pinturas da Quinta do Xordo tradúcese aquí en crítica, que a pintora resolve cun marcado sentido da caricatura, dando como resultado unha escena próxima ás composicións do alemán George Grosz.


Cea familiar. 1930


Alma que  fuxe dun soño. 1930

 Así pois, a factura expresionista atópase na serie de cadros “Os Pícaros”, onde a pincelada da artista adquire textura e, á vez, perde concisión; cun maior interese pola expresividade. No ano de 1930 outorgouselle unha sala exclusiva para a exposición das súas obra no X Salón de Outono madrileño. O lenzo “Pícaras facendo música” (1929) formou parte das obras mostradas, sendo este o exemplo no que os críticos albiscan unha estética semellante á obra previa ao periodo Rayonista de Natalia Goncharova.


Retrato de nena. 1930


A nena morta. 1930


Nenos pobres. 1930


Habitación. 1930

 As pezas de Santos nestes anos finais da década dos 20 e os primeiros da siguiente década teñen un misterio e unha maxia que poden apreciarse na obra “Nenos e plantas” do ano 1930. Nesta peza son dous, os personaxes cos que se enfronta o espectador, un raparigo totalmente espido e unha moza que, pola contra, móstrase cuberta. Nas mans de ambos, unha rama e unha flor parecen xurdir como prolongación das propias extremidades, cuxo tamaño foi deliberadamente esaxerado pola pintora, xa que, segundo as súas propias declaracións, pintounos «coas mans e pés enormes pois quería que fosen como árbores e plantas». Nesta inquietante composición, cuxa modelo feminina é unha esmoleira á que Santos retratou tamén noutros dos seus cadros, resulta evidente a simboloxía sexual, o que propiciou un sonoro escándalo en Valladolid ao ser descubertos os dous mozos mentres pousaban. Unha vez máis, como noutras ocasións relacionadas coas súas creacións desta época, a pintora vese aquí envolta nas constantes contradicións xeradas polo seu afán de modernidade fronte ao ambiente provinciano no que ten lugar o seu día a día. Todo iso ía desembocar no coñecido episodio do seu internamiento nun sanatorio, a instancias da súa familia, e por mor do que os seus biógrafos denominaron «crises de carácter», xerada con toda probabilidade por un afán pola lectura e unha inusitada actividade artística que rematou por esgotala.


Nenos e plantas. 1930

 En 1931 a artista viaxou á cidade de San Sebastián para establecerse coa súa familia; lugar onde contactó cos arquitectos e intelectuais José Manuel Aizpurúa e Joaquín Labayen, integrantes do Grupo Norte do GATEPAC. En devandita cidade expuso no Salón de Té Yacaré e preparou unha individual para a Galerie Charles-August Girard en París, mentre que en 1932, participou na colectiva de Artistas Ibéricos en San Sebastián, Copenhague e de novo en París. O ano seguinte foi invitada a expoñer na mostra colectiva do Carnegie Institute de Pittsburgh, en Estados Unidos e no ano 1936 figurou no pabellón español da Bienal de Venecia.
 Maís esa consagración parece ser que non caeu ben nos medios familiares e sociais e no ano 1931 foi internada nun siquiátrico, (mentres os seus cadros seguían expoñéndose por moitas ciudades, tanto en España como no extranxeiro) afastada da pintura, debido quizais a unha crise ou ao feito de ser unha muller nova reberle e tenaz. De feito, fálase moi pouco deste internamento da artista, aínda que sábese que foi Ramón Gómez de la Serna quen denunciou públicamente aquel internamiento baixo a potestade paterna, influindo para a salida de Ángeles Santos que, por ser muller non foi apoiada polo ambente artístico da época, pois non foi suficiente pertencer á xeración das artistas modernas como Maruja Mallo, Remedios Varo, Delhy Tejero ou Soledad Martínez, unha xeración na que Ángeles Santos puso todas as súas esperanzas: “éramos modernas”, dixo refiríndose ao cadro “Tertulia”.


Lilas e calavera. 1930

 Tras o parón da súa actividade artistica entre os anos 1931 e 1932; será no ano 1933, en Portbou, onde volve a pintar, pois neste ano  trasladouse a Barcelona, cidade onde contraeu nupcias co pintor Emilio Grau Sala en 1936. O matrimonio implicou un cambio no estilo, un cambio que amosan tamén as obras de devandito periodo e as presentadas na Bienal de Venecia de 1936, pois este estilo preséntase livián e etéreo. debido quizais ao fracaso no ano 1935, no que Santos retomaba o contacto co público coa primeira exposición realizada en Barcelona baixo o auspicio das Galeries d´Art Syra; pois a mostra fracasou ao ter un carácter tenebroso e unha estética afastada do Novecentismo catalán, movemento reinante na Cataluña da época. De feito a partir de 1935, Santos deixou de pintar, aínda que segue expoñendo; xa sexa por relegar a arte a un segundo plano debido ao seu matrimonio e o nacemento do seu fillo Julián, ou como sinala Mercés Prado, porque a súa estética, fronte ao Noucentismo catalán, que era a estética catalá do momento, entrou en crise tras ser cualificada de dura e pouco amable debido ao seu estilo expresionista e escuro cromatismo. Logo, tras moitos anos de abandono, Santos retorna á pintura en 1964, porén, destrúe parte das súas teas anteriores e aborda temas como o retrato, os interiores urbanos e as paisaxes marítimos da cidade condal. Cando estala a Guerra Civil a artista sepárase do seu marido, quen se exilia en París e ela trasládase a Huesca. Na cidade aragonesa aséntase cos seus pais e, tras dar a luz ao seu fillo Julián, é contratada nun colexio dirixido por relixiosas para dar clases de debuxo. En 1941 expón de xeito individual na Sala Libros de Zaragoza e, en 1942, presenta a súa obra como artista invitada na Exposición Nacional de Belas Artes realizada na Cidade Condal. En 1945 trasládase á capital española e realiza dúas mostras, unha na Galería Estilo e outra no Colexio Maior de Santa Teresa de Jesús da Universidade de Madrid; caracterizadas ambas, por estar compostas de obras de distintos periodos. En 1955 é invitada a expoñer na III Bienal Hispanoamericana celebrada en Barcelona.


Santos ante o seu autorretrato do ano 1942

 A partir de finais dos anos 30, a artista pinta bodegóns e paisaxes, pintando as cidades de París, Barcelona, Cadaqués e Sitges; influída quizais por Emilio Grau, cunha pintura amable, chea de gran riqueza cromática e de luz mediterránea, repartindo as súas estancias entre a capital francesa e Barcelona. Ditas obras foron exhibidas, xunto ás súas obras vallisoletanas, na Sala Parés en 1974. O ano seguinte, a traxectoria artística de Santos popularizar grazas ás exposicións en a Sala Nonell, na Galeria Dau ao Set e na Galería Multitude, sendo esta última organizada por Anxo González e Francisco Calvo Serraller. 

BODEGÓNS




 Nos anos oitenta destaca a exposición antológica realizada no Museo de Ampurdán, a publicación dun número monográfico na editorial Cadernos Guadalimar e unha exposición colectiva, realizada en 1989, no Centro de Arte Santa Mònica titulada “O Surrealisme en Catalunya”. Outras mostras importantes onde formaron parte do catálogo obras de Santos Torroella foron a realizada en 1991 “Picasso, Mirou e Dalí e as orixes da Arte Contemporánea en España 1900-1936” e “AC Avatguardes a Catalunya 1906-1939”, producida en 1992. No 2003, Valladolid réndelle unha merecida homenaxe cunha exposición no Museo de Arte Contemporánea Español Patio Herreriano, onde se exhibiu unha selección importante de sus obras. En 2005 recibiu dá Generalitat de Cataluña ou Premio Cruz de San Jorge. 


Santos no ano 2077, diante dalgunha das súas obras

BIBLIOGRAFÍA

Marián L.F.Cao: Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney:  “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin: Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001

Información sobre a artista na rede :











lunes, 23 de noviembre de 2015

MULLERES SURREALISTAS: ÁNGELES SANTOS (PARTE I)


 A pintora e artista gráfica Ángeles Santos, nace en Portbou o 7 de novembro de 1911 e morre en  Madrid o 3 de outubro de 2013. As súas primeiras obras teñen influencias tanto do surrealismo como do expresionismo, para posteriormente traballar dentro dunha estética postimpresionista con temas de paisaxe e interiores. Irmá do poeta e crítico de arte Rafael Santos Torroella, iniciouse no debuxo e a pintura aos catorce anos durante a súa etapa colexial no internado das Escravas Concepcionistas de Sevilla, é dicir comeza como outros artistas de súa época, como por exemplo Dalí: autodidactas, pertencentes burguesía e formados nun entorno cultural burgués no que podían achegarse ás correntes vangardistas a través de libros e revistas. Aínda asía súa obra estará considerada dentro dunha arte subxetiva, “feminina”, pola crítica, cando en realidade foi unha artista que como tantas outras definiu un estilo propio, sen calificativos.
   Entre a década de 1920 e 1930, ten ocasión de aprender co artista italiano radicado en Valladolid Cellino Perotti e de coñecer ao pintor inglés, Cristóbal Hall, quen dirixiu a Escola Pictórica na cidade Valladolid de tendencia figurativa, moderna e próxima aos ideais da Xeración do 27, e sabemos tamén que Santos frecuenta o Museo de Escultura interesándose polo estudo da forma e do volume.


Vaso de viño.1928

 A Academia de la Purísima Concepción impulsa unha exposición en outubre de 1928 de artistas vallisoletanos no Círculo Mercantil á que foi invitada a participar sendo este o inicio da súa carreira como artista e na que presentou  unha serie de obras, –retratos principalmente de crianzas e de persoas da súa contorna– nos que residía unha sorte de inocencia estética, que aínda que non tiñan a forza das súas obras posteriores tendían a unha suxestiva e moderna pintura.


O tío Pepet. 1928


O meu irmá Rafael. 1928


O tío Simón. 1928


A tía Marieta. 1928


Nenos no xardín.1928 

 Segundo Josep Casamartina, a estética de Santos Torroella evolucionó de xeito vertixinosa, entre o outono de 1929 e a primavera de 1930, afín aos ideais propostos pola escola vallisoletana, ao que cabería sumarse a influencia das imaxes publicadas no libro de Franz Roh “Realismo MáxicoPost Expresionismo. Problemas da Pintura Europea máis recente”, libro de cabeceira de moitos creadores e creadoras de época e que parece ser que tivo mita influencia nas primeiras obras de Santos, pois según Casamartina, tanto Otto Dix, como Tadeusz Makowski aparecen como referente en dúas obras da artista.
 No Ateneo de Valladolid, en abril de 1929 expón o “Retrato de Marquesa de Alquibla” (1928) e “Autorrerato”, xunto co lenzo “Tres cabezas de muller”, obra inicial onde as figuras deformes aparecen ensimismadas nun ambente sombrío e que prefigura o que será a súa obra máis importante: “Un mundo”.


Santos na inauguración do Ateneo de Valladolid.


Retrato da Marquesa de Alquibla. 1928 


Autorretrato. 1928 


Rúa de Alonso Pesquera en Valladolid. 1929


Rúa de Alonso Pesquera en Valladolid. 1929


Nena. 1929


Retrato de María Álvarez. 1929


Anita e as bonecas. 1929


Nena durmindo. 1929

 A súa participación no IX Salón de Outono de Madrid no ano de 1929, incrementou a súa fama e fixo que unha boa parte da intelectualidade do país como Jorge Guillén, Ramón Gómez da Serna, Manuel Abril, Juan Ramón Jiménez, Federico García Lorca, Guillermo Díaz-Plaja e Joan Teixidor, entre outros, ficara impresionado pola súa proposta de raigame surrealista e factura expresionista escribindo artigos sobre a  súa  obra, polo que durante algún tempo a artista reside en Madrid e as obras que realiza neses anos a artista atinaba a plasmar todo un mundo de quimérico ensoño e fantasía, descubrindo a beleza en obras que aparentemente eran feas.


Boceto para "Un mundo". 1929


Un mundo. 1929. Óleo sobre tea

 Santos pintou, aos 18 anos, “Un mundo”, óleo de gran formato que representa un estraño planeta surrealista. A artista pintou “Un mundo” xunto a “Faladoiro” entre abril e setembro de 1929. A peza “Un mundo” según palabras da propia artista, foi inspirada por uns versos de Juan Ramón Jiménez: « vagos anxos malvas / apagan as verdes estrelas / Unha cinta tranquila / de suaves violetas / abrazaba amorosa / á pálida Terra». Para realizar este gran óleo, de tres por tres metros, a pintora tivo que unir dous lenzos para conseguir a superficie desexada. Os personaxes femininos que poboan a escena rodean os costados dun globo terráqueo que perdeu a súa condición orixinal para converterse nunha figura cúbica. En silenciosa procesión, estas mulleres de longos cabelos van iluminando as estrelas co lume previamente tomado do sol, mentres nun dos ángulos do lenzo, outro conxunto de mulleres tocan instrumentos musicais. Esta peza causou tal impacto que Gómez de la Serna, Guillén, Lorca e o mesmo Juan Ramón Jiménez intercambiaron correspondencia coa artista e ata desprazáronse a Valladolid para coñecela. En anos posteriores a artista, cun aceno medio en serio, medio en broma cóntanos: "Cando pintei Un mundo e Terra, lera nas revistas de arte sobre un tal Picasso e o cubismo. Simplemente pareceume máis fácil pintar un planeta así, coas superficies planas no canto de redondas. Era unha época, en 1929, na que se falaba moito de viaxar a Marte e pinteino pensando que si conseguiamos chegar alí poderiamos ensinarllo aos marcianos".


 A terra. 1929. Óleo sobre lenzo.

"Faladoiro" titulado inicialmente “O cabaret”, representa, dentro do conxunto de obras de Santos, a máis próxima á Nova Obxetividade alemá, por estar máis impregnadas dunha frialdade e magnetismo, no que respecta á influencia estranxeira, mentres que, os modelos das figuras, de estética estilizada e deforme, achéganse á obra do Greco, nun movemento sinuoso, cheo de unha grande sensación de misterio. No cadro as mulleres aparecen ensimismadas, sin comunicarse unhas coas outras, fuman, en actitudes desenvoltas, e habitan nunha atmósfera que evocaría esa sorte de asfixia que aparece nas obras de Balthus e doutros pintores vinculados a un tipo de pintura metafísica conectada co surrealismo.


 Faladoiro. 1929. Óleo sobre lenzo.