BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 20 de julio de 2018

ARTISTAS ITALIANAS DE LOS SIGLOS XVI E XVII. GIOVANNA GARZONNI (PARTE I)


Autorretrato.Acuarela. 1650

 Giovanna Garzoni foi, na súa época, unha exitosa pintora de miniaturas que desenvolveu especialmente o xénero da natureza morta, aínda que tamén realizou retratos e temas relixiosos. A artista, nacida en Ascoli Piceno no ano 1600, non foi filla dun pintor como a meirande parte das mulleres que chegaron a dedicarse a esta actividade, pero os seus proxenitores, Giacomo Garzoni e Isabetta Gaia, viñan de familias de artesán, polo que sabemos que probablemente creceu nun ambiente artístico pois a súa nai era dunha familia de ourives polo que foii ensinada no debuxo  polo seu tío Pietro Gaia. O seu talento foi descuberto cando era aprendiz dun farmacéutico do seu pobo. Debemos ter en conta a súa dificultade, pois estaba prohibido que as mulleres artistas fosen donas de talleres e, se non tiñan a sorte de nacer dentro dunha familia de pintores con talleres propios, era case imposible que unha nova artista puidese desenvolver o seu talento. Carecían, salvo excepcións, de liberdade intelectual e liberdade económica, e como non tiñan  medios propios, non dispoñían dun espazo persoal onde traballar e crear.


 Xarrón chino con flores, figo e habas. Acuarela e lapis. 1625-1650

 Unha carta escrita por ela en 1620 revela que foi adestrada na pintura por Giacomo Rogni. A pintora contraeu matrimonio en 1922 cun artista veneciano chamado Tiberio Tinelli, pero, como ela fixera votos de castidade, este matrimonio durou só dous anos.
 Parece ser que a súa primeira pintura asinada foi unha “Sacra familia”, realizada cando tiña 16 anos. Outro dos seus primeiros traballos foi un libro de caligrafía adornado con froitas, paxaros e flores, que foi publicado en 1625, e é curioso que nos seus bodegóns adoitara pintar pequenos seres vivos, ou mortos, que colocaba entre as froitas e verduras.
 Aos trinta anos Giovanna abandonou Venecia para trasladarse a Nápoles co seu irmán. Nesta cidade traballou baixo o mecenado do Duque español de Alcalá, pero nas súas cartas expresa que alí non era feliz, e ao retornar o duque a España a artista mudouse a Turín, aceptando unha invitación do Duque de Saboya. En Turín traballou durante cinco anos ata que en 1640 viaxou a Florencia, onde traballou para a Corte dos Medici, pintando varios bodegóns para o Gran Duque Ferdinando II, cun estilo claro, preciso e nítido que a través das flores ilustra os ciclos de mensaxes de nacemento, vida e morte ofrecendo un tratamento iconográfico menos explícito que outras “vanitas” do século XVII.


Flores e cereixas con mosca.1642-1651


Melón, uvas e mosca. 1642-1651

 Cara ao ano 1654 a artista trasladouse a Roma onde foi membro da Accademia dei San Luca (asociación de artistas fundada en 1593), feito fóra do común nesa época xa que non era costume admitir mulleres, pero consta nos rexistros que recibiu os mesmos beneficios que os artistas masculinos.
 A obra de Giovanna Garzoni mostra a influencia de Jacopo Ligozzi, pintor, ilustrador e miniaturista que tamén desenvolveu unha obra descritiva da fauna e a flora de carácter case científico,  tema de gran interese para os Medici, especialmente para o duque Ferdinando II e o seu irmán, o cardeal Leopoldo.


Cadela.1648


O home de artemino. 1648- 1651

Estas obras de ilustración sobre flora e fauna de carácter científico aparecen tamén na obra da Garzoni, aínda que algunhas non teñen siquera datación.


Mandrágora. Acuarela e tinta en vitela. 1650


Lagarto e mazá. S/D


Paxaros e froitos. S/D


Lagartixa e bulbo, cereixas e alcachofa. S/D.


Tixereta e figos. S/D


Ourizo e caracol con castañas. S/D


 Rama de Dittany con catro avellás e dúas peras. témpera e lapis. S/D.



jueves, 8 de marzo de 2018

"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2018". IES O CASTRO

Os tres grupos de Historia de 4º da ESO, realizaron con motivo do "Día Internacional da Muller", diversos traballos que se fixeron ao longo de tres semanas baixo a supervisión de Nieves, profesora de 4º da ESO A, e a miña nos cursos de 4º da ESO B e C.
 O noso interese era facer visible a partir de diversos soportes, o traballo de mulleres artistas de séculos e estilos distintos como: Frida Khalo, Artemisia Gestilleschi, Elizabet Siddal, Sofonisba Anguisola, Ángeles Santos, Maruja Mallo ou Berthe Morisot, entre moitas outras ou escritoras como Isabel Allende.
 Os formatos e soportes elixidos foron: calendarios, cubos (onde aparecía a biografía e obras das artistas), power point e biografías, cartaces e libros.
 O resultado foi moi variado, e deixo aquí unha mostra dos moitos traballos que realizaron, e que están na planta baixa do instituto.







Hana, ante un dos cubos nos que participou.


Ángel, ante o seu cubo realizado xunto con outras compañeiras.

OS CUBOS NA PLANTA BAIXA e o cartaz que realizou Nieves co seu alumnado, explicando a mostra dos traballos.







TRABALLOS NO IES O CASTRO: "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2018"


Como proposta na aula de 4º da ESO e na materia de Historia, de salientar a importancia das mulleres artistas e facelas visibles, varias alumnas e alumnos do grupo B, decidiron facer unha reinterpretación da artista sueca HILMA AF KLINT (26 de octubre de 1862 - 21 de octubre de 1944), quen coas súas obras foi pioneira da arte abstracta e adiantouse en varios anos a KANDISNKY e SONYA DELAUNAY. 


Tras realizar un debuxo previo, traballaron coa técnica do pastel nun políptico que posteriormente penduramos na entrada do instituto. Como eran 11, dividimos o traballo en dous grupos, que traballaron en dúas obras distintas.
 Estas son as fotos do proceso que durou máis de dúas horas e onde traballaron arreo para acadar un resultado, que a min persoalmente, encantoume.








 O alumnado que esforzouse tanto no traballo ten nome:
Nicolás Castiñeiras
Cristina Costa
Carme López
Ana Lorenzo
Martina Migliarini
Lola Tomé

 Este foi o resultado.



E no segundo traballo estiveron dándolo todo:
Alba Freire
Anxo Gómez
Marta González-Portela
Andrea Loureiro
Carmen Maciñeiras

 E este foi o resultado.



 MOITOS PARABBÉNS A TOD@S!


As pezas nas paredes do instituto.