Autorretrato como mártir. 1615
PERÍODO
FLORENTINO (1614-1620)
En Firenze onde trasládase no ano 1614 e onde reside ata 1620, Artemisia cámbiase o apelido polo de Lomi (un parente do seu pai que tamén era artista). Alí frecuenta os círculos artísticos e intelectuais, onde se relaciona coas compositoras e intérpretes irmás Caccini e con Galileo, con quen manterá correspondencia ao londo da súa vida, entre outros. O seu prestixio como pintora é tal que foi admitida na Accademia del Disegno, na que por primeira vez entraba unha muller.
Magdalena. 1613
María Magdalena penitente. 1615
Allegoria dell´inclinazione. 1615
Este cadro é unha das primeiras obras realizadas por
Artemisia durante a súa estancia en Florencia, probablemente cara a 1615 e que
hoxe se pode contemplar no teito da Casa Buonarroti , un palacio florentino no
que viviu Miguel Anxo, o encargo recibiuno Artemisia dun sobriño do artista.
Artemisia , segundo algúns historiadores de arte, retratouse a ela mesma nesta
alegoría na que mostraba a súa inclinación artística , de aí o seu título
"Alegoría da inclinación", co compás marcando o rumbo que debe
seguir. O cadro non o vemos hoxe tal e como ela pintouno , porque en 1684
Leonardo dei Buonarotto, outro descendente de Miguel Ángel Buonarroti,
contratou ao pintor Baldassare Franceschini, coñecido como Il Volterrano
(1611-1689), para que cubrise en parte a nudez da muller retratada por
Artemisia, un caso de censura artística semellate aos que sufriron as imaxes do
Xuicio Final da Capela Sixtina.
Minerva.1615
A conversión de Magdalena. 1616
Realizada entre 1615 e 1616, se conserva no
florentino Palacio Pitti. No respaldo da cadeira na que está sentada a santa
pódese ver a firma da pintora como Artemisia Lomi, o apelido que adoptara á súa
chegada a Florencia. Nesta obra Artemisia preferiu amosar unha sensualidade
menos explícita, cun amplo escote que María Magdalena trata de cubrir pudorosamente
cun dos seus brazos, nun xesto que tamén podería ser entendido como o acto de
recoñecer as súas culpas, mentres que a súa mirada aínda parece mostrar algunha
vacilación ao dirixirse ao ceo preparándose para iniciar unha nova vida. A
luxosa roupa que leva María Magdalena, é máis propia dunha dama da aristocracia,
porén, o pé espido que asoma na parte inferior, é un símbolo da súa renuncia á
vida que levara ata aquel momento.
Nestes anos pinta diversos cadros nos que se
autorretrata como mártir ou como música, o que reivindica a súa importancia como
pintora, non esquezamos que o feito de
autorretratarse leva implícito no mundo da arte a autoconsideración como
artista.
Autorretrato como mártir.1615
Autorretrato como tañedora de laud.1616
Hoxe a crítica cre que o rostro de moitos dos protagonistas femininos das súas obras tiñan os
trazos de Artemisia xa que quen a encargaba as obras así o pedían, para
gozar da beleza do rostro da pintora. O prestixio de Artemisia irá crecendo
pero a pesar do éxito no terreo profesional non ían tan ben as cousas no
persoal. Nestes anos Artemisia e o seu esposo
Pierantonio Stiattesi terán os seus dous primeiros fillos que, con todo,
morrerán a temperá idade, algo habitual nun tempo de elevada mortalidade
infantil, e só sobrevivirá o seu
terceiro vástago, unha nena á que poñería por nome Prudenzia Gentileschi, á
que anos despois unirase unha cuarta e última nena, Francesca, aínda que o seu
pai xa non sería Pierantonio Stiattesi.
Santa Catalina de Alexandría. 1618
Judith e a súa doncela. 1618-1619
Nesta obra da súa etapa en
Florencia, Artemisia retoma o tema de Judit e Holofernes, o xeneral
babilonio ao que Judit asasina para evitar que conquiste ao seu pobo. Neste caso representa a fuxida de Judit e a súa doncela abandonando a tenda na que deron morte a
Holofernes coa cabeza do xeneral na cesta e que hoxe se pode gozar no Palacio
Pitti de Florencia. Xunto coa de "Judit e Holofernes" está
considerada unha das obras máis importantes de Artemisia, onde unha vez máis
utiliza o efecto luminoso propio do tenebrismo creado por Caravaggio. As dúas
figuras son iluminadas pola luz dunha vela
que non aparece no cadro, e Artemisia crea un gran clima de tensión
entre estas dúas mulleres que temen ser descubertas polos soldados que se achan
no exterior. Mentres a doncela sostén o cesto coa cabeza de Holofernes cun
xesto corporal que nos fai pensar que podería tratarse da coada, Judit, que
aínda empuña a arma coa que deu morte a Holofernes, mira con temor ao exterior
mentres pousa unha das súas mans no ombreiro da súa doncela nun xesto de
complicidade. A pesar da mocidade da pintora, uns vinte e catro anos naquel
momento, é unha obra de madurez artística.
Judith decapitando a Holofernes (segunda versión) 1620
Cleopatra.1620
Gael e Sisara. 1620
Santa Cecilia. 1620
Nestes anos florentinos, atribúense a Artemisia dous retratos de damas do ano 1620, o que amosa a importancia desta artista na Florencia deses anos, onde relaciónase con intelectualidade e o mundo artístico e onde poden observarse algunhas das características da obra de Gentileschi, como acentuar os contrastes entre
zonas iluminadas e zonas en sombra, ou oemprego de fondos neutros que se perden na
escuridade, onde non se intúe ningún espazo, ningún personaxe máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario