BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 22 de septiembre de 2016

A PUNTA SECA E A COR



 Como agasallo de fin de curso, na aula de pintura fixemos un mini curso de gravado en punta seca sobre acetato, para afianzar os coñecementos de debuxo, composición e perspectiva.
 A punta seca, é unha técnica de gravado semellante ao de gravado ao buril, se debuxa unha imaxe sobre a lámina que pode ser de cobre, zinc ou como neste caso de acetato, empregando un instrumento que ten unha punta de diamante o tamén de metal afilado.
 Como o tórculo que temos na clase é pequeño as pezas de distintos tamaños foron tamén de pequeño formato e o papel empregado foi un SuperAlfa de Guarro, que cortamos dependendo das planchas.
 Empregamos distintas cores e distintos tipos de liñas, e algunhas das pezas foron realizadas a sangue sen deixar papel branco ao redor.

Entintado das planchas.




Estas son algunhas das pezas feitas.


















 Resultado dun boceto preliminar en pastel realizado na aula cunha copia do natural dun alumno de segundo curso, e a súa posterior conversión en gravado a unha soa tinta.



Mais información sobre o gravado na rede:


MONOGRÁFICO: O LIBRO DE ARTISTA (Parte II)

 AZUMI ART




  A alumna Fátima Abal, que firma as súas pezas como Azumi art, realizou varios libros, todos con distintos formatos e de distintas tipoloxías: de artista obxectual, intervido, de apropación de libros alleos e intervidos.

 Esta alumna, ten realizado xa diversos libros de bocetos e coñecía o termo de libro de artista, polo que decidiu arriscarse e traballar en formatos nos que no traballara ata o momento, e interviú tamén unha libreta realizando unha obra obxectual, que levou moitos debuxos preparatorios.

Libro número 1: Libreta intervida, con debuxos no exterior e no interior, emprego de acuarela e acrílico.





Libro número 2: libreta obxectual, pechada cos candados. No seu interior debuxos realizados a tinta












Libro número 3: Libro de artista, en formato tondo, empregando diversos materiais e papeis distintos para a portada e para o interior, realizado en papel de grabado e coa técnica de acuarela. Nas fotos, as follas interiores, as tapas xunto as follas e o exterior, co libro pechado cun lazo.











CLARA VILAR



 Fixo dúas pezas, unha de formato libro-acordeón, e outra en forma de caixa.


Libro número 1: Para o primeiro libro, Clara realizou diversos bocetos en acrílico en formas xeométricas, moi en relación coa abstracción xeométrica de principios do século XX. Cunha gama de cores primarios e secundarios, que perderon saturación ao engadirlles branco. O formato é de libro acordeón, ao que se lle puxeron dúas gardas para pechalo en cartón.




Libro número 2: Seguindo a mesma xeometría e cunha gama semellante, esta vez realizou un libro-caixa en  formato rectangular, que contiña varias follas independentes, polo que a súa visión é sempre distinta según as follas que saques.






ELENA RIVEIRO


 Elena realizou catro pezas, de distinto formato e con distintos materiais, e como imaxes reestructurou algunhas ideas coas que xa traballara na aula así como materiais como metal ou cordas.

Libro número 1: É mais ben un artefacto, unha das ideas coas que traballamos na aula, pois recolleu diversas planchas metálicas e coseunas conformando un libro aperto espacialmente.


Libro número 2: Libro acordeón, desplegable, con tapas e realizado con cosidos sobre o papel con fío moi finos e cun emprego da cor coa técnica da acuarela en certas partes dos zapatos. Representan distintos zapatos que a alumna emprega habitualmente, polo que o libro ten un carácter autorreferencial.




Libro número 3: Libro ao que lle mercou as tapas, no seu interior as follas levan pezas realizadas en acrílico sobre papel, abstraccións e variacións de pezas e debuxos anteriores.




Libro número 4: Libro acordeón, desplegable realizado con acrílico sobre papel Super Alfa de Guarro, con grano.


UXÍA RODRÍGUEZ


 Traballou con tres formatos diferentes, sempre dende o punto de partida da abstracción, e cunha representación do libro de carácter moi obxectual, pois emprega libretas as que posteriormente fixo un burato, caixas e materias extrapictóricos, como corcho ou madeiras.
Libro número 1: Trátase máis dun artefacto que dun libro de artista, e asemade emprega elementos como corcho ou madeira.


Libro número 2: Libro caixa que contén unha obra realizada desde a estética do expresionismo con cores salvaxes e formas libres. Nas fotos pode apreciarse que a caixa ofrece distintas posicións e puntos de vista.






Libro número 3: Libreta tamen de carácter obxectual, a parte superior ten formas orgánicas, mentres queo interior, que ten un oco, achégase ao mundo da abstracción xeométrica, polo que ten tamén varios puntos de vista e posicións espaciais.




Para mais información sobre o libro de artista na rede: