BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 27 de marzo de 2014

ANA MENDIETA (Parte VI)


  A Muller-Deusa
  A importancia da muller-deusa é tamén patente na obra do ano 1972 en Iowa, onde realizou unha performance titulada Feathers on a Woman, na que a unha muller encheulle  o corpo enteiro de plumas e o único que deixou sen cubrir foi o seu sexo, para que se soubera que esta “nova criatura” era de sexo feminino.

 
Performance "Feathers of a woman".1972
 

 E si analizamos o resto das Rupestrian Sculptures chama a atención o feito de que Guabancex (Deusa do Vento), Iyare (Deusa Nai) e Itiba Cachubaba (A Vella Nai Sangue) sexan as tres deusas que se representen prostradas. Guabancex (Deusa do Vento) aparece co corpo marcado polo que poderían ser puntas de estaca.
 
 
Guacar (Nuestra Menstruación) Escultura rupestra.Cova das escadas de Jaruco. 1981
 

 
Itiba Cahubaba (Ensangrentada nai vella) Escultura rupestre. Cova das escadas de Jaruco. 1981
 
 
Guabancex.Escultura rupestre. Cova das escadas de Jaruco. 1981
 

 Esta imaxe de Guabancex recórdanos á instalación que Mendieta realizou en febreiro de 1976 nun espazo alternativo en Greene Street the Nova York titulada “Enterro do Náñigo”. Nesta obra, Mendieta utilizou a silueta do seu corpo deitado cos brazos levantados chamada a árbore da vida.
 A árbore da vida é unha forma dunha deusa benévola que simboliza a transmutación do divino no humano. Mendieta trazou o contorno da árbore da vida con corenta e sete veas negras, como as que se usan nas cerimonias de vudú e maxia negra. Na obra de Mendieta cravar estacas no corpo dun xacente é unha forma de representar a morte pero, á vez, é un xeito de dar vida, de axudar a sacar todas as enerxías negativas que quedan nese corpo, unha forma de espiación, de salvación a través do sufrimento, da cerimonia, do sacrificio e do rito.
 
Enterro do Ñáñigo.1976
 
 As obras escultóricas de principios dos anos oitenta, “Esculturas rupestres” (1981) lembrannos a pezas arqueolóxicas de civilizacións perdidas, que para Mendieta son unha crítica a pretensión de hexemonía política, tecnolóxica e cultural dos EEUU en Latinoamérica. Podemos afirmar que malia a presenza de iconicidad (tallado e pintura suxiren un corpo feminino), a obra de Mendieta se autentica a través da condición de símbolo, que é sempre unha categoría que nos apunta a algo xeral, nunca é singular. A simboloxía presente no corpo feminino tallado por Mendieta non representa un corpo en particular (non se limita en representar o corpo de cada deidad), pode representar a todas e a calquera muller, pode revelar unha historia maior. No recoñecemento do territorio dos signos no traballo de Mendieta podemos afirmar que hai unha carga simbólica persoal que remite á propia historia da artista, a súa individualidade, o seu temperamento, ao mesmo tempo que retracta un traxecto da historia dunha cultura primitiva. Mendieta volve aos seus antepasados, ao arcaico, ao principio. Retorna ao seu país natal e establece unha conexión cos seus antepasados.
 
 
Deusa do vento. 1981
 
 
Semi-circular tree trunk.1984
 

 A arte de Mendieta foi un rito compensatorio da súa escisión persoal, unha solución imaxinaria a súa ansia imposible de afirmación mediante o regreso, en términos étnicos, freudianos, sociais e políticos. A sensación de perda, a adaptación forzosa a un novo medio cultural e lingüístico, marcárona para sempre. Nunca superou os traumas, ao extremo de chegar a dicir que só tiña dúas opcións: “ser unha criminal ou unha artista”. Si examinamos a traxectoria do seu traballo, vemos que a arte foi para Ana un medio de compensar o seu desgarramiento interior, de sublimar unha obsesión. Debido as súas experiencias, Mendieta vivía unha identidade moi particular que se revela na súa arte, unha identidade fragmentada, descentrada, heterogénea, propia de alguén que non pertence a ningún lugar.


 
S/T. 1984-85
 
Ana Mendieta faleceu o 8 de septiembro de 1985 en Nova Yorke debido a unha caída desde o seu apartamento no andar 34 de Greenwich Village.
 
Información sobre a artista:
 
 
 
 
 

miércoles, 26 de marzo de 2014

A técnica do ACRÍLICO no proxecto de Perfeccionamento I



 

 No segundo trimestre de Perfeccionamento I, abordamos o proxecto educativo a partir do estudo do acrílico en obras de ABSTRACCIÓN EXPRESIVA E LÍRICA. A través da realización de moitos bocetos en distintos soportes, experimentamos co acrílico con técnicas que lle son propias a este estilo pictórico: tinxido do lenzo, dripping, esgrafiado, decalcomanía, frottage, impasto, pincel seco, goteo.

 A ABSTRACCIÓN EXPRESIVA, ten unha serie de características:

-Subxetividade e espontáneidade

-Métodos de creación impulsivos e improvisados

-Expresividade no emprego  dos elementos visuais

-Capacidade sensitiva e expresiva da factura  materiais artísticos

-Composición asistemática e desestructura.

 O alumnado a partir do emprego das técnicas e tendo en conta estas carácterísticas realizou estas pezas.























lunes, 24 de marzo de 2014

FACES DO PAÍS, Conferencia na Biblioteca da EMAO


 
 O martes 18 de marzo, tivo lugar na biblioteca da EMAO, a conferencia FACES DO PAÍS, O RETRATO EN GALICIA 1890-1950. O profesor de Lingua e Literatura Galegas e licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, Xose Carlos L. Bernárdez, que ao mesmo tempo é ensaísta de temas literarios e artísticos e ten comisariadas varias exposicións sobre arte, foi o encargado de falarnos da evolución cara a modernidade do retrato galego. Na sala, ateigada de público, o conferenciante falounos deste xénero canónico da arte, o retrato, que articula nunha imaxe pictórica o que é propio do individuo e aquilo que pertence ao seu medio de apariencias.
 

 O crítico falou tamén da importancia destes artistas galegos que viaxan e estudian fóra de Galicia e que aportan certa innovación transformando a pintura na estilística e no uso. Para Bernárdez, estas innovacións están  provocadas polo emprego da fotografía como elemento de retrato, pois na pintura, o retrato constituía un elemento que resaltaba o status social a partir da individualización. Na conferencia faláronse de artistas decimonónicos como Sotomayor, que tiña dúas liñas de actuación: unha aristocrática e outra costumista, aínda que dun xeito idealizado; da Xeración Doente e de artistas como Corredoira ou Castelao, que a comezos do século XX, empregaron a autorrepresentación e a estética e claves simbolistas para desenvolver o seu traballo.  

 
“Os Novos”, según Bernárdez, xogaron tamén un importante papel na nova percepción do país a través de cadros de tema costumista pero no que o idealismo xa non está presente, mentres que outros artistas de entreguerras empregaron, como Maruja Mallo, a autorrepresentación a partir da fotografía. Para outros artistas como Laxeiro, Granell ou Seoane a obxectualización da figura e a disolución da imaxe no retrato a partir do disfraz, está moi presente na primeira metada do século XX. O profesor Bernárdez salientou así  a pluralidade de propostas e posturas formais, desde o retrato inscrito en correntes clasicistas e rexionalistas, até o emprego do  mesmo como transmisor da mensaxe plástica que en ocasións posúe tamén contido social.


 Unha conferencia pois, moi interesante que contou cun numeroso público entre os que se atopaban asemade un nutrido grupo do alumnado de Pintura, e na que estiveron presentes tamén alumnos e alumnas dos obradoiros de Debuxo, Serigrafía e Escultura en talla.
Un luxazo. Moitas grazas Carlos.
 


domingo, 23 de marzo de 2014

PINTURA AUTOMÁTICA nos cursos de Iniciación de PINTURA (Parte II)

 PROCESO de PINTURA AUTOMÁTICA
 A partir dun debuxo a lápiz, realizamos logo diversos bocetos en pequeño formato e distintos papeis, para pasar despois un deles a un formato máis grande en cartón. Este traballo é moi interesante, non só para formalizar exercicios de composición, senon tamén para reflexionar sobre as posibilidades que ten a técnica do pastel en distintos soportes.
 Deixovos unhas fotos do alumnado traballando e varias obras rematadas.









 
FOTOS DE OBRAS DE PASTEL SOBRE CARTÓN