Simon Vouet. Retrato de Artemisia, 1623
COMEZOS
ROMANOS
Filla do pintor barroco Orazio Gentilleschi,
con
quen se educou artisticamente e do que se mostra debedora, sobre todo nas súas
primeiras obras, naceu en Roma en 1593 e pronto comezou a aprender a práctica e
a teoría da arte.
Virxe co neno. 1609
Muller tocando o laud. 1609-1612
En 1610 asinou a súa
primeira obra mestra, Susana e os vellos, obra de asunto bíblico que
escondía unha historia un tanto erótica, que a pintora trata dun xeito distinto á
habitual, que era mostrar a moza bañándose nua ignorante de que dous anciáns
libidinosos a contemplan. Artemisia en cambio, a pinta no momento de descubrir
que a contemplan, tratando de taparse cara e peito, nun xesto de vergoña e pudor, é dicir, dunha forma que a crítica interpreta como "empatía feminina",
e separada por un muro dos vellos, o que comporta un afastamento non só físico
senón tamén psíquico.
Susana e os vellos. 1610
Tras unha violación que a
deixou marcada para sempre (foi violada por outro pintor, Agostino Tassi, e no
xuízo contra o mesmo, longo e público, chegoulla a someter a un tipo de tortura
coñecida como "a da empulgadera"), contraeu matrimonio por conveniencia cun amigo da familia para salvar a
súa honra, feito que permitiulle
independendizarse do seu pai e poder desenvolver o seu persoal xeito de
entender a pintura. Do xuicio, restan un dos poucos textos (actas) que
conservanse da artista.
A súa especialidade foron os grandes cadros de
temas bíblicos ou históricos, con heroinas dos textos sagrados e do pasado
histórico, mulleres case sempre violentas, guerreiras, loitadoras, fortes, que
non dubidaban en matar ou en morrer, aínda que tamén pinta retratos e cadros relixiosos entre eles varias Madonnas.
Madonna co neno. 1610
Danae. 1612
No seu estilo violento e
dramaticamente barroco detéctase a influencia
de Caravaggio, nos seus impactantes composicións, as súas intensas cores e o
seu grande realismo que o fai rozar ata o desagradable. Son mulleres como
Judith, Lucrecia ou Cleopatra que loitan soas nun mundo de homes.
Judith e Holofernes. 1612
No hay comentarios:
Publicar un comentario