A novela da que vos falo é para min, coma un
conto moral, unha desas historias que contábanse para que os nenos e nenas non
foran lonxe das súas casas ou non falaran con descoñecidos, pero Ledi, dende
ese punto de partida constrúe unha rapaza real, xa no fin da adolescencia, con
problemas reais. Polo libro transcorren cousas que están presentes na
adolescencia: o extrañamento, o medo ao noso propio corpo, a necesidade de
independencia e dun espazo persoal (que Isla constrúe dun xeito virtual, pero
que parécelle real), o acoso escolar, e a mixtura de seres distintos e
complexos dentro de cada individualidade.
Os nomes dos perxoases non son casuais, Isla,
chámase así porque vive rodeada, pero ela síntese soa, mentres que Mar, esa
rapaza que a acolle, que quere ser a súa amiga, rodéaa do mesmo xeito que o
mar rodea a unha Illa. A súa protagonista curiosa, culta e independente
lémbranos ás de Jane Austin, esas rapazas que nun mundo de homes loitan por
aprender a ser autónomas, aínda que non desboten a posibilidade do amor. O seu mundo, o de Isla, é o espazo intergaláctico,
e as historias que xeran, os mitos que explícanos o mundo. Como unha sorte de metaliteratura,
para explicar historias e lendas,
Ledicia vai narrándonos historias ao longo de todo o libro, facendo que nos
identifiquemos con esa rapaza que reflexiona tamén sobre a teoría do caos.
Recoméndovola.