BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 28 de enero de 2015

MARLENE DUMAS (Parte I)


  Nacida en Ciudad del Cabo o 3 de agosto de 1953, Dumas é unha artista sudafricana que traballa en Ámsterdam. A súa proposta artística consiste en enfatizar a realidade física do corpo humano tanto como o seu valor psicolóxico, pois Dumas  pon aos seus suxeitos nos límites extremos do ciclo vital, desde o seu nacemento ata a norte, no emprego do figurativo coma un medio para criticar as ideas contemporáneas sobre a identidade racial, social e sexual.

De 1972 a 1975 asistiu á Universidade de Ciudad del Cabo, onde obtivo a licenciatura en Artes Visuais. Desde o ano 1978 realiza exposicións e é unha das artistas máis admiradas de Holanda, representando no ano 1995 a este país na Bienal de Venecia e no ano 1996 a Tate Gallery exhibiu unha selección das súas obras sobre papel.

 
Die baba. 1985

 
Julie. The woman. 1985

 
The theacher.1987. Óleo
 
Traballando case exclusivamente a partir de fontes fotográficas, Dumas extrae o seu material a partir dun arquivo en continuo desenvolvemento de fotografías persoais e imaxes arrincadas de revistas e xornais, aínda que tamén ten realizado interpretacións de obras de artistas expresionistas como Kirchner. As súas pinturas non son unha interpretación literal das súas fontes fotográficas. O tamaño pequeno das obras e a presentación delicada, convérteas nun retrato da intimidade.
 
 
The turkish.1987. Óleo
 
 
Mechanic. 1991
 
 
Moeder y Baba. 1989
 
 Ao desposuír o suxeito da súa imaxe pública e a súa importancia histórica, Dumas déixanos cunha crítica cara á política e a identidade.
 
 
Young boys. 1993

 
Cover Up. 1994

 
Chlorosis.1994
 

 
Thinking about Africa. Tinta, làpis e collage sobre papel..1991
 
 

martes, 13 de enero de 2015

O RENACEMENTO: RAFAEL SANZIO (Parte VI)

 Rafael viveu no Borgo, con bastante luxo e nun pazo deseñado por Bramante. Nunca se casou, pero en 1514 comprometeuse con María Bibbiena, sobrina do cardeal Médici, quen forzou o compromiso, e que a falta de entusiasmo do artista non fixo posible os esponsales antes da súa morte en 1520. Díxose que tivo varias relacións amorosas, pero mentres viviu en Roma gozou dunha relación permanente con MargheritaLuti, «A Fornarina», chamada así por ser filla dun panadero (fornaio en italiano).


A fornarina. 1518-19

Foi nomeado mordomo do Papa León X, o que lle daba un certo estatus ante a corte e uns ingresos adicionais, así como tamén, Cabaleiro da Orde Papal da Espuela Dourada. Vasari afirma que estes nomeamentos, e do mesmo xeito que os moitos encargos feitos por estes, puideron ser motivo e explicación do atraso do seu casamento. O seu prematuro pasamento nun Venres Santo (6 de abril de 1520, posiblemente o día do seu aniversario trinta e sete) e as súas causas non están aínda determinadas, porén, fose cal fose a causa, na agudización da súa enfermidade, que durou quince días, puxo as súas cousas en orde e pediu ser enterrado no Panteón de Roma.

 O seu funeral foi grandioso e acudiu unha grande multitude. A inscripción nasúa sarcófago de mármore, un pareado elegíaco escrito por Pietro Bembo, din:
ILLE HIC EST RAPHAEL TIMVIT QVO SOSPITE VINCI RERVM MAGNA PARENS ET MORIENTE MORI, que pode traducirse como "Aquí xace Rafael, polo que en vida temeu ser vencida a natureza, e ao morrer el, temeu morrer ela."

 Considéraselle un dos mellores debuxantes na historia da arte occidental e un dos que empregou ampliamente o debuxo para planear as súas composicións. Segundo Armerina, experta na vida do artista, conta, que cando este empezaba a planear unha composición, estendía no chan un gran número de debuxos que conservaba arquivados, e comezaba rápidamente a debuxar, utilizando figuras de «aquí e de alá».





 Nas últimas obras pintadas polo seu obradoiro, os debuxos son a miúdo moito mellores que a pintura. A maior parte dos seus debuxos son bastante detallados, incluso os bocetos iniciais con figuras espidas están cuidadosamente feitos, e os posteriores debuxos de preparación teñen un alto nivel de acabado, con sombreados e, ás veces, zonas iluminadas en branco. Foi un dos últimos artistas en utilizar de xeito habitual un dispositivo metálico, aínda que tamén soubo facer un soberbio uso da técnica máis libre do carbón vermello ou negro. Nos seus últimos anos foi un dos primeiros artistas en usar modelos femininos para debuxos preparatorios, aínda que según Garzón, cabe mencionar que habitualmente usábanse homes para estudo de ambos sexos.








Páxinas sobre Rafael Sanzio:








martes, 6 de enero de 2015

A ABSTRACCIÓN XEOMÉTRICA e a TÉCNICA DO ACRÍLICO

 No primeiro trimestre deste curso 2014-2015, o grupo de iniciación I da aula de Pintura, traballa e desenvolve a técnica do acrílico.




 Adoita chamarse acrílico a calquera pintura onde o pigmento estea combinado cunha resina sintética, de todas as maneiras os artistas empregan o término independientemente de si a resina é realmente acrílica ou non. O desenvolvemento da pintura con acrílico como un medio artístico tivo lugar nos anos 20, para ese entón un grupo de pintores mexicanos, en especial José Clemente Orozco, Diego Rivera e David Alfaro Sequeiros desexaban pintar grandes murales para edificios públicos, moitos destes muros estaban ao aire libre. 




 A sustancia e corpo das cores son máis semellantes aos da acuarela, gouache ou temple e teñen unha luminosidad e unha delicadeza que invita a diluílos, ben con auga, ben cun medio acrílico.
 Os acrílicos préstanse á combinación de cores, aplicados por separado un sobre o outro, e isto permite aproveitar a base sobre a que se aplica a pintura. Un lenzo branco pode brillar a través dunha capa de vermello de Venecia, por exemplo, dándolle unhas calidades que nunca poderían obterse pintando encima con branco. Neste aspecto, os acrílicos son moi similares ás acuarelas. Un dos seus principais méritos é a capacidade de facerse transparentes cando se mesturan con auga ou con medio acrílico.




 Con acrílico poden ser igualados, e aínda superados, os resultados das técnicas clásicas, posto que se obteñen as mesmas transparencias que en acuarela, as opacidades do gouache e o temple, así como as calidades de consistencia densa e extra-densa do óleo para as técnicas con pincel e espátula.
 Secan rápidamente polo que permiten superposiciones nun tempo mínimo e non se cuartean, nin se volven amarelos ou obscuros como aqueles en que interveñen aceites.



 Con eles pódese pintar sobre soportes de cartón, papel, madeira, lenzo, metal, cristal. Con ou sen preparación previa, e non é necesario vernizar aínda que si así se desexa, poderase levar a cabo este terminado co médium acrílico, mate ou brillante.




 Entre as súas características destaca especialmente a rapidez do secado e o seu acabado mate (menos medio acrílico) ou brillante (máis medio). Ofrece outras vantaxes como engadir máis pintura a unha superficie xa pintada (ata con outra técnica), é moi estable e resistente á oxidación, sendo a técnica que menos problemas ten de face á súa conservación. Pódese traballar sobre calquera soporte absorbente, directamente ou como imprimación nun medio acrílico con branco de titanio. Permite empastes de maior resistencia que o óleo.




 No primeiro trimestre, tras abondar nas distintos procedementos e materiais na práctica e teóricamente, escomenzamos a traballar coas cores planas no estudo de obras en ABSTRACCIÓN XEOMÉTRICA. Esta posúe entre as características máis importantes a particularidade de ser:
-Obxectiva e universal.
-Planificación da obra sobre principios racionais, previa á creación.
-Prohibe a expresividade dos elementos visuales, defendendo o uso dos elementos neutrales, normalmente geométricos.
-Elimina a capacidade sensitiva e expresiva dos materiais, defende unha factura impersonal.
-Composición sistemática e lógicamente estructural.
-Claridade, precisión e obxectividade.
 Para acadar esta precisión, é moi importante o emprego de cinta de carrocero para que as cores non se mixturen no lenzo, e as cores sexan planas como pódese apreciar nesta peza de Marisa.






 Neste ano, coma sempre, o alumnado realizou diferentes bocetos en pequeño formato para logo, escoller entre todos eles o máis axeitado para levar ao lenzo. Asemade neste ano, escollemos armonías de cores na elaboración dos bocetos, co emprego dunha Gama armónica simple: formada por unha cor dominante, o cal está acompañado por outros tres cores de matiz oposto que forman un conxunto a partir do cal obteremos unha nova coloración.   Así que a fórmula é sempre así: elíxese unha cor dominante dentro da roda de cores, e a partir del elíxense as cores situadas en 4º, 5º e 6º lugar, o que dentro dunha roda de 12 cores equivale a dicir: elíxese unha cor, a súa complementario e as dúas cores anteriores a este último.



 Neste exemplo, a cor domiñante sería o azul primario que unido ao seu complementario o laranxa, e ao amarelo e o bermello, formaría unha gama coma a que vemos nesta peza de María Rivilla.



 O proceso de traballo a seguir enténdese moi ben a partir da proposta de Claudio, os primeiros bocetos en branco e negro dan paso a bocetos no mesmo formato en papel para pasar logo ao lenzo, no que se respeta a gama cromática elexida e da que poden apreciarse as distintas fases da creación da peza.







  Estes son algúns dos resultados.




ABSTRACCIÓN XEOMÉTRICA EN ACRÍLICO on PhotoPeach

O RENACEMENTO: RAFAEL SANZIO (Parte V)


 Outros proxectos (1509-20)


 Un dos máis importantes foi A Galatea, unha das súas principais obras mitolóxicas, aínda que os proxectos no Vaticano ocuparon a maior parte do seu tempo, tivo tamén tempo de pintas algúns retratos, incluíndo os dos seus mecenas, os pápas Xullo II (1512) e León X, o primeiro dos cales é considerado como un dos seus mellores retratos. Outros retratos foron os dos seus amigos, como Castiglione. Algúns gobernantes presionárono con facer os seus respectivos encargos, como a Francisco I de Francia que lle foron enviados dúas pinturas como presente diplomático do papado.



 Para Agostino Chigi, o inmensamente rico tesorero do papa, Rafael pintou A Galatea ou  O triunfo de Galatea, un fresco pintado entre 1510 e 1511 na Villa Farnesina, no barrio de Trastévere de Roma e pintou tamén dúas capelas nas igrexas de Santa Maria della Pace e Santa Maria do Popolo. Deseñou parte da decoración da Vila Madama.



 O triunfo de Galatea. 1510-11

 Un dos encargos papais máis importantes foi a serie dos Cartones de Rafael (actualmente no Vitoria and Albert Museum), unha serie de 10 cartones para tapices, dos cales sobreviviron 7, e que representan escenas das vidas de San Pablo e San Pedro, feitas para a Capela Sixtina. Tamén deseñou e pintou a Loggia do Vaticano, unha galería longa e estreita. Pintou tamén certos retablos importantes, por exemplo o Éxtase de Santa Cecilia e a Madonna Sixtina. A súa última obra, na que estivo traballando ata a morte, foi A Transfiguración, que en compañía do Pasmo de Sicilia   amosa a dirección que tomara a súa arte nas postrimerías da súa vida: un estilo máis proto-barroco que manierista.

Éxtase de Santa Cecilia.1515-16


Madonna Sixtina.1512-13


O pasmo de Sicilia.1515-16


A transfiguración.1516-20


 En canto aos RETRATOS, ao longo da súa vida realizou diversos retratos onde mostrou unha gran medida de graza e harmonía, exemplo disto foi o de Baltasar de Castiglione. As Madonne e os bambinicheos de beleza e elegancia foron un tema recurrente tanto nos seus retratos como nas súas pinturas. Na "Última Cea" deu un gran protagonismo á figura dos apóstolos.
 De igual xeito realizou retratos de grandes personaxes como: o Cardenal Bibbiena (c. 1516), o Retrato de Andrea Navagero e Agostino Beazzano (c. 1516), Retrato de Bindo Altovitti (c. 1514), Retrato de Tommaso Inghirami (1515-1516), Retrato de cardenal (1510-1511), Retrato de Xullo II (1511-1512) e Retrato do cardeal Alessandro Farnese (1509-1511).


Alessandro Farnese.1509-11


Francisco María della Rovere.1514


Cardenal Bibbiena (1515-16)


Doble retrato. 1516


Bindo Altovitti. 1516-18