Autorretrato como alegoría da Pintura. 1630-1638
NÁPOLES
(1630-1653)
En 1630, en plena madureza
artística instalouse en Nápoles, onde creou un importante taller dende o que
traballaba para cumprir os encargos que lle facían dende distintas partes de
Europa.
Magdalena. 1630Anunciación.1630
Clío. 1632
En Nápoles, por primeira
vez, Artemisia empezou a traballar en cadros para unha catedral, dedicados a San Gennaro nell'anfiteatro dei Pozzuoli
(San Xenaro no anfiteatro de Pozzuoli) en Pozzuoli. Durante o seu primeiro
período napolitano pintou Nascita dei San
Giovanni Battista (Nacemento de San Xoan Bautista) que se conserva no Museo
do Prado de Madrid, e Corisca e il satiro (Corisca e o sátiro), que atópase nunha
colección privada.
Anunciación.1630
San Xenaro no anfiteatro de Pozzuoli. 1636
Nacemento de San Xoan Bautista. 1635
No “Nacemento de San Juan Bautista",
asombrámonos de novo co incríble emprego da luz e das sombras por parte da
artista, pintado por Artemisia entre 1633 e 1635 cando xa se atopaba
establecida en Nápoles e que realizou
por encargo do vicerrei de Nápoles para ser enviado ao Palacio do Bó Retiro de
Madrid, pois formaba parte dunha serie de obras dedicada á vida de San Juan
Bautista e que hoxe se conserva no Museo do Prado de Madrid. Unha vez máis xoga
coa luz que ilumina ao pequeno, San Xoan Bautista, e ás tres mulleres que o
coidan, mentres que o resto da composición permanece ás escuras. Esta foi a
época de maior éxito de Artemisia, cando do seu taller saían decenas de obras e
por fin superou todas as dificultades económicas do pasado.
Corisca e o sátiro. 1630-1635
En 1638 viaxa a Inglaterra para axudar ao seu
pai coa decoración do Salón de Baile da Casa das Delicias de Greenwich da raíña
de Inglaterra. Rematada a obra e, malia a morte do seu pai quedou en Londres
reclamada pola nobreza, para a que realizou importantes retratos. Tamén destes anos figura o seu famoso
“Autorrerato como alegoría da pintura”, que foi unhas das obras favoritas do
rei Carlos I de Inglaterra.
Minerva. 1635
En 1642
regresou a Nápoles, volvendo retomar o seu taller, realizando obras tan
importantes como outra versión de “Susana e os vellos” e a “Madonna co rosario”. Sabese que en 1649 estaba de novo na
cidade partenopea, pola correspondencia con Don Antonio Ruffo de Sicilia quen
se converteu no seu mecenas e bo comitente durante o seu segundo período napolitano. A última carta coñecida ao seu mecenas
data de 1650 e deixa claro que ela estaba aínda plenamente en activo.
Susana e os vellos. 1649
Madonna del rosario. 1651
Pensouse que Artemisia morrera en 1653. Evidencias
recentes, con todo, amosan que aínda aceptaba encargos en 1654, aínda que
dependía cada vez máis do seu asistente, Onofrio Palumbo. Por tanto, pode
especularse que a súa morte tivo o seu orixe na devastadora praga que arrasou
Nápoles en 1656 e virtualmente varreu a toda unha xeración de artistas napolitanos.
Cando
faleceu enseguida o silencio se fixo sobre ela. Ningún dos biógrafos do século
XVII ocupouse de ela (solo Baldinucci dedicoulle algunhas páxinas) e a súa obra
foi atribuída a Caravaggio, ou ao seu pai.
Hoxe apenas se recoñecen como súas non máis de
cen pinturas, moitas de difícil acceso (como a Magdalena
da Catedral de Sevilla) e outras en pobres condicións de conservación. Moitas
das súas obras perdéronse nos depósitos de galerías e museos ou desapareceu en
incendios de igrexas. Por outro lado, as
súas pinturas atribuíronse a outros artistas e obras na confección das cales
non participou, mentres que algunhas, moi a miúdo de calidade dubidosa,
fóronlle atribuídas. Dúas obras desta última etapa da súa vida, son Santa Lucía e Santa Apolonia, realizadas entre 1642 e 1644, e atribuídas á artista por Nicola
Spinosa e acompañadas por un certificado do 4 de xullo do ano 2014 con "certezza alla man della
pittrice Artemisia Gentileschi". Paarece ser que formaban parella e representan, coa característica fórmula
“a mezzo busto”, a dúas mártires dos primeiros séculos da era cristiá, tan
habituais na pintura napolitana da primeira metade do século XVII. A historia
destas novas vítimas debeu atraer especialmente a Artemisia Gentileschi, unha
das poquísimas mulleres pintoras do século XVII, cuxa singular personalidade
estivo sen dúbida marcada pola violación sufrida na súa mocidade, da que se
conserva numerosa documentación. Desde o
punto de vista estilístico pódense comparar coa “Clio”, musa da historia,
conservada na Fondazione Cassa dei Risparmio de Pisa (Palazzo d´Arte e Cultura)
e a súa “Minerva” da Galería dos Uffizi, Florencia. A forma en que trata a
coroa de flores de Santa Lucia aseméllase ás que rodean a unha santa mártir na
colección Zeri de Mentone e o magnífico reflexo grisáceo con que trata as
carnaciones de ambas as santas, moi característico desta artista.
Santa Lucía.1642
Santa Apolonia.1642
No hay comentarios:
Publicar un comentario