Para
rematar con estes estudios da obra de Vermeer, falaremos hoxe dunha obra que
explica moi ben a estética do holandés: A CARTA DE AMOR, do ano 1670 e que
pertence a súa última etapa. O pintor holandés ten cinco obras adicadas ao
mesmo tema: a carta, nas que interpreta o acto da lectura ou máis ben a visión
dun acto íntimo, e dos que quizaís “A carta de amor” sexa o máis enigmático.
A
primeira destas obras: “Rapaza lendo unha carta nunha ventá aberta” datada
entre os anos 1657-59, posúe todas as características dos interiores de
Vermeer: luz que entra pola esquerda, muller nun acto íntimo, cortinón e unha
mesa que impídenos chegar a ela.
O segundo cadro: “A rapaza de azul lendo unha carta” (2) do ano 1664, é
semellante a anterior, pero cunha vestimenta nun azul característico do
holandés e cun mapa no fondo, tamén unha das constantes dos seus interiores.
A terceira obra: ”Dama coa súa servente sostendo unha
carta” (3) do ano 1667, engade unha persoa tamén na escena, neste caso unha muller,
e mantén as características tamén da colocación da mesa nun primeiro plano, e
do emprego de cores potentes, como o amarelo do vestido da Dona. Esta obra
parece ser a continuación pola ropaxe dunha obra anterior “Muller escribindo
unha carta” (4), do ano 1665, no que a muller, vestida dun xeito case idéntico,
mira ao espectador, sentada ante a mesma mesa que na obra do ano 1667.
Na cuarta obra: “Dama escribindo unha carta
coa súa criada”(5) do ano 1670, a dona está
escribindo e mantéñense os elementos doutras obras: a ventá da que sae a fonte
de luz na esquerda, un cadro no fondo e o chan axedrezado que axuda a xerar
perspectiva, así como a mesa nun primeiro plano, que impídenos entrar no
“Locus” privado e coñecer o contido da carta escrita e a intención de quen
a escribe.
Na quinta obra: “A carta de amor” (6) tamén do ano
1667, é unha escena que Vermeer escenifica dun xeito misterioso: o tema da
carta, está tratado desde un punto de vista distinto, creando un espazo en
perspectiva máis afastado de quen mira a escena, un espazo esaxerado propio do
emprego de lentes sen perfeccionar, e ao
mesmo tempo un espazo de misterio.
Veermer gusta dunha arte nú. Os seus interiores
redúcense a unha parede -adornada cun cadro de significado simbólico ou cun
mapa-, a unha mesa, a unha ventá, situada sempre á esquerda e pola que penetra
a luz. A profundidade queda suxerida polo artificio da disposición dos
obxectos, e a composición obedece a trazas xeométricas puras. A vida só está
evocada pola presenza dunha persoa, con moita frecuencia unha muller nova, ou
dunha parella, e grandes baleiros que rodean de silencio esas figuras. Valéndose
de medios puramente pictóricos, e grazas a unha aparencia de obxectividade,
consegue crear un universo poético. No cadro pódese ver en primeiro plano un cuarto en penumbra, a
porta, franqueada por unha cadeira baleira sobre a que descansan unhas
partituras (7), da cal se abre a unha segunda estanza iluminada, máis ao fondo. De
novo aparece unha das constantes de Vermeer: as súas obras están pintadas para
que non se poda entrar enteiramente nelas.
O suxeito visual ten sempre un elemento que obstaculiza a súa presencia:
unha mesa, unha cadeira. O que vemos está ahí, pero non podemos entrar,
apoderarnos enteiramente do espazo. Podemos ver como a serventa dalle á carta dende
o cuarto na escuridade, a traverso da porta aberta, mais non saberemos nunca
que di a carta, quen enviuona ou que pensa a dama. Nesta obra, pode entenderse
como unha alegoria da súa pintura: diversos obstáculos marcan a distancia
creando un espazo privado, onde quen mira non pode entrar, porque é un espazo
de intimidade.
Alí a vai as dúas mulleres, unha dama e a súa serventa
(8). Outra constante na obra de Vermeer, case sempre son mulleres as que viven
nos seus cadros: escenas de galanteo, visitas e lecturas de cartas que coincide
nos temas con outros pintores contemporâneos como Gerard ter Borch, Gerrit Dou,
Nicolaes Maes ou Gäbriel Metsu, pero que no pintor de Delft non aparecen tan
claramente os motivos moralizantes dos seus coetâneos, pois aínda que non
renuncia a eles, reduce moito tanto o seu número como a súa importância: un
emblema que recorda a templanza, un cuadro co “Xuicio Final”, un espello que
nos fala da vaidade, un amorcillo, ou o xeito de que o virxinal poda aludir aos
perigos da música. Porén, Vermeer indícanos como mirar: e que o xeito no que
miramos pode descubrirnos unha realidade moito mais engaiolante que a que o propro
xénero representa. A pintura de Vermeer é intensa, e obríganos a unha atención
que vai máis aló da curiosidade, de ahí a importância da mirada na obra do
artista, que propónnos unha nova ollada sobre a realidade e con isto unha sorte
de “lanzamento de dados”: quen mira e quen completa a obra.
A criada interrompeu un instante o traballo do fogar
para entregar á dona unha carta que acaba de chegar. A cesta da colada está no
chan e tamén unha vassoira (9). A dama, sentada, tocaba o laúde preto da
cheminea. Da parede do fondo, detrás das mulleres, pendura un cadro que
representa unha paisaxe mariña cun barco. O punto de vista sitúase na zona de
sombra, de tal forma que a mirada do espectador ou espectadora avanza da
escuridade cara á luz, pero quen mira mesmo queda inmerso na penumbra. Aínda
que a cortina está descorrida, a sombra vai á nosa presenza. Non
hai dúbida de que contemplamos sen seren vistos, que aparece aquí de novo quen
mira como un “voyeur”.
Pero quizais, fora do aspecto moralizante ou
das explicacións que se lle poidan dar aos obxectos-símbolos que aparecen nas
obras do holandés, o que para min reviste unha importancia fundamental e o
espazo privado, ese espazo propio no que se moven as mulleres de Vermeer. As
mulleres de Vermeer ocupan un lugar propio, un “LOCUS”, que non pode ser
invadido. O seu espazo non é só o lugar dunha habitación perfectamente definido
grazas a perspectiva e a luz, no que aparecen ventás, o chan axedrezado, as
mesas e cadeiras, ou os mapas e cadros, e onde a luz sirve para iluminar tamén
dun xeito simbólico, senon que é un espazo único en cada unha das obras, pois
se ben emprega os mesmos recursos compositivos en cada obras, resolveos en cada
pintura dun xeito diferente, pero respetando sempre a consistencia individual,
a vida privada desa muller, que allea a nosa mirada vive e móvese nese espazo
creado polo artista. E esa privacidade está chea de individualidade.
As mulleres de Vermeer aparecen así como unha
manifestación da individualidade, nun instante concreto, con esa mirada
fotográfica que capta tanto ese retazo de vida como o seu silenzo. E son ese
valeiro e o silenzo os que constituyen o universo poético do pintor de Delft.
No hay comentarios:
Publicar un comentario