A obra de Vermeer divídese en tres etapas
claramente diferenciadas: a primeira caracterízase por obras de formato grande
e por un tratamento que difire do utilizado posteriormente. O final desta está
marcado pola súa fase media de cor e nela utiliza escenas da vida
contemporánea, tema no que se recrea a partir de entón. Na etapa central da súa
carreira céntrase en escenas serenas e harmoniosas da vida doméstica, cuxa
beleza de composición, execución e tratamento da luz, lle converten nun dos
mellores pintores de xénero holandés. Estas pinturas caracterízanse polo seu
formato pequeno, o predominio de cores agrisadas, azuladas e amarelentas, e por
unha aplicación xenerosa da pintura, que varía na súa textura suxerindo un xogo
de luz con exquisita vibración. A esta etapa pertence a súa única paisaxe:
Vista de
Delft (1660 -1661), Mauritshuis, A Haia. Na fase
terceira e final, a obra de Vermeer endurécese ao perder a súa maxia
anterior, desaparecendo a súa característica naturalidade.
Parece
ser que o seu interese pola óptica o leva a utilizar cámaras escuras, que
producen nas súas obras efectos esaxerados de perspectiva así como desenfoques;
efectos propios de lentes sen perfeccionar. Entre as súas obras máis
importantes, destacan “La palilleira” (1669 - 1670) e “O astrónomo” (1668),
ambos os dous no Louvre.
“A
tasadora de perlas” pertence a súa segunda etapa e a súa datación e cara á 1664
e como a meirande parte das súas obras é de pequeno formato.Captada nun momento
de meditación, unha moza equilibra unha balanza antes de pesar as perlas e o
ouro. Unha pintura enmarcada de “O xuizo final” recorta a súa figura.Da mesma
forma que no xuicio Cristo pesa al almas, esta muller proba a balanza, estando
ela mesma nun equilibrio sereno.
A luz de Deus que pasa a través da ventá
ilumina a cara da moza directamente e o espello fronte a ela reflicte a busca do
coñecemento en si mesmo,facendo un evidente paralelismo entre o que ocorre no cadro da parede e a
acción da tasadora. Así esta escena convírtese nun bodegón de
«vaidade», transmitindo que a futilidade deste mundo é pura vaidade. Vermeer logra así traspoñer os principios da natureza morta ao
cadro de interiores e de xénero.
Detalle da balanza
Nesta obra aparecen tamén os rasgos distintivos que definen a obra
do holandés:
-O emprego dunha fonte de luz sempre desde o lado
esquerdo do cadro, única fonte de luz que redefine a escena.
-Escena de interior, neste caso dunha escena de
traballo.
-Protagonismo da muller, que ao mesmo tempo de seren
as protagonistas, exercen como donas dun lugar, un “locus” propio, que non pode
ser invadido.
-Emprego dun fondo narrativo, neste caso un cadro, que
actúa como enlace simbólico do que o artista quere contarnos.
-Pincelada leve, de pasta untuosa e um emprego
maxistral das transparências.
-A plasmación dun instante, dun tempo detido.
-Obra pintada desde alguén que mira, de xeito que o
suxeito virtual queda sinalado polos
motivos que obstaculizan a súa presenza. Neste caso unha mesa que na parte
esquerda da composición cun pano enriba, impídenos achegarnos á moza. Vermeer invítanos a un
espazo privado e íntimo, ao que non podemos pasar.
Luz que entra
pola ventá e pano que cubre a mesa.
Como curiosidade comentar, que como en outras obras do artista a modelo é un membro da súa familia, neste caso a modelo identificouse como Catharina Vermeer, esposa do pintor, encinta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario