Diana e as súas compañeiras.1655-56
Moitas das aproximadamente trintaecinco
pinturas que agora se lle atribúen teñen como escenario a casa que pintor herdara dos seus pais. Vermeer foi
sobre todo o pintor da luz. Nos seus estudios de óptica empregou sen dúbida a cámara
escura, o antepasado da moderna cámara fotográfica. Este aparato científico
empregaba lentes axustables e espellos para captar a reflexión da luz e
proxectar a escena na pantalla da tapa.
A alcahueta.1656
A súa obra é
escasa: trinta e catro cadros de escenas de interior (como A
Leiteira) ou retratos (Rapaza con turbante) e dúas paisaxes urbanas (A
canella e La vista de Delft).
Mesmo o número de pinturas atribuídas a Vermeer
varía, debido ás circunstancias nas que morreu este pintor e ao seu posterior
esquecemento. Vermeer destacábase na restitución da luz, da textura, da
perspectiva (quizais empregaba a cámara escura) e das cores trasparentes. Coidaba
a harmonía das cores. Nas súas obras pódese sentir o silencio dos personaxes
nalgúns momentos íntimos das súas vidas. Interesouse por todas as capas da
sociedade con igual esmero, dende o retrato dunha simple leiteira traballando
ás obras nas que amosa o luxo e esplendor dos ricos burgueses da época nas súas
espazosas casas, polo tanto a súa pintura nos revela moitos aspectos da vida
desta época. Na súa obra pódense atopar connotacións relixiosas e científicas.
A leiteira.1658
Vista de Delft. ca 1660-61
No hay comentarios:
Publicar un comentario