Rapaza de azul lendo unha carta.1664
Vermeer traballou lentamente e con sumo
coidado usando cores brillantes, así como algúns caros pigmentos: como o azul
intenso que destaca nalgunhas das súas obras. As cores transparentes producíaas
aplicando pintura en capas formando
granulacións no lenzo, técnica chamado pointillé (que
non debe ser confundida co "puntillismo").
Dama cunha criada sostendo unha carta. 1667
Non hai debuxos que poidan atribuírselle
exactamente a Vermeer e as pinturas ofrecen poucas
claves sobre métodos preliminares. David Hockney
entre outros historiadores e promovedores da tese Hockney-Falco, especularon que Vermeer
utilizaba cámara obscura para lograr o posicionamento
preciso das súas composicións, e esta idea parece ser ratificada por certos
efectos de luz e perspectiva que resultaban do manexo de lentes, en lugar do
uso de directo da vista humana.
O xeógrafo.1669
A carta de amor. 1670
Non obstante, a dependencia de Vermeer no uso da cámara obscura é
disputado polos historiadores. Non hai outro artista do século XVII que
utilizara nos seus primeiros traballos, en forma tan exhuberante, o caro
pigmento que manifesta o ton lapislázuli ou ultramarino natural. Vermeer non só
empregaba esta técnica en elementos deste ton; as cores terrosas e ocres debían
ser entendidos como luz cálida nunha pintura fortemente iluminada, que
reflectía os seus múltiples tons na parede. Este
método foi inspirado moi probablemente pola comprensión que Vermeer tiña das observacións
de Leonardo, onde manifestaba que a superficie de todo obxecto compartía a cor
do obxecto adxacente. Isto significa que ningún obxecto é visto propiamente na
súa cor natural pura.
Dama escribindo unha carta coa súa criada.1670
Habería que esperar
case dous séculos para que o historiador e crítico Joseph Théophile Thoré
(pseudónimo de W. Bürger) rescatáselle do esquecemento, en 1842, coa axuda do
marchante de arte John Smith. Thoré fixo unha declaración atribuíndo 76
pinturas a Vermeer, un número que foi pronto rebaixado. A principios do século
XX, corrían rumores de que aínda existían pinturas de Vermeer por descubrir.
Non foi ata 1935 que o museo de Rotterdam lle dedicou a súa primeira exposición individual.
Dama perto do clavicordio. 1670
No hay comentarios:
Publicar un comentario