Unha das obras quizaís máis interesantes para estudiar en canto ao emprego do espazo e dos símbolos en
Vermeer é a denominada “Alegoría á pintura” ou “O pintor no seu estudio”. Nesta
pintura o mestre holandés fai un achegamento ao mundo da arte con moito máis cun
autorretrato. A representación do artista no acto de pintar, a
autorreferencialidade da que fai gala aquí Vermeer aparece tamén noutros
artistas barrocos dun xeito semellante.
Na obra de Artemisia Gentilleschi denominada
tamén “Alegoría da Pintura”, a artista preséntanos unhas das súas escenas máis
orixinais á hora de confundir alegoría e autorretrato, coincidindo a condición
feminina coa personificación da pintura, e achegándose á iconoloxía de Cesare Ripa: co cabelo rizado
desordenado (símbolo do furor artístico), unha cadea cunha máscara no colo (que
aparece tamén en Ripa como símbolo a cadea da tradición e a máscara da fidelidade
á natureza), e vestida cunha tea
tornasolada (que fai alusión ao seu virtuosismo técnico). A artista, retrátase
soa no acto mesmo de pintar cun gran verismo coma un claro exemplo do seu
desexo de abandonar a idealización para interesarse pola natureza. Neste
sentido a artista fai unha defensa do acto mesmo de pintar, primando a propia
acción artística, e dando a entender a importancia que para ela tiña que, quen
pinta, teña inventio, tal e como
manifestou a propia Gentileschi nunha carta.
Artemisia
Gentilleschi. Alegoría da Pintura.1638
Porén,
Vermeer vai moito máis aló, pois a súa representación está enchida de significados, de símbolos que axexan no
máis nimio obxecto ou na composición. Vermeer de Delft amosa unha erudición que
latexa nas súas escenas, con sutís e continuas referencias á Historia, a
Filosofía ou a Arte. O mestre de Delft proponnos, en consecuencia, un retorno á
pintura intelectual, á pintura reflexiva, á pintura do coñecemento.
Asimesmo, esta
reivindicación da importancia da pintura como arte liberal, afastada das artes
menores aparece en dous aspectos que son fundamentais: nun primeiro lugar o
artista retrátase de costas, (o que lle restaria importancia) máis unha análise pormenorizada indícanos algo
máis. Fixándonos no seu atuendo vemos que en realidade vai máis aló: a súa
roupa non pertence á propia do século XVII, senón que se trata dun traxe do
século XV. Isto implica que a intención de Vermeer era vincular a arte do seu
tempo co da época dos grandes mestres como van Eyck e van der Weyden. Tamén é
importante a representación de Clío, alegoría que
aparece no cadro, é a musa da Historia (os seus símbolos son a coroa de
loureiro e o libro). É unha das nove musas, que na Antigüidade eran divindades
da inspiración nas artes e as ciencias. O artista está inspirado polas musas,
polo que deste modo Vermeer proclama a condición da pintura como arte liberal,
entroncando en certo modo coa postura velazqueña, na obra das Meninas.
O pintor, de costas
Esta obra que é unha escena de interior, xénero ao que Vermeer adicouse
com intensidade, posúe un esquema semellante a moitas das súas obras: unha
muller próxima a unha ventá situada á esquerda da estanza (en “Alegoría da
pintura” non hai o ventanal, pero si se intúe pola luz que entra) e um espazo
pechado en si mesmo e íntimo. Para
esta escena o de Delft decantouse polo seu obradoiro, xa que a grande mesa de
carballo da esquerda, sobre a que hai unha máscara de teatro, teas e uns
escritos, aparecía citada nun dos inventarios que se realizaron tras a súa
morte.
Coma sempre,
parece que a modelo que serviu para a musa Clío foi unha das súas fillas -tivo
11 vástezas-, pero non existe acordo sobre cal delas foi. En todo caso, os
trazos son moi parecidos á moza que aparece en “A Coqueta”, outro dos seus
interiores. A rapaza representa a Clío, musa da Historia, na man esquerda un
libro e na dereita un trombón, atributo este último da fama. Na cabeza, a musa
leva unha coroa de loureiro (atributo desta musa) cun ton azulado nas follas.
Este detalle é moi importante para explicar o xeito de traballar do artista.
Vermeer aplicaba as cores a partir dunha pasta untuosa, de consistencia
semellante á da porcelana, mentres que outras veces son pequenos toques
granulosos que absorben a luz, e nas veladuras moi traslúcidas aplica un color
debaixo para logo matizalo coa veladura. Isto é o que apreciamos nas follas de
loureiro, según algúns expertos, Vermeer aplicou unha cor (neste caso azul) e
logo o cubríuna cunha laca, de matíz amarelo, co que ademais de conseguir verde
(amarelo máis azul) o aspecto final mostraba reflexos sorprendentes, o que
demostra a súa pericia como artista. Mágoa que o paso do tempo fixo desaparecer
a laca e agora aquel verde perdeuse para deixar paso á primeira capa de cor: o
azul.
Detalle da cabeza de Clío
Una parte importante da obra é que nos remite á simboloxía. Ao igual
que Velázquez, Vermeer era um gran coñecedor da iconoloxía de Cesare Ripa, que foi quen de instaurar
unha serie de pautas ou cànones con respectos aos obxectos. Ripa, publica no
ano 1539 em Roma, unha colección de alegorias que tiña por obxecto servir a
artistas da poesía, pintura e escultura, para representar as virtudes, os
sentimentos, vícios e pasións humanas, pois esta obra está constituída coma
unha enciclopedia que se presenta em orde alfabético, de tal xeito que as alegorias
son recoñecidas nos seus atributos e na súa cor simbólica. No caso de Clío, na
mitoloxía grega adóitaselle representar como unha rapaza coroada con loureiros,
levando unha trompeta na man dereita e un libro de Tucídides na esquerda. A
estes atributos únese ás veces o globo terráqueo sobre o que pousa e o Tempo
aparece xunto a el, para mostrar que a Historia abrangue todos os lugares e
todas as épocas. Ás veces as súas estatuas levan unha guitarra nunha man e un
plectro na outra, pois tamén se lle consideraba a inventora da guitarra.
Noutras representacións moito máis clásicas represéntase a Clío levando na súa
man esquerda un rolo de papiro; aos seus pés, unha capsa ou caixa para gardar rolos. Vermeer a representa como unha
moza que leva unha coroa de loureiro na cabeza, un libro na man esquerda e coa
dereita sostén un trombón. Esta lectura pode significar unha vontade, por parte
do pintor, de manifestar a súa posterioridade, pasar á fama, á historia. Pero
non só fai referencias as musas coa representación de Clio, tamén sobre a mesa
aparece unha máscara, que pode facer referencia a Talía, a musa do Teatro (moi
vinculada tamén a iconoloxía de Ripa), acompañada
por un caderno aberto, sedas e un libro.
A dignidade, iconoloxía de Ripa
Porén quizais unha das mellores propostas como artistas de Vermeer e
a súa colocación dos obxectos e as figuras no espazo, que parece ser débese ao
seu emprego da cámara escura. Desde o primeiro plano en que aparecen a cortina
e cadeira (que nos impide coma sempre o paso) e que coloca ao espectador, como
un voyeur, o artista holandés tomou
esta vivencia que parece roubada nun instante.
Detalle da cortina, na esquerda
Agora máis que nunca, a caixa
pechada, "caixa de mira" vermeeriana, o espazo cúbico bañado de luz,
obedece á perspectiva máis natural que coloca ao cadro cunha mirada “prefotográfica”
de tal xeito que nos presenta unha realidade un tanto distorsionada: existe unha ralentización ou desenvolvemento excesivo nos
primeiros planos xunto cunha compresión e desdibuxamento nos plans mais afastados,
o que confírelle ao cadro modernidade e
ao mesmo tempo o presenta como un precursor dunha nova concepción da mirada.
Este óleo sobre
lenzo, de proporcións grandes con respecto ao resto da súa producción, pois ten
unha medida de 985 x 1185 cm, pódese admirar no Museo de Historia da Arte de
Viena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario