O vaso de viño. 1658-61
Vermeer alcanzou certa fama
na súa cidade de Delft como pintor innovador e como experto en cadros. En 1672
foi convocado a A Haia para facer unha peritaxe sobre unha colección de teas
vendidas a Federico Guillermo, grande elector de Brandemburgo. Casou en 1653
con Catharina Bolnes, católica, filla de Maria Thins, que dispoñía de bos
ingresos. Non obstante as Provincias Unidas foron invadidas por Francia e logo
Inglaterra declarounos a guerra, o que repercutiu negativamente no mercado da
arte en xeral, e nas finanzas dos Vermeer en particular, xa que tiñan once
fillos.
A rapaza e o vaso de viño. 1659-60
A lección de música. 1662
Suponse que se perderon algunhas das súas obras porque en máis dunha
ocasión tivo que entregalas para pagar as súas débedas aos tendeiros. Jan
Vermeer morreu pobre, e a súa muller tivo que vender os seus cadros ao concello
para sobrevivir e manter os seus oito fillos aínda menores. Logo disemináronse
as súas obras (algunhas chegaron a saír do país) ás veces coa sinatura doutros
pintores para darlle máis valor. Das 34 obras recoñecidas actualmente como
auténticas, só 16 levan a súa sinatura e unicamente dous a data.
Rapaza cunha xarra de auga.1662
A rapaza do colar de pérolas. 1664
Con respecto a
este tema é interesante salientar os estudos realizados en varias obras do
artista para verificar a súa autoria, pois Johannes Vermeer ingresou no gremio
de Delft en 1653 e formou parte do seu consello en catro administracións. Aínda
que se carece de documentación que probe que Vermeer tivo aprendices, da
comparación de dúas pequenas pinturas da National Gallery pódese deducir que
tivo polo menos un discípulo. Ambas as dúas táboas teñen apenas dezaoito
centímetros de ancho e, aínda que se parecen moito en canto o motivo, difiren
lixeiramente na execución.
O Concerto. ca 1664
No hay comentarios:
Publicar un comentario