Hoxe faremos un
comentario exhaustivo sobre unha das obras máis coñecidas de Vermeer: “A rapaza
da perla” do ano 1665, que atópase no Mauritshuis
de La Haya.
Grazas á película do director Pieter Webber,
baseada nunha novela de Tracy Chevalier do ano 1999, coñecemos a historia desta
obra un tanto falseada. De feito, na película protagonizada por Scarlett
Johansson e Colin Firth f álase dunha certa relación entre o pintor e a suposta
modelo de pintura, a criada Griet, que
pronto pasa de ser unha traballadora na casa, a converterse en axudante
(debido a intuición da rapaza para intuir a luz e a cor) e no amor segredo pero
curto, do pintor, quen pinta a Griet coas perlas da súa muller, o que provoca a
expulsión da rapaza da casa.
En realidade e con toda probabilidade a modelo
era unha das fillas do pintor, pois o artista parece ser que tiña moitas fillas
que posaban en moitas ocasións para as súas pinturas. A rapaza, sobre un fondo
neutro e de perfil, mira cara o
espectador coa boca lixeiramente aberta, superando así o límite do cadro. Este
fondo que o achega ao tenebrismo de Caravaggio, perde aínda así o dramatismo
das obras do artista italiano debido a cor azul do turbante e a tranquilidade
que caracterizan a meirande parte das obras de Vermeer. Ao mesmo tempo, este
fondo escuro e neutro, reforza o efecto
de tridimensionalidade e fai que a figura apareza máis clara, como explicara xa
Leonardo da Vinci, no seu tratado sobre a pintura.
Parece ser que a imaxe é unha “tronie”, é
dicir, un retrato de “cabeceo intenso” como se chamaba en Holanda no século
XVII a este tipo de representacións que non tiña a intención de “retratar” á
modelo, e no que a expresión facial está esaxerada para amosar a habilidade
pictórica do artista, polo que en xeral neste tipo de retratos descoñécese o
nome do retratado. Ademais desta obra da rapaza da perla, Vermeer realizou outras dúas
obras consideradas como “tronie”, “A moza da flauta” e “Estudo dunha muller
nova”. Estas tres obras de J. Vermeer foron incluídas xa dentro deste xénero no
catálogo de Dissius de 1696 polo alarde pictórico que representan.
A moza da flauta
Estudo dunha muller nova
No cadro, realizado entre os anos
1665 e 1667 e de pequenas dimensións, pois mide 46’5 x 40 cm, pódense
distinguir tres puntos fundamentais:
-A mirada. O artista atrae ao
espectador cara ao lenzo a través da mirada por encima do ombreiro da nova. A
cabeza, lixeiramente inclinada, esperta a sensación de que a rapaza está perdida
en pensamentos ensoñadores, mentres que fixa a mirada cara o espectador.
-Os beizos, que entreabertos, crean
sensualidade e misterio, mentres o seu turbante engade exotismo a esta mestura
sedutora, xa que estas pezas exercían en
Europa unha grande fascinación xa desde o século XV.
-A perla, pois o punto focal
principal non recae só na mirada da modelo senón na perla, perla plasmada con
só dúas pinceladas, que reflicten por unha banda o pescozo branco da modelo e,
por outro, os escintileos derivados do mesmo foco de luz lateral que ilumina o
rostro.
Estes tres puntos fundamentais sobre o fondo
negro, mostranos unha dualidade: por unha banda a sensualidade dos beizos
entreabertos e carnosos e a mirada ensoñadora e por outra, a pureza e castidade
da modelo grazas ao atributo que a distingue como tal: a perla, que pode
constituirse como un símbolo e que para algúns estudiosos da obra de Vermeer,
alude a posibilidade de que o cadro puido ser pintado con motivo da voda da
filla do artista.
Detalle da cabeza, lixeiramente
inclinada
Coa colocación de forma sinxela de
círculos e de liñas diagonais, o artista acada unha composición simple e equilibrada, poderosa pero armónica, axudado
ao mesmo tempo polo emprego dunha gama cromática reducida, pintada con suaves
modulacións tanto de luz, que ilumina o rostro e crea reflexos no pendente,
como de cor, a través dunha paleta baseada en azuis e amarelos.
Estudio da composición da obra: liñas
e círculos
Estudio da composición da obra: círculos
De feito, o artista emprega nesta obra,
segundo os estudios realizados: branco de plomo, ocre vermello, azul ultramar
(cor que o artista emprega moito nas súas obras así como o lapislázuli,
pigmento tamén moi caro), amarelo ocre, verde terra, bermellón e sombra natural,
é dicir, unha paleta moi reducida,
simple e de cores case puros baseados nunha luz vermella, unha azul e outra
amarela. O resto son matices do mesmo pigmento e mesturas o que comporta ao
mesmo tempo unha variada gama de grises.
Para acadar as zonas iluminadas, Vermeer
emprega o amarelo e o branco, que determinan a luz e o ambiente, pois para o
artista as cores ocres e terrosas formaban parte da luz cálida cando a pintura
tiña potentes focos de luz. A cor é aplicada en capas bastantes espesas, sobre
todo nas partes claras. E parece ser tamén, que o pintor empregaba un cepillo
de tejón, unha especie de abanico en forma de cepillo plano con cerdas suaves,
que servía para mesturar delicadamente o ton máis claro dos tons da pel coas áreas
máis escuras das sombras.
A obra foi restaurada no ano 1944 no Museo Mauritshuis de La Haya, e
descubruise que o verniz protector amarilleara a obra, polo que quedaban
ocultas sutilezas no tratamento de pel e se perderan distintos toques de luz
branca (no bordo dos beizos) e observouse un reflexo pequeno e brillante da
perla que parece ser non formaba parte da obra orixinal, cando foi retirada a
perla acadou a súa suavidade anterior.
Detalle da perla restaurada
Vermeer non firma nin data todas as súas obras,
o cal dificulta no só a ubicación cronolóxica das mesmas, senón tamén a súa
autentificación. Tras a restauración de 1994 aparecía nesta obra a siñatura do pintor, na esquina superior
esquerda, aínda que nas reproduccións habituais da obra no se aprecia por estar
realizada nunha color moi leve. A siñatura
ten sido autentificada como tal polos expertos do Museo Mauritshuis de
La Haya.
Os meus agradecementos
aos seguintes blogs e páxinas da rede dos que saquei información e fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario