Dentro dos programas culturais que ao longo do
ano realiza a Escola de Artes e Oficios de Vigo, atópase a exposición de fin de
curso, que este ano desenvolve unha proposta, denominada “O FEO”, que abrangue
diversos obradoiros e, entre eles, está o de Pintura.
A proposta de Pintura, titulada “O
museo das vaidades”, que foi desenvolvida polo grupo de Perfeccionamento
II, traballou coa estética Kitsch.
O Kitsch está considerado coma unha proposta
estética falta de estilo e coma unha arte para o consumo, pois emprega formas
do pasado histórico e propostas aceptadas e consumidas xa pola modernidade. Ao mesmo
tempo, pode considerarse tamén como unha PARODIA, ou ben como o sacrifio cunha
vida estética convertida visualmente en pantomima. Segundo Adorno, o Kitsch é
unha parodia da catarse e tamén da conciencia estética.
En realidade o Kitsch é unha apropiación de
imaxes dun xeito irónico en pezas que aparenta unha riqueza que non existe, a
base do emprego de elementos de luxo e de dourados e obxectos en prata. Na actualidade este tipo de propostas deixan
de verse como concepto antagónico con respecto á “arte” e están totalmente
aceptadas, integrándose nas pezas de moitos autores e autoras en base a unha
antiestética que pon en dúbida o “bo gusto”.
A proposta do alumnado de pintura baséase no
apropiacionismo de obras de arte moi recoñecidas da historia da arte,
reinterpretadas segundo esta estética KITSCH, na que aparecen obxectos ou cores
que non están na obra orixinal, e que lle dan ás pezas unha nova
reinterpretación en clave de parodia ou pantomima. Entre os cadros revisitados polo alumnado atopamos:
Os bébedos e As meninas de Velázquez, un Bodegón de Sánchez Cotán, Arranxo en gris e negro número 1, (máis coñecido como O retrato da súa nai) de Whistler, A rapaza da perla de Vermeer de Delft, O cabaleiro da man no peito de El Greco, A condesa de Chinchón de Goya, O nacemento da primevaira de Boticelli, Retrato de Gertrude Stein, de Picasso, O matrimonio Arnolfini de Jan Van Eyck e un fragmento da Capela Sixtina (en concreto a creación do home) de Miguel Anxo.
As pezas de pequeno formato conforman un
POLÍPTICO, no que a técnica mixta comparte espazo co collage e os materiais extrapictóricos.
Traballando
na aula
A
montaxe
Rosa García, profesora de escultura e tamén comisaria da mostra
Eu, medindo o cadrado rosa
Claudio, alumno de perfeccionamento I botando unha man
Claudio colocando a última peza
Inauguración
Manuel Pérez e Carmen Fernández, que actuaron para nós con dúas pezas
Presentando a mostra
Carmen e a segunda canción, Manuel á guitarra
Mirando o vídeo que amosa os traballos e o proceso
Eli e o Gael
Rosa entre o público
O público na mostra ante os traballos de Pintura e Debuxo
No hay comentarios:
Publicar un comentario