Dora, fotografía de Irving Penn, 1948
No ano 1946 conclúe a súa relación con
Picasso. No 1944 Dora expón na Galerie Bucher de París as súas pinturas en
tornos aos muelles e naturezas mortas. A súa vida persoal e profesional sofren un cambio traumático e a súa saúde reséntese
ata caer enferma, momento no que se retira ao Midi francés, abandonando
temporalmente a súa vida artística e iniciando un período marcado por un forte
carácter relixioso, no que vivíu case afastada da vida pública entre a casa que
Picasso regaloulle en Mènerbes e París. Aínda así, entre 1946 e finais dos
sesenta expón en varias ocasións e no 1951 realiza decorados para a obra Monsieur Bob’le e no 1956 publica catroaugafortesnolibro
de poemas de André Bouchet, Sol de la
montagne. Dous anos antes da súamorte no
ano 1997, na Fundación Bancaixa de Valencia, adícaselle unha gran retrospectiva
da súa obra.
ABSTRACCIÓNS DOS ANOS 1940
Será tras a súa morte
cando saen á luz numerosos documentos,
pois antes de morrer, legou a un monxe o que gardaba baixo a cama: caixas de cartón con todas as súas cartas
e recordos persoais, entre eles todas as fotos que conservaba e 130 cuadros e debuxos
que lle regalara Picasso. Outros documentos indican a admiración que suscitou
entre artistas e escritores do seu tempo, entre eles, Breton, Éluard ou Bataille,
a quen inspirou, esta muller artista que
acadou o recoñecemento tardíamente e que realizou unha obra, de evidente
calidade, composta de fotomontaxes,
retratos, espidos, paisaxes, fotografías e escenas de cidades como Londres,
París e Barcelona entre outras.
Le piseur, fotomontaxe, 1935
Monstro na praia.1936
DORA MAAR na rede:
http://institucional.us.es/revistas/arte/18/44%20luque%20teruel.pdf (artigo sobre a obra pictórica de Dora Maar)
No hay comentarios:
Publicar un comentario