Nos ANOS CINCOENTA, a súa obra está chea de cores vivos e liñas
negras que bordean as figuras.
CARACTERÍSTICAS:
-Raíces
matissianas con liñas que suliñan o volume.
-Formas volumétricas de raigame picassiana, que van
deixando paso ao finalizar a década a
autonomía da cor e a liña.
O vello e o paxaro. Óleo sobre lenzo. 1959
Nú. Óleo sobre lenzo.1950
A MULLER. A homenaxe á figura feminina e a reivindicación da súa rol tanto no campo laboral
como familiar “Mariscadoras” (1964) é unha constante na obra do artista. A muller sentada é un motivo
habitualmente visto nas construcións románicas de Galicia e ao cal o artista
recorreu continuamente reelaborándolo, en pezas como “Muller sentada” (1976). Unha
MATER GALLAECIAE, como motivo central do universo popular e histórico galego,
que fala dunha época matriarcal.
Nos anos 50, debido a influencia da súa viaxe
a Europa, haberá un cambio desde o punto de vista formal. A cor e a liña serán
elementos autónomos, será a cor, quen
aplicada en grandes planos vivos e intensos modele os volumes, mentres os trazos independentes de pintura negra
estructuran a composición. Abandonou a paleta de terras e grises,
por considerar a cor como elemento plástico autónomo, decantándose polo emprego de tintes saturados. Isto é
debido a que perpetúase no artista a necesidade da fixación dun modelo de arte galega, que están moi presente nas
cartas que este enviáballe a Maside nos anos cincuenta, consciente da
necesidade de atopar novos vieiros na arte galega, non allea “aos movementos
artísticos universais” a partir sobre todo da busca dos valores da pintura, de solución formais, sobre todo a partir da
expresividade e da cor. Será nese sentido, na
busca dos valores PUROS DA PINTURA, cando Seoane deixe a un lado o arraigo ao
mundo referencial galego de sustrato romántico, para supéralo e investigar e achar a actualidade na pintura
galega. Aínda así nestes anos 50, as súas pezas presentan figuras firmes e
robustas, de forte estatismo e monumentalidade.
O gaiteiro. Óleo sobre lenzo. 1950
Mozo. Óleo sobre lenzo. 1952
Muller con canasta. Óleo sobre lenzo. 1952
Outro
dos temas recurrentes na obra de Seoane é: A PAISAXE, que desde os anos 40 ata
os 70, aparece como un campo de experimentación.
-Anos corenta a cincuenta: escenas urbanas e laborais
moi constructivas, tensados por unha rede de liñas xeométricas.
-Nos
anos 50, as realizadas en terras de Neuquén, paisaxe deserta,
estraña e grandiosa, cunha cor que o impacta, e que axúdalle a comezar un
camino innovador en relación tamen ao seu traballo como deseñador gráfico
(CINZANO E COÑAC OTARD-DUPUY) e muralista.
Paisaxe da precordillera arxentina. Óleo. 1951
Paisaxe con burro (Chos Malal) Óleo. 1951
As paisaxes que ata o momento
representara nas súas composicións servían como fondo, pero nunca foran protagonistas por si mesmas.
Agora, as vistas toman o protagonismo e as figuras pasan a un segundo plano ou
desaparecen totalmente. O autor descubriría o poder e a enerxía da natureza e
volverá retomar o xénero na década dos anos 70 cunhas paisaxes prácticamente
abstractos. Nos anos 60 e 70, combina o cosmopolita e o local.
Horta e galiñas. Óleo. 1953
Neste mural "As carretas" (1956)combina mateirais: cerámicas e resinas sintéticas.
As carretas. Mural.1956
No hay comentarios:
Publicar un comentario