O Proxecto Home, co galo do seu 25 aniversario
ven de realizar diversas mostras que
percorrerán seis cidades galegas ao longo do ano para conmemorar este
aniversario. Pero a diferenza de edicións anteriores, esta vez non será a mesma
mostra a que realice o percorrido, senón que en cada lugar serán os artistas
desa área os que aporten as súas obras en favor desta iniciativa.
Nestas mostras pódense ver traballos tanto de
pintura, escultura e fotografía, así como tamén hai un guiño ás novas
tecnoloxías cun vídeo conmemorativo do 25 aniversario. Entre os artistas
atópanse tanto aqueles dunha dilatada traxectoria profesional como outros
noveles, ata sumar un total de 104. As mostras comisariadas por Antón Sobral,
veñen de realizar unha acción solidaria coa donación do setenta por cento das
vendas e nalgúns casos do cen por cen.
Na mostra realizada en Vigo en Afundación,
comisariada por Antón Pulido e quen isto vos conta (que tamén aportamos unha peza),
as obras expostas están á venda coma se tratase dunha galería de arte e entre
@s artistas atopamos entre outr@s a: Menchu Lamas, Antón Patiño, Francisco
Leiro, Silverio Rivas, Enrique Velasco, Antón Sobral, Tino Canicoba, Xulio Gil,
Paula Cabaleiro, Basilisa Fiestras, Yayo Quesada, Carmen Hermo, Amelia
Palacios, Acisclo Manzano, Buciños, Nilo Arias, Pepe Cáccamo e dúas alumnas dá
Escola de Artes e Oficios de Vigo, Alicia Romarc e Eva Romero.
A mostra inaugurada ou 19 de xuño estará
aberta ata o 18 de xullo.
A
montaxe
As pezas de Antón Pulido e Tino Canicoba
Pezas de: Antón Patiño, Pepe Cáccamo e Paula Cabaleiro
Menchu Lamas
Rosa Neutro e Paula Mariño
Eva Romero e Alicia Romarc
Rolda
de Prensa
Con Ramón Gómez e Antón Pulido
Inauguración
A
mostra na Prensa
No hay comentarios:
Publicar un comentario