O sol. 1967. Óleo sobre lenzo
A
gran orixinalidade de Seoane (1910-1979) foi a raíz
galega da súa pintura, entroncada coa universalidade da arte, ese
equilibrio entre o intelectual e o popular, tan presente nas súas creacións.
Porén, para falar da obra de Seoane, temos que
falar da importancia da realidade histórica na que se sitúa o seu proceso
artístico, marcado por estar situado nun contexto que posúe un anaco de tradición cultural europea
occidental e tamén baseado na propia identidade galega, co interese na
reconstrucción da identidade colectiva, dentro da idea de nación, pero que ten
asimismo o interese dunha intensa
revolución formal.
As IRMANDADES
DA FALA, axudará a desenvolver este pensamento de identidade cultural, pois
foi un movemento que potenciou exposicións, conferencias ouactuacións teatrais,
entre outras moitas actividades. Seoane participa dese pensamento e os
creadores non vivían nunha torre de marfil senon que se sentían “formando parte do proceso evolutivo de
Europa, pero sentindo que en Galicia, no seu agochado xenio nacional estaban as
nosas raigames máis fondas”, polo que nos atopamos cunha Galicia de
principios de século XX como un espazo aberto e permeable ao influxo estético,
non desde o mimetismo senon activando a súa plástica tomando como referencia á
tradición galega. Aínda así a arte galega destes anos posúe:
-Eclecticismo
e moderación
-Ruptura
como simple experiencia
-Introducción
mínima de elementos de corrección
-Para
Seoane serán fundamentais: Maside, Souto e Colmeiro, que irrumpirán con formas
e cores novas, pois será a partir do ano 1930, cando comeza a verdadeira
ruptura.
Mater Gallaeciae. 1961
De feito, algún críticos inclúen a
Seoane, dentro da xeración de OS NOVOS, ou OS RENOVADORES, aínda que sexa o máis
novo deste grupo de artistas galegos nacidos a principios do século XX, que
transformaron coa súa irrumpción a arte
galega. O propio artista os defino como unha xeración de artistas que:
“Empregan unha temática e unha linguaxe galegas que os leva a cultivar unas
formas con raigames na escultura popular do románico e do noso barroco. Formas
plásticas que tomán para sí a esencia creativa do pobo”.
A nova pintura galega de principios do XX,
como sinala Seoane en “Un arte da terra” pretende propor a quen mira: climas,
intencións, rupturas, novas evaliacións e insuflarlles esperanzas, unha arte
galega que diríxese ao espectador,
axudándolle a definir o seu espírito, que redefine como unha arte de filiación
romántica vinculada a un expresionismo nórdico (sobre todo a arte alemana),
que tenta comprender o misterio do home e da natureza.
O traballo de Seoane, terá un importante papel
na posquerra e na evolución da arte galega, pois mantén un intenso activismo
político ligado a nova identidade do
país, que reflíctese nun texto da revista ALENTO: “Un arte da terra”.
Pintor, grabador, muralista, ceramista e poeta.
Naceu en Bós Aires, o 1 de juxo de 1910. As 6 anos de idade, voltou a súa terra,
Arzúa. Vive na Coruña para posteriormente morar en Santiago de Compostela, onde
estuda bacharelato e licenciouse en Dereito en 1934. Paralelamente a súa
formación universitaria, participou intensamente na vida cultural da época,
convirtíndose xunto con outros artistas, no motor de renovación plástica, pois iniciou
nestes anos os seus estudios en grabado e pintura realizando a súa primeira
exposición en 1929. Na súa mocidade entra en contacto coa Galicia rural, que
aparece logo na súa obra dun xeito persistente.
ESTILO INICIAL
En Santiago implícase
(mentres estuda dereito) cos movementos intelectuais e na Federación
Universitaria de Estudantes, onde destaca na defensa da cultura galega e da
democracia, mentres comeza a súa actividade artística, ilustrando algúns
programas de cine que rulaban polos cafés e participando nas terutlias do Derby
con distintos intelectuais e artistas: Valle Inclán, Maside, Dieste ou Fole. A súa primeira exposición será no ano 1929,
na sala de Amigos da Arte e ao ano seguinte no Café Español, con obras como dibuxante e ilustrador.
Natureza viva. Tinta chinesa e acuarela sobre papel. 1932
Mozo e cabalos. 1933
Posúe influencia do expresionismo alemán (Grosz,
Otto Dix), os estudios de El Lissitzky, a metodología da Bauhaus e o traballo
de Pablo Picasso. Entre as súas primeiras obras destacan os seus desnudos
femininos e os retratos de campesinos na paisaxe dunha Galicia utópica. Se
conserva en gravados, debuxos e augafuertes dos anos republicanos que enlaza
coa modernidade estética internacional, pois coñece as fórmulas postimpresionistas, cubistas, fauvista e
surrealistas, que na súa obra está vinculada a un certo lirismo (Natureza
viva, 1934) e nas ilustracións das revistas Resol e Universitarios, así como en debuxos realizados para
diversos libros, como os realizados para o volumen SÍNTESE DO CRIME.LIBRO DE
DEBUXOS, nos que o lirismo ponse ao servizo de temas de contido social e de denuncia da violencia, que achéganse a
obra de George Grosz, artista que admira, pero que non teñen tanto
dramatismo.
Debuxos para os poemas de Cunqueiro "De si e non". Anos 30
Ilustracións para a revista HUELLAS. Anos 30
Tamén a mensaxe política aparece na obra de Seoane,
como os traballos realizados para YUNQUE, co gravado GALIZA ERGUEITA, do 1932,
presenta unha forte simboloxía SOCIAL,
ou os feitos para o xornal CLARIDAD, que son máis agresivos e achéganse ao
estilo de Maside nos seus gravados sociais.Un
feito importante, amosa o seu compromiso con Galicia, co cartaz que realiza para a defensa do ESTATUTO DE AUTONOMÍA de 1936, co
lema “O estatuto libertará a nosa terra”.
A GUERRA
Labor combativa,
identificada cos valores progresistas galeguistas e republicanos, como Dieste,
Castelao ou Lorenzo Varela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario