NO EXILIO (1937)
A guerra obrígalle a exiliarse a Bós aires,
onde desenvolve unha importante laboura
política e intelectual entre os galegos exiliados, onde promove todo tipo de actividades culturais:
editorial, pictórica, radio, periodismo ou tertulias e onde coincide con
artistas como Maruja Mallo, Colmeiro ou Castelao, amosando sempre o seu compromiso coa sociedade e cultura galegas.
Estampas:
TRECE
ESTAMPAS DE LA TRAICIÓN (1937), reflicte na súa obra o desacougo e a
vontade de denuncia, antes de saír para o exilio: con pezas xestuais, dramáticas e que falan da norte e o sombrizo mundo no
que vive. SON GRAVADOS moi próximos ao universo de Castelao, pois nos
comenzos do seu exilio, Seoane realiza unha obra que Lorenzo Varela describe
como a “etapa da violencia”, unha violencia que nace non do resentimento senón do sentimento.
O contacto de Seoane coa Imprenta Compostelana, editora da revista Nós, esperta a súa afección pola artesanía gráfica e o editorialismo. Hai quen apunta, nos seus primeiros traballos, a influencia da Xeración do 27, que emerge no carácter lúdico, fantástico e imaginativo destas obras, semellantes aos cadáveres esquisitos, que se unen ao lirismo defendido por Cahiers d´Art. As esixencias da impresión mecánica, determinaron, en boa medida, o desenvolvemento posterior da súa arte, que sufriu un considerable esencialización e a redución a signos elementais de recoñecemento. Inconográficamente, decidiu seguir unha liña histórico-lendaria para dar a coñecer a lendas e tradicións galegas, e crear imaxes de significación coletiva, nun intendo por manter viva a memoria e resaltar a identidade do pobo galego. Como vese nas ilustracións (gravados) de Catro poemas galegos de Lorenzo Varela (1944)
Neses anos tamén realiza o álbum: Debuxos de HOMENAXE A TORRES DE
HÉRCULES, no ano 1944, e traballa tamén neses anos para a revista O CORREO LITERARIO, en Bós Aires. Na data en que ilustra este libro, o artista
empeza a utilizar o óleo, en trazos vigorosos que recalcan os perfís da forma e
dan volume, mediantes sombras de cor. Trátase dun colorido rico e brillante,
inspirado nos códices miniados, as cerámicas ou as teas, polo que estamos ante
unha fusión das artes: artesanía e artes
plásticas.
Debuxo da Homenaxe á Torre de Hércules. 1944
Ao longo de toda a súa carreira, Seoane, nunca deixou de investigar as posibilidades do gravado, propoñendo novas solucións e vías expresivas. A súa obra tivo unha importancia capital para o desenvolvemento da ilustración e a gráfica galega, e a súa facer neste ámbito, condicionou a técnica da súa pintura ao óleo, logrando un estilo sumamente persoal, e facéndose un oco entre os principais artistas galegos do século XX.
A conversa. 1946. Óleo sobre lenzo
Esta obra, A conversa, pertence á etapa dos anos corenta, cando
Seoane comeza a interesarse polo óleo, pois, ata o momento, o seu faceta
artística máis destacada fora a do gravado.
Nesta obra, por ser unha das primeiras, apréciase unha pintura moi matérica,
onde aínda se evidencia o trazo vigoroso co que recalca os perfís da forma,
aínda que xa se albisca o camiño cara a unha linguaxe máis abstracto. As figuras constrúense con fortes
pinceladas empastadas, de cores terrosos e grises, e vense delimitadas por un
groso contorno que dá lugar a voluminosas siluetas. Estas formas, dun afán case escultórico, tratan de ser un
símbolo de Galicia, a muller como Mater Gallaecia e prototipo do pobo galego,
un tema que se converterá nunha constante na súa produción. Estas imagénes
robustas, maxestuosas, achéganse á
concepción da estética do granito, que comparte nos seus comezos, con
artistas da súa xeración, os denominados
Renovadores, entre os que se atopan Laxeiro, Colmeiro ou Souto. As figuras,
silenciosas e atemporales, conservan a esencia popular. Son mulleres
silenciosas que, reunidas, esperan aos seus maridos. Unhas inquedas, outras
absortas e pensativas, son representadas como o reflexo da súa terra, do seu
pobo e a súa tradición. Simbolizan á
Galicia traballadora e sufrida, loitadora, pero ao mesmo tempo resignada ao
seu destino de miseria e explotación.
O enterro. 1945. Acuarela sobre papel
Mulleres. 1946. Óleo sobre lenzo
Seoane
está sempre pendente de transmitir os acontecementos que o rodean, o sentir do
seu pobo, e as mulleres serán protagonistas de numerosas obras, por ser as sustentadoras dun pobo que se queda sen
homes por culpa da emigración: "Galicia é un home que marcha, que
emigra... ou home soio músculos que marcha, de Rodin, ou home soio fame que
marcha, de Giacometti". A base fundamental da temática da súa obra é
Galicia, mantendo sempre o compromiso co seu pobo.
Muiñeira.1948. Óleo sobre lenzo
Costa Circe.1946
Do Románico, toma tamén o
xeito de compoñer e de xerar espazo. As
composicións, xa desde un principio son planas. A tridimensionalidad non
lle interesa tanto como a cor e a forma, e xéraa mediante o tamaño das figuras.
Aparece un pequeno atisbo de paisaxe no mar, tan típico da xeografía galega,
que coloca ao mesmo nivel que a terra, como froito dese rexeitamento pola
terceira dimensión e por outorgarlles a ambos a mesma importancia. As cores terrosos, grisáceos e de
tonalidades tristes, son reflexo dun clima e unha paisaxe húmida, e quizá tamén
da morriña e o carácter que acompañou sempre ao artista.
Á morte de
Castelao, no ano 1949 converte a Seoane no aglutinador da intelectualidade
galegista en América.
A finais dos 40 a
súa obra evolucionará cara a unha pintura na que o escenario xa
non ten o protagonismo de outrora e no que se reduce o sentido da profundidade. A representación ilusoria de
tridimensionalidad cedeu paso a outras propostas compositivas. Seoane aplanou o espazo, esquematizou as
figuras e deixou de perseguir o sentido de profundidade, dotando ásúa obra
dunha inmensa forza sintética. Isto
é debido probablemente a importancia que tivo o seu contacto coa cultura
europea: París (onde coñece ao seu admirado Picasso), Londres e Italia, onde
expón a súa obra. Aínda que nos anos 60 voltou a Europa, será esta viaxe un antes e un despois na súa concepción da arte e o seu
estilo.
Liando un cigarro. 1949
No hay comentarios:
Publicar un comentario