Algúns críticos de arte a consideran a
Vigée-Lebrun, unha pintora narcisista debido
á gran cantidade de autorretratos que fixo durante a súa vida, teoría que
desfaise cando estudiamos en profundidade a obra da artista.
No “Autorretrato con lazo”,
un dos seus primeiros autorretratos, chama a atención a súa simplicidade, que céntrase no suxeito a pintar
(autorreferencialidade) e a perfecta armonía do vermello, o blanco e negro, a
sombra dos tons terras que o envolve todo, otorgan ao cadro unha vivacidade
que equilíbranse coa sobriedade da
ropaxe e o tocado, discordantes coa “moda” do momento. Esta sinxeleza do
atuendo reflíctese no famoso retrato de María Antonieta “en camisa”, que
provocou un escándalo cando exhibiuse
públicamente. É dicir, Vigée-Lebrun, autorretrátase como un acto voluntario do
mesmo xeito que se exhibe como outros moitos artistas románticos masculinos.
Neste segundo autorretrato, pintado cara a 1782,
do 'Chapeu de palla', quere facer referencia ao famoso cadro de Rubens en que
pinta a Susanna Fourment e que Vigée-Lebrun admirara e estudiara na cidade de
Amberes. A luz existente, o reflexo da luz na cara da modelo e pintora, a
paleta e os pinceles (referencia directa ao seu oficio) falan do seu bó oficio.
A súa beleza, referencia á súa ser feminino, a súa forza e delicadeza
reflectidas a partes iguais, a súa seguridade como suxeito e obxecto pictórico,
nun autorretrato on existe tamén un certo atractivo erótico, convérteno nun dos
seus traballos máis interesantes, pois resulta ser máis un alegato, unha
declaración de que nun mundo artístico dominado polos homes, a muller, sen
masculinizarse, tamén crea. Esta obra resulta ser un desafío, pois representa a
unha muller pintora, que tamén é fermosa, rachando unha enorme sorte de
estereotipos que por desgraza manténse
ata os nosos días.
Tamén será un desafío os
diversos autorretratos con Julie a súa filla, xa que logo, para
Vigée-Lebrun, os roles de pintora e de nai non foron, polo menos
pictóricamente, contradictorios. A sucesión dos dous autorretratos (nos anos 1786
e 1789) así o indica. A insistencia neste papel feminino preponderante, que implica
a asunción da maternidade sen excluir o seu traballo como artista é tremendamente
contemporáneo.
Autorretrato coa súa
filla.1789
Autorretrato.1790
Marketing no século XVIII?
No hay comentarios:
Publicar un comentario