Altar maior da Igresa da Universidade
O pasado 28 de novembro,
na Igrexa da Universidade en Santiago de
Compostela, inauguramos a exposición “PROCESALIA 2013”, comisariada por Monse
Cea e coa coordinación de Alba Marinha, que
fai unha revisitación do orixinal
proxecto que no ano 2001, realizouse no coro da igrexa con obras feitas especialmente
para ese espazo por novos e novas artistas, entre as que me atopo.
Dez anos despois, estes artistas presentan as súas novas propostas con pezas
realizadas para este espazo, que nesta ocasión, ocupa a totalidade da Igrexa.
A Muller-Árbore. 2010. Paula Mariño
Furados.2010.Antón Caamaño
Toma de posición. 2013. Xoan Anleo
Detalle da instalación de Rubén Santiago, Nailed.2001-2013
Quero ser unha rotonda "ensaio para unha invisibilidade".2013. Eduardo Valiña
Nesta nova edición, producida pola USC coa
colaboración dos museos MARCO e Verbum de Vigo,
aparecen as propostas de Ana de
Matos, Antón Caamaño, Carlos Sena Caires e Jorge Cardoso (VOID), Rosa Sánchez e
Alain Bahuman (Kónic), Kai Takeda, Isaac Cordal, Paula Mariño, Xoan Anleo, Xoán
Brión, Eduardo Valiña, Manuel de la Rosa, Carme Nogueira, Monse Rego, Carme
Nogueira, Marta Prieto e Nilo Arias. 19 creadores do ámbito galego, estatal e
internacional de recoñecido prestixio que adaptaron os seus discursos persoais
e liñas de investigación plástica a este proxecto. Video-creacións, creacións
multimedia de arte interactiva, fotografía, performances documentadas en vídeo,
escultura en proceso e pezas de son conviven con debuxos e instalacións varias.
O reitor da USC, presentado a exposición.
Para min foi unha sorpresa, volver a reencontrarme co
escrito do proxecto orixinal e co cartaz, no que aparecen o meu nome e o da
poeta Ledicia Costas, parte fundamental da nosa proposta do 2002 “UT PICTURA
POESIS”.
Déixovos unhas notas de prensa sobre a mostra:
No hay comentarios:
Publicar un comentario