ELISABETH VIGÉE-LEBRUN
Autorretrato. 1808
Vigée-Lebrun, nace na cidade de París, bautizada
como Marie-Louise-Élisabeth,
recibiu as súas primeiras leccións do seu pai que era retratista, aínda que ela
se beneficiou máis dos consellos de Gabriel François Doyen, Jean-Baptiste
Greuze, José Vernet e outros mestres do período. Aínda que a súa formación foi
case autodidacta o seu valor reside na súa determinación e a súa ardua laboura,
pois copiou numerosas obras de mestres antigos e modernos de coleccións privadas,
e ao teren o debuxo masculino vetado, os seus primeiros retratos foron membros
da súa familia.
Pinta xa retratos de xeito profesional dende a
súa adolescencia. Cando o seu estudo foi embargado por pintar sen licenza, afíliase
á Académie de Saint Luc, que exhibiu o seu traballo voluntariamente no seu
salón. O 25 de outubro de 1774 foi feita membro da Academia Francesa.
Casa no ano 1776 con Jean-Baptiste-Pierre
Lebrun, tamén pintor e asimesmo comerciante de arte. Pinta durante varios anos
retratos de moitos dos membros da nobreza francesa ata que no ano 1779,
invitóuselle a Versalles para pintar á raíña María Antonieta. Quedou a raíña
tan compracida co traballo de Vigée-Lebrun, que recibiu o encargo de pintar
máis retratos dela, así como dos príncipes e de numerosos nobres. En
1781 viaxou ao Países Baixos onde a
influencia dos traballos dos mestres flamencos a levan a probar novas técnicas.
Alí, pintou o retratos dalgúns nobles e do Príncipe de Nassau.
Paréceme tamén interesante sinalar o contacto
que a artista mantivo con músicos, literatos e pintores contemporáneos como
amosa os retratos que fixo de Giovanni Paesiello, Hubert Robert, a pintora Marie-Guillemine
Benoist (que comenzou a pintar da man da Vigée-Lebrun no ano 1781) e Madame de
Staël.
A virtude dudando. Obra de mocidade.
Retrato de María
Antonieta.1783
Madame de Staël, como
Corinne.1808
No hay comentarios:
Publicar un comentario