O carácter lineal e homoxéneo da tradición
artística occidental, promove o protagonismo dos varóns o que implica a
marxinación das mulleres, que son representadas como “obxectos” da arte e non
como “suxeitos” activos, e dicir, como creadoras.
Non será ata os anos sesenta en que un
conxunto de críticas da arte e creadoras tenten refutar todas as “estupideces
varias” que se lle otorgaban ás mulleres artistas, ou as mulleres en xeral,
tales como: o cerebro pequeno (o que
lles impedía ter pensamentos racionais como os homes); a maternidade
(que inhibía supostamente outro tipo de creación); a pasividade (que formaba
parte do comportamento feminino) o que
as convertía en axudantes e seguidoras; e asimesmo unha serie de
características que atopábanse na arte das mulleres como as formas redondeadas,
cores suaves, exceso de adorno, sentimentalismo, debilidade no trazo, blandura
e tamaños reducidos, como seo feito de ser muller marcara todas estas
“categorías estilísticas”, que por outra banda pódense tamén relacionar co
moitos creadores masculinos ou estilos en xeral.
Autorretrato coa súa filla.
Vigée-Lebrun.1786
Aínda así houbo sempre
mulleres que adicáronse a arte de xeito profesional e que a finais do século
XVIII, ten en Vigée-Lebrun e Labille-Guiard exemplos moi claros de retratistas
que triunfaron na súa época e tiveron un gran recoñecemento non só de público
senon tamén entre os comitentes e mecenas. De feito, estas dúas artistas
viviron do seu traballo como retratistas en diversas cortes europeas. A profesora Amparo Serrano del Haro no seu
libro “Mujeres en el arte. Espejo y
realidad”, redefíneas como dous exemplos e paradigmáticos de dous tipos de artistas:
A pintora-narcisista (Vigée-Lebrun) e a pintora-profesora (Labille-Guiard). O
feito de nomear a estas dúas artistas polo seu apelido, o fago de xeito
intencionado pois pouca xente sabe o nome de Manet ou de Ingres.
Non si?
No hay comentarios:
Publicar un comentario