Na sala de exposicións da
Escola de Artes e Oficios de Vigo, temos unha nova mostra: PROXECTOS 2012-2013.
Esta exposición parte da posibilidade de desenvolver, durante un ano, un
proxecto de carácter persoal no que plasmar as aprendizaxes e inquedanzas do paso
do alumnado pola especialidade cursada na Escola, e que denominase AULA
ABERTA. Estes proxectos individuais, que
son previamente seleccionados polo mestre/a decada especialidade e supervisado
por el/ela durante o seu desenvolvemento posterior en réxime de titoría, pode
ter un carácter investigador, creador, de afondamento nunha técnica ou nunha
ide ou de experimentación con novos materiais.
No que atinxe a especialidade de Pintura,
presentáronse 6 proxectos, nos que a investigación e os materiais
extrapictóricos están moi presentes.
Estas son algunhas das fotos da
montaxe e da exposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario