O día 31 de maio de 1783, Vigée-Lebrun foi aceptada como
membro da Académie Royale de Peinture et
de Sculpture como pintora de alegoría histórica. Adélaïde Labille-Guiard
foi aceptada o mesmo día. Este feito tivo unha importancia trascendental para a
historia da pintura (dúas mulleres nomeadas o mesmo día), xa que Vigée-Lebrun
tivo dificultades para ser admitida por casar cun comerciante da arte e tivo
que ser o mesmo Luis XVI quen ordenara o nomeamento da artista previa
intercesión da raiña María Antonieta. Aínda así, admisión de dúas mulleres en
mesmo día suscitou comparacións entre ambas as dúas en vez de comparacións
entre membros femininos e masculinos e o feito de os cadros de ambas penduraran
xuntos é moi significativo.
Maria Antonieta cos seus
fillos.1787
Durante a revolución, a artista
monárquica exiliouse en diferentes países: viviu e traballou algúns
anos en Italia, Austria e Rusia, onde a súa experiencia en tratar con clientes
da aristocracia lle resultou útil. En Roma as súas pinturas foron acollidas con
grande aclamación e foi recibida na Academia dei San Luca. En Rusia pintou
numerosos membros da familia de Catalina la Grande. Durante a súa estanza
Vigée-Lebrun foi nomeada membro da Academia de Belas Artes de San Petersburgo. Durante
o goberno de Napoleón I voltou a Francia, porén, solicitada pola elite de
Europa, viaxou a Inglaterra a principios do século XIX e pintou os retratos de
varios notables británicos incluíndo a Lord Byron. En 1807 viaxou a Suíza e foi
feita membro honorario da Societe pour
l'Avancement deas Beaux-Arts de Ginebra.
Retrato de Lady Hamilton
como bacante. Ca 1790
Publicou as súas memorias entre os anos 1835 e
1837, a instancias da condesa Dolgoruki e nelas amosa unha interesante perspectiva
da formación dos artistas ao fin do período dominado polas academias reais. Adquire unha casa en Louveciennes, Île-de-France,
e segue pintando nela ata que o exército prusiano a tomou
durante a guerra de 1814. Viviu en París ata a súa morte o 30 de marzo de 1842,
deixando como legado unha obra de 660 retratos e 200 paisaxes. O seu corpo foi
levado de volta a Louveciennes onde foi enterrado nun cemiterio preto do seu
antigo fogar.
Na súa lápida lese o
epitafio "Ici, enfin, je repouse...”
No hay comentarios:
Publicar un comentario