Kay Sage
A obra de Sage posúe unha forza que
impresiona, e son os cadros máis
abstractos dentro do surrealismo que adoptou a figuración simbólica como clave
da linguaxe do insconcente, porén cunha predilección polas formras afiladas
e espinosas, áreas pizarrosas e unha luz que dalle as súas paisaxes un aire de
valeiro e abandono en verdade impactante, superficies nas que a figura humana
desaparece as veces para deixar paso a teas que se retorcen e arquitecturas
imposibles.
Este é outro día. 1949
Mañana Señor Silber. 1949
Pequeno retrato. 1950
Home traballando. 1951
Xoves inusual. 1951
Según Mónica Ceño, no catálogo de
AMAZONAS del Arte Nuevo: “Lo que
realmente protagoniza la pintura de Kay Sage es el silencio, la quietud, la
calma que precede a la tormenta y que, llevada al extremo, acaba resultando
siermpe inquietante. Desde otro punto de
vista, fue pintado en 1944. Sage siempre retendría en su memoria un viaje que
hizo a los nueve años con su madre a Egipto, donde la imponente quietud de las
pirámides se le reveló en toda su magnitud. La otra experiencia que la marcó
fue su estancia en san Fancisco en 1908, tras el terremoto que asoló la ciudad.
Ruinas, fragmenttos, piezas rotas de lo que fue, quedaron grabados en su retina
para después aparecer en su pintura. Impregnada de poética y desolación, su
obra refleja un mundo que Sage consideraba inhóspito…”
Ao contrario. 1952
Guión. 1954
Non pasar.1954
O paxaro na porta. 1955
Tomorrow is never. 1955
De feito, a súa obra
meticulosa, lenta e perfeccionista no trazo da súa pintura, presenta nos
seus andamiaxes, as súas cores: azul e gris, unha sorte de tristura, son as
cores do silenzo, da quietude, dun mundo invadido de valeiro e abandono. “El
pasaje” tras a muerte de Tanguy, en 1955, cun autorretrato ante un
futuro incerto e desolado, é coma unha premonición do silenzo futuro da súa
morte.
A pasaxe. 1955
Cando Tanguy faleceu en 1955, Sage quedou profundamente
afectada. Cada vez pintaba menos obras. Aínda que a relación que tiveron ambos
foi brutal ás veces, para ela, Tanguy era o único que a comprendía e por iso
cando o pintor morre dun infarto ela queda afundida e devastada, recluíndose na
súa casa, deprimida. Ao mesmo tempo ten problemas coa súa vista o que a obrigou
a operarse varias veces. Deixou de pintar pero, a cambio, realizou o catálogo
razoado da obra do que fose o seu marido e escribiu poesía. Publicó cuatro volúmenes de poesía que reflicten
a súa negativa visión do mundo. En 1956 diagnosticaronlle cataratas e dous anos
máis tarde deixou de pintar. Algúns falan da importancia de Tanguy na vida
de Sage, e de como a súa amorte afastouna da pintura, maís iso non é certo,
pois no ano 1961, aínda que cunha visión moi mermada, a artista fai unha
exposición na galería “Viviando” de Nova
York, no que presenta diversas construccións
tridimensionais feitas con arame, pedras e balas, xunto cun libro de poesías
“Your move”. Tivo un primeiro intento de suicidio errado en
1959. O seu segundo intento conseguiuno o 8 de xaneiro de 1963, tres días
despois do aniversario de Tanguy (o 5 de xaneiro). Tiña 64 anos. As súas cinzas
foron esparcidas na costa de Bretaña, xunto coas do seu marido. Quizais inevitablemente,
os críticos han ter a tendencia de situar as pinturas de Sage á sombra das do
seu marido Yves Tanguy. Porén,
iso non é totalmente certo, pois as
formas ovales, xeométricas, paisaxes desertas e formas humanas envoltas en teas
drapeadas, composicións resoltas en liñas diagonais, son dunha orixinalidade
real, e os ingredientes moi pouco coñecida e da que apenas hai información
aínda que, actualmente, está obtendo o seu merecido recoñecemento.
Variación constante. 1958
A resposta é non. 1958
Mirando o reloxo. 1958
BIBLIOGRAFÍA
Marián
L.F.Cao: Creación artística y mujeres.
Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick,
Whitney: “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas,
Karin: Estilos de las artes plásticas en
el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo
Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta
Grosenick, Colonia) 2001
Sage na rede:
No hay comentarios:
Publicar un comentario