Natureza morta. Óleo sobre lenzo. 1957
Como traballo final da técnica de pastel o
alumnado de primeiro curso, estudou a
obra de Giorgio Morandi, artista italiano da primeira mitade do século XX, quen
na súa primeira etapa seguiu aos
futuristas e ao movemento Novecento italiano, tras establecer contacto
con Boccioni e Carrà, participando na exposición futurista celebrada no Pazo Baglioni de Bolonia, e na mostra Libera
Futurista de Roma. Influenciado nun principio por Giorgio de Chirico pouco a pouco
ou seu estilo foi definíndose e independizándose del para realizar unha obra
que ten como parte esencial da súa iconografía os utensilios da vida cotiá:
vasos, botellas ou caixas. Ditos obxectos, colocados sobre unha mesa, se
convertiron nos protagonistas dos seus cuadros, amosando a súa admiración por
Cézanne na elección de sinxelos bodegóns
como medio de expresión da súa pintura.
O alumnado tras visionar e estudar a obra de
Morandi, realizou bodegóns baseados no seu estilo, pero empregando a técnica do pastel, no que tivo en conta: como
colocaba os obxectos sobre a mesa, os distintos tipos de composicións
empregadas polo artista, o seu xogo de sombras (potentes ou falsas), o emprego
de gamas moi reducidas co predominio dos grises, as perspectivas falsas que as
veces comprimen os obxectos no espazo e a fusión de obxectos.
Esquema explicativo sobre as características do artista
PEZAS REALIZADAS POLO ALUMNADO
No hay comentarios:
Publicar un comentario