Autorretrato de Susi, detrás, na parede o autorretrato de Ángeles
COMO REALIZAR UN
AUTORRETRATO: Diversos xeitos de
encaixar o retrato no soporte.
O alumando de terceiro curso traballou nos
dous primeiros trimestres deste curso, coa técnica do óleo. A proposta
presentada na aula, consistía na realización
dun autorretrato a partir dunha fotografía e do estudo dun determinado pintor ou
pintora na que o alumnado tiña que inspirarse para realizar a súa obra.
Tras varias sesións nas
que na aula estudouse a técnica do óleo
e os seus distintos procedementos: veladuras, impastos, restregados, frotis, sfumato, pintura “Alla prima” e pintura
de secado lento, rematamos coa visualización de moit@s artistas que realizaron
diversos autorretratos ao longo da historia, para posteriormente estudar os
distintos pasos a dar para debuxar unha cara en distintas posicións.
María
Escollid@ @s artistas n@s que fundamentarían o
seu traballo, elixiron unha fotografía que ampliaron a un formato A3, para
traballar con maior facilidade. Estes foron os pasos:
-Estudo de técnicas ao
óleo.
-Visualización de distint@s
artistas e recollida de datos sobre el@s tanto nas redes como na biblioteca.
-Estudo de mestura de
cores ao óleo a partir de tres cores básicas: carmín, azul de prusia e amarelo
de cadmio.
-Fotografía persoal.
-Escolleita d@ artista
para realizar o autorretrato “a la
maniera de”, sen imitar, máis tentando captar o seu estilo.
-Realización de diversos
bocetos sobre como realizar un retrato en distintas posicións e estudo de
bocas, ollos, orellas, pelo e óvalo facial.
Marga
Sofía
Estes son algúns dos resultados.
Santiago
Santiago, realizou o seu
autorretrato baseándose na estética de Edward Hooper, coñecido pola súa pintura
nítida e limpia, organizada nunha composición espacial ordenada.
Sofía escolleu unha litografía de Picaso e foi quen de traspasar
as tintas planas ao óleo, nun autorretrato de factura perfecta.
Eugenio realizou o seu
autorretrato inspirándose na pincelada agresiva e empastada de Van Gogh.
María Rivilla, escolleu a
Tamara de Lempicka, traballando cunha pincelada pulida e marcados contrastes de luces e sombras.
Cristina, estudou a estética dun artista galego, Laxeiro, na que as cores terra e o modelado da liña reflicten moi ben o espíritu do artista de Lalín.
Margarita, tivo como referencia unha obra de Andy Warhol, da vocalista do grupo Blondie, Deborah Harry, realizada en 1980 acrílico e serigrafía de tinta sobre lenzo.
Cristina, estudou a estética dun artista galego, Laxeiro, na que as cores terra e o modelado da liña reflicten moi ben o espíritu do artista de Lalín.
Margarita, tivo como referencia unha obra de Andy Warhol, da vocalista do grupo Blondie, Deborah Harry, realizada en 1980 acrílico e serigrafía de tinta sobre lenzo.
No PHOTOPEACH, están todos os autorretratos.
AUTORRETRATOS EN ÓLEO on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario