“Toda la pintura es
erótica. Ese erotismo no tiene necesariamente que estar en el tema. Puede estar
en la forma con que se pinta un ropaje, en el diseño de una mano, en un
pliegue”.
LEONOR FINI
Autorretrato do 1938
A súa pintura
a medio camiño entre a decadencia dos prerrafaelitas e a aguada expresionista,
está poblada de mundos oníricos, con mitos como a esfinxe, e a fada como
ser ambigüo mitade anxo, mitade besta. A serie de “meigas” de grabados confirma
o seu virtuosismo técnico e ten traballado asimesmo en numerosos decorados de
teatro e ballet. Como outras artistas surrealistas, adquiriu coñecementos
teóricos e prácticos en grados diversos. Traballou con moita meticulosidade,
pois aínda que cunha imaxinería moi fantástica e persoal, posúe a precisión e o primor dunha ilustradora, facendo case
investigación cientifica maís que creativa, o cal sitúa a esta artista
entre as máis interesantes da corrente surrealista. Obras de Fini, con osos e
vexetación descomposta -Sphinx Regina(1946)-
redefinen o espazo en que se moven as mulleres artistas entre o mundo de
ciencia e arte.
Sphinx Regina.1946
Nacida en Bos Aires, filla de orixe alemá Malvina
Triestina Braun Dubich e pai arxentino nativo en Benevento. O seu pai abandonou
a familia cando Leonor aínda era moi cativa. En 1909, eles se mudaron para
Trieste para vivir co seu tío Ernesto Braun. Coma o pai ameazou con secuestrala, a súa nai a vestía
coma se fose un neno. A familia Braun estaba moi ligada ao mundo da cultura de
Trieste: Italo Svevo, Umberto Saba e James Joyce. Ela asistiu a diversas
escolas e institucións escolares que abandona sucesivamente polo que a súa formación é totalmente autodidacta.
Polo que, sen dúbida, a dificultade de identificar unha corrente particular de
arte contemporánea, a súa evolución foi especialmente marcada pola súa elección
persoal e as súas propias afinidades ao seu "museo imaxinario".
A tentación.1025
A visita. 1925
Maternidade. 1932-34
Muller vestida. 1938
Retrato de Meret Oppenheim. 1938
Entreacto de A apoteosis. 1939
A operación. 1939
Realiza a súa primeira exposición á idade de
dezasete anos, en Trieste, nunha colectiva e, á vez, durante
unha estancia en Milán, coñeceu a Funi, Carra e Tosi e descubre a Escola de Ferrara, e o manierismo italiano, realizando
asimesmo os seus primeiros retratos por encargo. En 1924 mudouse para Milán e despois a
París para continuar traballando como artista. Instalouse en París, onde presentou, o ano seguinte, a
súa primeira exposición individual na galería Bonjean. Na capital francesa,
entrou en contacto con outros artistas como Paul Éluard, Henri Cartier-Bresson
(quen a fotografía espida en 1933), Max Ernst (que converteuse no seu amante), Georges Bataille, Picasso,
André Pierre de Mandiargues, e Salvador Dalí. Entre as súas amizades estaban
tamén Jean Cocteau, Giorgio de Chirico e Alberto Moravia.
Mrs. H. 1941. Óleo sobre lenzo
Con todo, o paso de Leonor polo movemento surrealista foi
decrecendo, debido á actitude intolerante do seu máximo “Papa”(como ela mesma o
denomina nunha entrevista), André Breton, aínda que iso non lle impediu
participar en diversas muestras surrealistas en Londres(1936), Nova Yorke
(1936) e Tokio (1937). Ainda así, Leonor nunca
sentiuse identificada totalmente co movemento, tanto por motivos persoais como
artísticos, pois aínda que traballa cunha imaxes totalmente libres e
participa un tanto dos principios estéticos do movemento, ela decidiu manter a
súa independencia, tanto a nivel plástico como a niveis técnicos. Así, na obra de Fini hai pouco de
"automatismo psíquico", que era a pedra angular do movemento
surrealista; pola contra, a súa independencia permitiulle refuxiarse nun estilo figurativo, cun forte compoñente de
soño, en pezas nos que o seu gusto pola pintura lisa, limpa, como a dos
antiguos manieristas que tanto gustábanlle queda moi patente.
Stella snead Anima kingdom.1946
Le fils du maçon. 1950
Dans la tour. 1952
Nunha entrevista que Leonor fixo para unha
revista feminista catalá, explica que non soportaba o mundo elitista dos
surrealistas, pois ela, que era mixtura de distintas razas e creencias, non tiña a mentalidade
surrealista, recoñecendo explícitamente a pouca simpatía que Breton lles tiña a
ela e a súa grande amiga Carrington.
En 1936 fixo a súa
primeira viaxe a Nova York, onde expuxo na Galería Julien Levy e participou da
famosa "Fantastic Art, Dada e
Surrealismo" exposición no Museo de Arte Moderna e, en 1939,
organizado polo seu amigo Leo Castelli nunha exposición de artistas surrealistas,
con Dali, Meret Oppenhein e Max Ernst na Galería René Drouin, Place Vendôme.
Coa chegada da Segunda Guerra Mundial, Leonor deixa París co seu amigo Mandiargues e pasa parte do verán de 1939, en compañía de Max Ernst e Leonora Carrington na casa en Ardeche, e logo vive unha tempada na casa de Arcachon de Salvador Dalí. En 1940, vive en Monte Carlo, onde pintou sobre todo retratos, unha actividade que continuou ata principios dos anos sesenta, e pintou sobre todo retratos de amigos como Jean Genet, María Félix, Anna Magnani, Margot Fonteyn, Alida Valli, Suzanne Flon Silvia Monfort e Leonora Carrington.
Retrato da princesa Nawal Toussoun.1952
A gardiana do fénix. 1954
A gardiana do ovo. 1955
Gardián do dragón. 1958
Retrato de Ana Magnani. Acuarela,1960
No hay comentarios:
Publicar un comentario