O alumnado de segundo
curso ten realizado no segundo trimestre diversas pezas, sobre a abstracción
expresiva e lírica, a partir dos diversos recursos aportados na aula, e tras
ter feito diversos traballos teóricos e de investigación sobre divers@s
artistas, para coñecer o seu estilo e o xeito no que se enfrentan ao lenzo e aos
distintos soportes. Estas son as súas aportacións en distintos formatos,
soportes e procedementos ao proxecto.
Pepe fracendo un dripping
Foi de moita importancia o traballo cos distintos
soportes e procedementos que ofrece o acrílico como medio de expresión:
veladuras, cor opaco, debuxo con liña, tinxido do lenzo, sgrafitto, dripping,
deccalcomanía, frottage, impasto e
pincel seco.
Yolanda e os bocetos
Rosa empregando a espátula
Os útiles a empregar tamén foron moi
importantes:
-Pinceis: Pódense utilizar
tanto pinceis de pelo suave como de cerdas, estes son particularmente adecuados
para os traballos empastados, e os
traballos a gran escala.
- Brochas.
- Rasquetas e ESPÁTULAS,
de texturas, metal e plástico.
- Rodetes.
Ramón realizando un boceto
Carmen e Paco
No PHOTOPEACH, fotos
dalgunhas das pezas realizadas con distintas técnicas en acrílico e en diversos formatos e soportes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario