“I think my perspective idea of distance and going way is from my formative years in the Roman countryside. There is always that long road and the feeling it gives that it goes a long way, and living near the Mediterranean, the sea and the boats, the feeling of the sun.”
Kay Sage
Katherine Linn Sage (25 de junio de 1898 - 8 de enero
de 1963), coñecida polo nome artístico de Kay Sage, foi unha artista e poeta
surrealista. De novo
nos atopamos con outra muller artista adscrita ao Surrealismo
pero cun traballo que foi comparado coa obra do seu compañero de movimiento e
posterior marido, Yves Tanguy ou co pintor metafísico Giorgio de
Chirico. Como si a súa obra non tivese entidade propia.
Kay naceu en Albany, Nueva York, segunda filla
dunha familia de clase media alta, o que facilitoulle a boa formación na
Foxcroft School, en Virginia, onde coñeceu a súa grande amiga Flora Payne
Whitney, herdeira das fortunas Whitney,
Payne y Vanderbilt, e unha das fundadoras do Whitney Museum. Pasou a súa mocidade viaxando por Europa coa súa nai, unha muller
de espíritu libre, con amplos recursos económicos o que lle permitiu coñecer a
arte que nese momento facíase na vella Europa aprendendo a pintar e asistindo a
clases. Formada pois, en colexios americáns e europeos, asistiu anos máis tarde
á Corcora School of Art de Washington.
Durante a Primeira Guerra Mundial traballa como traductora na oficina do censo
de Nova Yorke. E no ano 1920 vaise a Roma a estudar pintura na Libera Accademia di Belle Arti.
A miña habitación ten dúas portas. 1939
Non teño ningunha sombra. 1940
Perigo. construcción. 1940
Sage establecida en Rapallo, Italia,
coñece en 1924 coñece ao Príncipe Ranieri di San Faustino, un noble italiano
que se converteu no seu primeiro marido. Porén, a vida de rica ociosa non lle
gustou; e tras 10 anos de vida entre a
alta sociedade separouse do seu home para mergullarse de novo no mundo da arte. A finais dos anos 20 trasládase a París
onde coñece aos membros do movemento surrealista entre os que non tivo unha
boa acollida, quizais debido ao seu pasado aristocrático como "princesa
San Faustino”.
Estudo para unha carta do Tarot. 1940
Estudo para unha carta do Tarot. 1941
Comeza a pintar en 1936 e celebrou a súa primeira exposición individual en la Galleria del Milione en Milán, onde
amosou as súas obras iniciais, inscritas dentro da abstracción xeométrica.
En 1937 hai un cambio de rexistro na súa forma de traballar ata unha pintura
onírica con misteriosos obxectos de difícil interpretación. A finais dos años
treinta, a iconografía das súas pezas, moi relacionadas coa pintura de De
Chirico, incluía elementos como o ovo, a
rampa inclinada, portas con grandes arcadas, sombras proxectadas diagonalmente
na distancia e figuras enroladas con teas. Este cambio, según algún
críticos e críticas da arte ten moita relación coa amizade que no ano 1937
iniciaría con Kurt Seligman e
a súa mujer Arlette, e que reforzaríase
probablemente coa visita á Exposición Surrealista Internacional de 1938 onde
coñecerá a estética Metafísica de Giorgio de Chirico coa súa pintura figurativa
de melancólicos paisaxes urbanos, valeiros e misteriosos. Maís foi no 1937
cando coñece grazas ao seu amigo Heinz Henghes a Ives Tanguy con quen comenza
unha relación sentimental.
S/T. 1941
Os catorce puñais. 1942
Máquina de sangue. 1942
Marxen de silenzo. 1942
ST/. 1942
Ao estalar a II Guerra Mundial, Kay Sage vaise
a EEUU axudando a moitos dos seus amigos e amigas a deixar Europa incluíndo a
Breton, Lamba e Matta. Tanguy tamén a seguirá unha vez é declarado non apto
para o exército. Non está claro cando comeza a relación con Tanguy aínda que si
que é posterior á relación que tivo con Peggy Guggenheim. En 1940 Sage e Tanguy
casarónse con gran desgusto de Breton, en Reno, Nevada o 17 de agosto de 1940.
Logo da guerra, a parella
comprou un vella granxa en Woodbury,
Connecticut e convertérona nun estudo de artistas, neste lugar pasaron o resto
da súa vida, pintando e desenvolvendo a súa vida artística.
Estudo para A cara Oculta. 1943
A cara Oculta. 1943
A viaxe de ida. 1943
Demasiado cedo para o trono. 1943
Ese mesmo ano celebrou a súa primeira
exposición en América, na Pierre Matisse Gallery de Nova York. Soubo crear un universo onírico dunha gran riqueza
iconográfica, din que chegou a superar ao propio Tanguy; aínda que, como en
tantos outros casos, a súa obra quedaría sempre eclipsada pola fama do seu
home. En 1947, xunto a Tanguy, Arp, Duchamp, Matta e Giacometti, entre outros,
tomou parte na última gran exposición do surrealismo, organizada por André
Breton e Marcel Duchamp na Galerie Maeght en París. En 1950 expuxo na Catherine
Viviano Gallery de Nova York, onde volveu mostrar as súas obras en 1952, 1956,
1958, 1960 e 1961.
Desde outro enfoque. 1944
Vin tres cidades.1944
No terceiro soño. 1944
A parte superior do ceo. 1944
Os sete durmintes. 1947
Caraváns de estorninos. 1948
Os unicornios baixaron ao mar. 1948
No hay comentarios:
Publicar un comentario