A
pintora e artista gráfica Ángeles Santos,
nace en Portbou o 7 de novembro de 1911 e morre en Madrid o 3 de outubro de 2013. As súas primeiras obras teñen influencias
tanto do surrealismo como do expresionismo, para posteriormente traballar
dentro dunha estética postimpresionista con temas de paisaxe e interiores. Irmá
do poeta e crítico de arte Rafael Santos Torroella, iniciouse no debuxo e a
pintura aos catorce anos durante a súa etapa colexial no internado das Escravas
Concepcionistas de Sevilla, é dicir comeza como outros artistas de súa época,
como por exemplo Dalí: autodidactas,
pertencentes burguesía e formados nun entorno cultural burgués no que podían
achegarse ás correntes vangardistas a través de libros e revistas. Aínda
asía súa obra estará considerada dentro dunha arte subxetiva, “feminina”, pola
crítica, cando en realidade foi unha artista que como tantas outras definiu un
estilo propio, sen calificativos.
Entre a
década de 1920 e 1930, ten ocasión de aprender co artista italiano radicado en
Valladolid Cellino Perotti e de coñecer ao pintor inglés, Cristóbal Hall, quen
dirixiu a Escola Pictórica na cidade Valladolid de tendencia figurativa,
moderna e próxima aos ideais da Xeración do 27, e sabemos tamén que Santos frecuenta o Museo de Escultura
interesándose polo estudo da forma e do volume.
Vaso de viño.1928
A Academia de la Purísima Concepción
impulsa unha exposición en outubre de 1928 de artistas vallisoletanos no
Círculo Mercantil á que foi invitada a participar sendo este o inicio da súa carreira como artista e
na que presentou unha serie de obras,
–retratos principalmente de crianzas e de persoas da súa contorna– nos que
residía unha sorte de inocencia estética, que aínda que non tiñan a forza das
súas obras posteriores tendían a unha
suxestiva e moderna pintura.
O tío Pepet. 1928
O meu irmá Rafael. 1928
O tío Simón. 1928
A tía Marieta. 1928
Nenos no xardín.1928
Segundo Josep Casamartina, a estética de Santos Torroella evolucionó de
xeito vertixinosa, entre o outono de 1929 e a primavera de 1930, afín aos
ideais propostos pola escola vallisoletana, ao que cabería sumarse a influencia das imaxes publicadas no libro
de Franz Roh “Realismo MáxicoPost Expresionismo. Problemas da Pintura
Europea máis recente”, libro de cabeceira de moitos creadores e creadoras de
época e que parece ser que tivo mita influencia nas primeiras obras de Santos,
pois según Casamartina, tanto Otto Dix,
como Tadeusz Makowski aparecen como referente en dúas obras da artista.
No Ateneo de Valladolid, en abril de 1929
expón o “Retrato de Marquesa de Alquibla” (1928) e “Autorrerato”, xunto co
lenzo “Tres cabezas de muller”, obra inicial onde as figuras deformes aparecen
ensimismadas nun ambente sombrío e que prefigura o que será a súa obra máis
importante: “Un mundo”.
Santos na inauguración do Ateneo de Valladolid.
Retrato da Marquesa de Alquibla. 1928
Autorretrato. 1928
Rúa de Alonso Pesquera en Valladolid. 1929
Rúa de Alonso Pesquera en Valladolid. 1929
Nena. 1929
Retrato de María Álvarez. 1929
Anita e as bonecas. 1929
Nena durmindo. 1929
A súa participación no IX Salón de
Outono de Madrid no ano de 1929, incrementou a súa fama e fixo que unha boa
parte da intelectualidade do país como Jorge Guillén, Ramón Gómez da Serna,
Manuel Abril, Juan Ramón Jiménez, Federico García Lorca, Guillermo Díaz-Plaja e
Joan Teixidor, entre outros, ficara impresionado pola súa proposta de raigame
surrealista e factura expresionista escribindo artigos sobre a súa
obra, polo que durante algún tempo a artista reside en Madrid e as obras
que realiza neses anos a artista atinaba a plasmar todo un mundo de quimérico
ensoño e fantasía, descubrindo a beleza en obras que aparentemente eran feas.
Boceto para "Un mundo". 1929
Un mundo. 1929. Óleo sobre tea
Santos pintou, aos 18 anos, “Un mundo”, óleo de gran formato que representa un
estraño planeta surrealista. A artista pintou “Un mundo” xunto a
“Faladoiro” entre abril e setembro de 1929. A peza “Un mundo” según palabras da
propia artista, foi inspirada por uns versos de Juan Ramón Jiménez: « vagos
anxos malvas / apagan as verdes estrelas / Unha cinta tranquila / de suaves
violetas / abrazaba amorosa / á pálida Terra». Para realizar este gran óleo, de
tres por tres metros, a pintora tivo que unir dous lenzos para conseguir a
superficie desexada. Os personaxes
femininos que poboan a escena rodean os costados dun globo terráqueo que perdeu
a súa condición orixinal para converterse nunha figura cúbica. En
silenciosa procesión, estas mulleres de
longos cabelos van iluminando as estrelas co lume previamente tomado do sol,
mentres nun dos ángulos do lenzo, outro conxunto de mulleres tocan instrumentos
musicais. Esta peza causou tal impacto que Gómez de la Serna, Guillén, Lorca e
o mesmo Juan Ramón Jiménez intercambiaron correspondencia coa artista e ata
desprazáronse a Valladolid para coñecela. En anos posteriores a artista, cun
aceno medio en serio, medio en broma cóntanos: "Cando pintei Un mundo e
Terra, lera nas revistas de arte sobre un tal Picasso e o cubismo. Simplemente
pareceume máis fácil pintar un planeta así, coas superficies planas no canto de
redondas. Era unha época, en 1929, na que se falaba moito de viaxar a Marte e
pinteino pensando que si conseguiamos chegar alí poderiamos ensinarllo aos
marcianos".
A terra. 1929. Óleo sobre lenzo.
"Faladoiro" titulado inicialmente “O
cabaret”, representa, dentro do conxunto de obras de Santos, a máis próxima á Nova Obxetividade alemá, por
estar máis impregnadas dunha frialdade e
magnetismo, no que respecta á influencia estranxeira, mentres que, os
modelos das figuras, de estética
estilizada e deforme, achéganse á obra do Greco, nun movemento sinuoso, cheo de
unha grande sensación de misterio. No cadro as mulleres aparecen
ensimismadas, sin comunicarse unhas coas outras, fuman, en actitudes
desenvoltas, e habitan nunha atmósfera que evocaría esa sorte de asfixia que
aparece nas obras de Balthus e doutros pintores vinculados a un tipo de pintura metafísica conectada co
surrealismo.
Faladoiro. 1929. Óleo sobre lenzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario