A Exposición Proxectos
2015 recolle os resultados materiais do traballo do alumnado da Escola de Artes e Oficios de Vigo que, unha vez rematados os cursos previstos no Plan de
estudos da súa especialidade, presentaron un proxecto para desenvolver unha
proposta artesana e/ou artística singular durante o curso 2014-2015, baixo a
titorización do profesorado de cada especialidade. Os proxectos presentados
este ano posúen unha particularidade, non tan presente noutras mostras: a
colaboración entre os distintos obradoiros, o
que lle confire unha maior singularidade e trasversalidade incidindo así
nun dos obxectivos formativos da nosa Escola.
Fotos da montaxe das pezas do obradoiro de Pintura
O alumnado de Proxectos na aula de Pintura
desenvolveu distintas propostas pictóricas que van desde a investigación coas
texturas e distintos materiais de Juan
M. Avendaño, quen traballou varias pezas onde o título O PROCESO E A
INVESTIGACIÓN COA TÉCNICA MIXTA está presente nestas pezas que, a partir de
moitos bocetos e debuxos previos, tivo como resultado varios lenzos con
elementos inusuais como lixa, cartón e madeira sobre óleo, que conforman unha
sorte de collage, ata o emprego do collage en gran formato de Teresa Romero, no que a ensamblaxe de
recortes de revistas, fotos de cadros e papeis, enxérganse coas técnicas de
acrílico, óleo e pastel, forzando o formato tradicional do collage sobre papel,
nunha horizontalidade que ten como soporte a madeira, na peza OS MARMURIOS DO
BOSQUE.
Juan M. Avendaño
Teresa Romero
O collage está presente tamén nas pezas sobre madeira de Uxía Rodríguez, quen aporta cos pezas
PELES, una nova visión á técnica mixta no emprego de peles de mamíferos -en
colaboración coa aula de Repuxado en Coiro- e de peixes, tratados previamente,
nos que traballou con distintos útiles en acrílico e técnica mixta. Do mundo do
collage participa tamén a proposta de Monique
Boeree, quen a partir de lembranzas e de fotos antigas recolle parte da súa
infancia -un barco no que viviu durante varios anos- a partir dunha visión da
paisaxe moi próximo ao seu compatriota Vincent Van Gohg, na súa peza O PASADO
CHÁMASE FUTURO, cun collage sobre papel.
Monique Boeree
Ben distintas son as propostas en óleo de Elena Riveiro, quen a partir de
distintas fotografías tomadas persoalmente e de bocetos en pequeno formato, nas
súas pezas MARIÑAS, o estudo da luz e a ausencia de figuras humanas, perto da
estética romántica, preséntanos distintas paisaxes mariñas onde a cor ten un
valor fundamental. Luz Sánchez
retrata tamén en óleo a contorna dunha vila, da que realizou tamén diversos
bocetos ao natural e distintas acuarelas, mais o emprego da espátula como útil
trazador, de aí o título da súa proposta, INVESTIGACIÓN SOBRE O TRABALLO CON
ESPÁTULA, ue fai que as súas pinturas, aínda que exentas de figura humana, nos
acheguen a un lugar cálido onde a luz xoga tamén un papel importante. O emprego
da espátula está tamén presente na proposta de Eva Romero, quen en OS ROSTROS
DE EVA, emprega o acrílico para amosarnos un xogo conceptual co expectador, na
representación de arquetipos femininos, establecendo un diálogo entre as deusas
gregas e as mulleres actuais, nesta peza na que o espazo en branco e o emprego
da espátula delimitan o espazo simbólico.
Clara Villar, traballa co concepto de pintura-pintura, na súa peza
ABSTRACCIÓN, DANZA, a partir de debuxos retomados de traballos que se fixeron
na aula de pintura, e que realiza en técnica mixta cunha gama cromática moi
reducida a que dota dun forte movemento, e na que a cor prata dálle unha nova
visión ás figuras.
Elena Riveiro
Luz Sánchez
Eva Romero
A ruptura tanto no emprego dos
materiais como na estética, está presente nas pezas de Marisa Codon, quen a partir do emprego do ready made, planchas de
caucho atopadas na rúa nas que o paso do tempo está moi presente, realiza un
conxunto de pezas no que a imaxe real e a atopada preséntanse como se dun
espello se tratase, e no que o concepto de instalación e de xogo co espectador
está moi presente, na súa proposta O DISCURSO VISUAL.
Fotos da inauguración
Marisa Codon
Fotos da inauguración
No hay comentarios:
Publicar un comentario