O pasado fin de semana no Museu Serralves fun ver no Museo Serralves de Porto, varias mostras: Helena Almeida "A MIÑA OBRA É O MEU CORPO, O MEU CORPO É A MINHA OBRA", "Como (...) coisas que nâo existem", exposición a partir da 31ª Bienal de Sâo Paulo e unha pequena mostra de libros de artista na biblioteca con pezas de Damien Hirst, Warhol e Dubuffet entre outr@s.
A exposición de Helena Almeida, que presenta a obra desta creadora que traballa na pintura, vídeo, debuxo e fotografía desde os anos 60 ata a actualidade, salienta a importancia do corpo, pois ela mesma é a protagonista das súas pezas, dun corpo que rexistra, ocupa e define o espazo.
Desde o inicio da súa carreira, Almeida investiga e cuestiona as disciplinas tradicionais rachando o plano pictórico e remexendo nos límites físicos das teas nos anos sesenta para posteriormente crear a través do debuxo e a fotografía "espazos habitados". Nos anos sesenta, nunha serie de teas que realiza durante os anos 1968-69, deconstrúe os soportes tradicionais, presentando teas enroladas, coma se fose unha estrutura que cede ante o seu propio peso ou facendo unha pintura-porta.
"Nunca fiz as pazes com a tela, o papel ou calquer outro suporte, Creio que o que me fez sair du suporte,através de volumes, fios e de miutas outras formas, foi sempre uma grande insatisfaçao em relaçao aosproblemas do espaço. Quer enfrentado-os, quer negando-os, eles têm sido a verdadeira constante de todos os meus trabalhos. Creio estar perto da verdade se disser que pintoo a pintura a desenho o desenho". (Helena Almeida)
S/T. 1968. Acrílico e soporte de madeira.

Nos anos setenta a artista emprega a pintura coma se fosen extensións do seu corpo, nun traballo performativo, ao mesmo tempo que realiza deseños de raigame escultórica con fío de crin de cabalo a pezas sobre papel e cartón.
Será a partir do ano 1978 cando Almeida introduce a fotografía como medio para explorar as lagoas entre a vida emocional interior e a viaxe exterior, para habitar dentro das súas obras, nunha proposta que nalgunhas pezas aparece cun forte dramatismo -"Ouve-me"-, mentres que noutras, sobre todo na década dos oitenta, as imaxes sofren un cambio de formato e escala, ata o ano 2006, nas que na serie "O abrazo", aparecen dúas personaxes que de costas a quen os mira se abrazan nun esforzo de aproximación dos corpos.
As pezas que aparecen na mostra "Como (...) coisas que nâo existem", inclúe obras que estiveron na última Bienal de Sâo Paulo, en moitos casos feitas especificamente para a Bienal, máis esta mostra non é unha repetición da Bienal senon unha forma renovada que altera as pezas debido ao cambio de ubicación.
Finalmente, na biblioteca do museo, diversas pezas de vari@s artistas, en relación ao LIBRO DE ARTISTA, rematou a miña visita.
Debuxo habitado. 1975. Fotografía, tinta chinesa e crin de cabalo
Será a partir do ano 1978 cando Almeida introduce a fotografía como medio para explorar as lagoas entre a vida emocional interior e a viaxe exterior, para habitar dentro das súas obras, nunha proposta que nalgunhas pezas aparece cun forte dramatismo -"Ouve-me"-, mentres que noutras, sobre todo na década dos oitenta, as imaxes sofren un cambio de formato e escala, ata o ano 2006, nas que na serie "O abrazo", aparecen dúas personaxes que de costas a quen os mira se abrazan nun esforzo de aproximación dos corpos.
Ouve-me. 1979. Proba de xelatina e sal de prata
Ouve-me. 1979. Proba de xelatina e sal de prata
Main traversée par les mots d´un livre. 1980. Papel e fíos de crin
Saída negra. 1989. Papel xaponés e fíos de crin
Saída negra. 1995. Fotografía
O abraço. 2006 (Detalle de peza de 7 elementos)
As pezas que aparecen na mostra "Como (...) coisas que nâo existem", inclúe obras que estiveron na última Bienal de Sâo Paulo, en moitos casos feitas especificamente para a Bienal, máis esta mostra non é unha repetición da Bienal senon unha forma renovada que altera as pezas debido ao cambio de ubicación.
Éder Oliveira. S/T. 2015
Qiu Zhijie. Maps. 2015
Grupo Contrafilé, Sandi Hilal & Alessandro Petti. Mujawara de Árvore-Escola. 2014-15
Voluspa Jarpa. Historias de aprendizagem. 2014. Placas de acrílico recostadas
Walid Raad. Cartas ao lector. 2014
Edward Krasinski. Obxecto no espazo. 1964-65
Tony Chakar. sobre outros mundos que están neste. 2014
Anna Boghiguian. Cidades á beira do río. 2014. Técnica mixta sobre papel
Finalmente, na biblioteca do museo, diversas pezas de vari@s artistas, en relación ao LIBRO DE ARTISTA, rematou a miña visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario