A
forma na que se aplique a cor sobre o soporte pode alterar o seu efecto
cromático, que depende sempre da cantidade de luz coa que vexamos unha pintura.
Quen observa recoñece a cor dun obxecto cando ten luz para identificalo.
Obra de Carmen Hermo
Pasaremos agora a falar de importantes
aspectos con referencia a cor: SATURACIÓN, MATÍZ, LUMINOSIDADE e OPACIDADE.
As cores
teñen matices, aínda que existe unha denominación xenérica, pero tamén
debemos ter en conta o concepto de tendencia (define máis a exactitude dunha
cor), pois un cor pode ser laranxa
(denominación xenérica) pero tender ao amárelo ou ben ao bermello (matiz). O
matiz pode referirse tamén ao grao de intendisade da cor.
A partir dunha cor, pódense tornar a esta tons
en opaco, engadindo branco no caso do óleo e acrílico, e auga no caso da
acuarela. O que ocorre no caso do óleo e acrílico e que ao engadirlle branco a
intensidade disminúe, e perde SATURACIÓN.
Saturación e intensidade se relacionan
coa forza da cor e a súa luminosidade.
David Hockney
Os pasteis, por exemplo, teñen a carga de branco necesaria
para obter un ton concreto.
Con respecto as gamas (gama=sucesión ordeada
de cores), unha gama tonal é unha
sucesión ordenada de tons dunha mesma cor.
A Pintura
MATE é a que non reflicte a luz, aínda que unha cor pode ser brillante pero
non ten porque ser luminosa. O mías luminoso é o AMARELO (aplicase moito na
acuarela debido a súa luminosidade), porén o amárelo no caso do acrílico ten a
necesidade de que se lle dean varias capas para que a pintura colla forza, pois
non tinta moito.
M.A. Rodríguez Silva, Figura amarilla de cadmio.2013. Óleo e pigmentos sobre acero cortén
-O
AZUL DE PRUSIA e o TERRA DE SOMBRA TOSTADA, teñen unha grande capacidade de
tinción. As cores MATES son máis apagadas
que as brillantes, como as cores rotas ou quebradas, que teñen menos
luminosidade e son menos saturadas que as cores puras.
-Os
AZUIS de PRUSIA E INDIGO, teñen moita capacidade de TINCIÓN.
-En
canto as CARNACIÓNS, incorpora a tierra de SIENA quemada e o óxido de ferro
bermello, ao que se lle pode incorporar o AMARELO DE NÁPOLES.
Antón Pulido. Camiñante
En
canto a OPACIDADE E TRANSPARENCIAS DAS
CORES (ÓLEO, en xeral e tamén para o acrílico)
Cando se mixturan cores trasparentes entre si,
resulta opaca a cor resultante, maís se un opaco ou semiopaco se engade a un
transparente, perde a transparencia.
CORES MÁIS OPACOS:
-Negros
(no óleo non se emprega fara facer mezclas)e grises. En acrílico a forza do
negro, por contraste coas demais cores, fai que sexa moi empregado polas
vangardas.
-Bermello
cadmio e púrpura.
-Amarelo
de cadmio.
-Ocres.
-Azuis
(nos que interveñen pigmentos brancos).
-Verdes
nos que interveñen pigmentos brancos e amárelos.
-Branco
de TITANIO E de ALBAYALDE, uso moi xeneralizado, tamén emprégase o amarillo
brillante (Zink Weiss) pois aínda que é luminoso e quente, serve para ACLARAR
cores, aínda que non sexa branco.
Con respecto ao BRANCO:
-Non
debe empregarse para rebaixar a intensidade dun cor, pois reduce a saturación e
APAGA AS MEZCLAS E AS AGRISA.
-Aplicado
no óleo posúe o secado máis lento de todas as cores, e se aplicamos húmido
sobre húmido as veces fúndese. Tamén debemos ter coidado coas capas grosas,
pois ás veces CUARTEA.
-De
feito, a creación de tons en opaco, por adición de branco, posúe limitacións
con algunas cores.
Palazzuelo. Oin III. 1997. Augaforte
Kandinsky
CORES TRASPARENTES:
-Carmín
e laca carmín.
-Amarelo
Hansa, laranxa.
-Púrpura
e violeta (permiten elaborar extensa gamas tonais mixturado con blanco, en
poca cantidade.)
-Azuis
intensos (o azul cobalto emprégase para facer sombras luminosas).
-Verde
ftalo, esmeralda e vexiga (cor quebrado no que intervén o bermello).
-Terras.
Kandinsky
W. Turner
Páxinas web que falan do emprego da cor:
No hay comentarios:
Publicar un comentario