AS ACROMÍAS
NEGRO
Obtense
a partir do carbón vexetal. O
negro carbón, foi usado como pigmento
negro desde a prehistoria, igual que os óxidos de ferro, que producen unha
ampla variedade de cores. Dous exemplos son o ocre vermello e o ocre amarelo, que son minerais naturais.
Iride negro. 1926. Georgia O´Keeffe.
Constructivo
en blanco y negro "TBA”, obra de 1933, pódese considerar unha síntese das ideas
de Joaquín Torres García sobre a arte (Montevideo, Uruguay, 1874 – 1949) pois
nesta peza reduce a forma dos obxectos
as súas partes esenciais como xeito de pasar do concreto ao absoluto, en
relación tamén coa sobriedad das sua gama cromática.
O
BRANCO
Minerais
Branco
natural, está formado por carbonato de calcio, ou o que é o
mesmo, tiza, ou creta, o pigmento branco máis antigo da terra. O nome procede
da illa de Creta, xa que esta illa consta, no seu maior parte, de rocas
calizas.
Na natureza, ademais da tiza, tamén se orixinaron outros pigmentos minerales de cor branca:
Na natureza, ademais da tiza, tamén se orixinaron outros pigmentos minerales de cor branca:
Caolín:
tamén coñecido como terra de porcelana chinesa.
Branco
de España: que é unha especie de ieso. Estes brancos véñense
usando desde que o home empezou a pintar por primeira vez.
Os pigmentos minerales de orixe natural teñen
o incoveniente de volverse máis transparentes canto máis algutinante necesítese
para obter unha pintura coa que se poida traballar ben. Canto menor é o poder
cubriente, menos branca é a cor. En pintura ao óleo, perden ata case todo o seu
poder cubriente e o branco vólvese gris.
Sintéticos
O primeiro pigmento branco
sintético foi o branco de plomo,
descubriuse no 4.000 a.C. polo que é o
pigmento máis antigo que se obtivo de forma artificial. Poñendo o metal en
contacto co vapor dun líquido acedo como o vinagre, producíase unha reacción
química que transformaba o plomo nun carbonato de plomo básico, que cubría o
plomo cunha capa branca. Ao rascar dita capa, obtíñase un po branco, que era
moi cubriente ata en óleo, obténdose unha pintura excelente. O único problema e
que é altamente tóxico, o que provovou o envenenamento de moitas
mulleres, que o empregaban como producto de beleza, ata o século XIX.
La maja vestida. Goya. 1798-1805
Condesa de Chinchón. (detalle) Goya. 1800
Ata mediados do século XIX, momento en que se
descubriu o branco de cinc, o branco
de plomo foi o pigmento branco máis importante que era demasiado caro para
competir co branco de plomo. O branco de cinc, parece non ser pernicioso para a
saúde humana, máis as características de ambos difieren en gran medida. O branco de cinc é transparente e o seu tonalidade
é fría (moi axeitado para as transparencias ou
veladuras), mentres que o
branco de plomo é cubriente e o seu tonalidad é cálida. Non foi ata o
século XX, cando se descubriu o branco
de titanio, unha cor inocuo con gran
poder cubriente e tonalidade cálida.
White flower on redearth.Georgia O´Keeffe. 1943
O branco titanio é un dos mellores
pigmentos brancos, posúe o maior poder
cubrinte e colorante, en comparación ten
o dobre da opacidade do branco de plomo;
tamén a su estabilidade química é excepcional. Se obtiña este material dos
minerales rutilo (dióxido de titanio) y anatasa, máis non foi presentado como
pigmento ata que se superaron as súas
dificultades técnicas. No ano 1921 as
empresas estadounidenses e noruegas comezaron a súa producción para pintura.Na actualidade emprégase na pintura ao óleo o branco de titanio e algo de branco de
zinc. Do branco de titanio existen moitas variedades en canto a pureza, sendo
este opaco e cálido, e o de zinc
transparente e frío, cun tempo de secado moito máis longo que o de
titanio.
Emprego do branco en Van Gogh: na obra "Os comedores de patacas" (1885) o branco, así como os ocres, as terras e o negro, persigue os efectos de luz máis que a riqueza cromática, nunha paleta na que os ocres e terras son as dominantes e o branco serve pra resaltar as zonas de luz.
En “O tío Tanguy” (1887), o branco serve xunto co ocre, verde e terras para superpoñerse e entrecruzarse para formar a carne, as rugosidades e a tensión das mans.
O
GRIS
É a denominación común das
cores acromáticas cuia luminosidade está comprendida entre a máxima (branco) e
a nula (correspondente ao negro), aínda que se aplica especialmente aos de
luminosidade media.
No traballo con pigmentos
ou tintes é sinxelo crear gris acromático mediante a adición de branco e negro,
ou mediante a dilución parcial da cor negra sobre un soporte branco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario