Mater Gallaecia. 1961
Nos ANOS SESENTA: a Pintura é plana con
fortes contrastes de cores moi vivas e grafismo que tende á abstracción.
CARACTERÍSTICAS:
-Achégase á abstracción, de impronta cubista, que
progresivamente vai independizándose.
-Grandes planos de cor, moi vivos.
-Xogo
de liñas curvas que serven para modelar
as formas e ao mesmo tempo son independentes.
O nacemento doTeatro arxentino. Mural. 1960
Nos anos sesenta debido aos descubrimentos
técnicos que lle proporcionan a realización de murais levaranlle a expresarse
por medio dunha pintura plana de fortes
contrastes de cor e dun grafismo que se superpone á obra pictórica, liñas e
planos de correlaciónanse entre si, cargando a súa obra de gran forza
sintética, levándoa cara a unha deconstrucción da imaxe, pois nestes anos
Seoane reproduce representacións humanas, tema esencial da súa obra, hieráticas e que se reducen a esquemas
figurativos, de contido simbólico, de enorme poder de suxestión, nunha obra
xa totalmente de madurez. De feito, incorpora tendencias de vangarda con
influencias de Picasso, Leger, Matisse e Klee, nunha evolución da súa pintura
que reduce á forma a esquemas fundamentais, eliminando a liña e integrando a
figura nun fondo de cor. Aparecen tamén círculos, espirais e símbolos
xeométricos, inspirados nos petroglifos.
Os limóns. 1960
O
BODEGÓN. Sérvelle para acadar unha
sólida estratexia de representación, e pa a resolver problemas puramente plásticos, en pezas austeras, de
ordenada SIMETRÍA. As naturezas mortas de Seoane, son deudoras, desde un
punto de vista plástico, do cubismo
picassiano. As liñas reducen e sintetizan as formas, as cores vivas e intensos esténdense e
crean distintos planos cromáticos, e o espazo ordénase simplificando a
composición. Entre os elementos representados, cabo destacar en gran parte das
súas naturezas mortas, a presenza da
mesa, motivo do que se serve o autor para crear diferentes planos, que
xeran un novo espazo plástico. Estas
áreas, case sempre veñen dadas por dúas rectangulos, un horizontal e outro en
diagonal, diferenciados por grandes superficies de cores vivas e intensas, característicos do artista. Nesta obra,
chaman a atención o modo de equilibrar os contrastes cromáticos mediante o
trazado das liñas, que se distribúen no lenzo para equilibrar a composición.
No bodegón, liña, cor e forma, aparecen como elementos totalmente autónomos,
capaces de lograr expresión por si mesmos: "A miña pintura componse de
medios elementais, e de cores fortes e vivas. Acentúo as formas para resaltar
ou seu carácter expresivo, e coido de que elas collan importancia por si
mesmas, independientemente de cada valor e dá cor".Os froitos, poden
parecer a primeira ollada demasiado humildes, e ata pasar inadvertidos ao
espectador. Pero o artista pretende desvelarnos a vida das cousas inertes,
representadas de xeito sinxelo, á vez que se
lles outorga a maxestuosidad dun verdadeiro bodegón.
Polbo e xarra. 1961. Óleo sobre lenzo.
Considerado
un dos máis importantes renovadores plásticos do século XX en Galicia, Luís
Seoane desenvolve unha constante investigación sobre a linguaxe e a
representación formal na pintura. A obra Polbo e xarra, representa unha composición abstraizante na que a yuxtaposición de planos geométricos
realizados en intensa gama de cores cálidas, laranxas, vermellos e amarelos
contrastan co contundente negro, estes serven de fondo indefinido á
representación esquemática de dous obxectos, un polbo e unha xarra, silueteados
en liñas negras. A data de ejecución deste lenzo prodúcese nun ano de vital importancia na evolución plástica de Seoane, xa que
coincide coa realización de importantes obras que aluden á tradición e historia
de Galicia, principalmente representada pola muller. Seoane continúa a súa evolución estilística e súmase entón a unha certa
abstracción, combinada sempre coa figuración, que cada vez se fragmentará máis.
Os temas galegos tomaron protagonismo na
súa produción, recreando os costumes, a indumentaria ou as profesións, pero
sempre desde a perspectiva novedosa do seu estilo. E é neste panorama creativo
onde encaixa un animal tan
característicamente galego como é o polbo, representado en moitas ocasións
ao longo da súa producción.
Nada as perturba. 1963
Desde os seus comezos artísticos, a muller desempeña un protagonismo
relevante na obra de Seoane, tanto plástica como literaria. Desde unha perspectiva enaltecedora, as súas mulleres
normalmente aparecen realizando traballos de campo ou en ambientes
vinculados á cultura rural galega. Noutras ocasións, como nesta obra, as súas
mulleres tórnanse iconos rotundos que
aparecen nas escenas sen desenvolver ningunha acción, senón como medios
estructurales para distribuír pola superficie pictórica as formas, liñas e
cores que fundamentan, segundo o propio pintor, o acto de pintar.
O RETORNO
En 1963, Seoane
retorna a Galicia tras un exilio político que o mantivo en Arxentina durante
case trinta anos.
No 1968 funda xunto con Díaz Pardo o LABORATORIO DE FORMAS, que comprende a recuperación da Cerámica de Sargadelos,
o museo Carlos Maside e a editorial Edicións do Castro. Durante todos estes
anos, expone cadros e grabados na súa terra.
Todas estas
vivencias, a dureza do pasado, o terror da guerra, a persecución política e o
exilio, quedan reflectidos nos seus lenzos, como na peza “Pranto pola muller caída” que se volven máis narrativos e
evidentes que nos referidos a temas máis amables. Neste
sentido os seus personaxes e as súas mulleres funcionan como SÍMBOLOS, dotados de valores positivos,
proxectando o pasado cun espíritu de resistencia, que aparecen nos seus cadros
SOCIAIS, como Pranto pola muller caída(1963), A represión (1965) e O CRISTO
OBREIRO CRUCIFICADO (esta obra do ano 1975).
Pranto pola muller caída. 1963
OS TRABALLADORES
E TRABALLADORAS, como tema e os traballos do campo e do mar están tamén moi
presentes na súa obra sobre todo nestes anos 60, buscando unha estética que rexeita o folclorismo, a través dunha iconografía
propia que enche de dignidade ás figuras representadas. A EMIGRACIÓN E O
TEMA SOCIAL, é tamén un tema moi presente en pezas como “A emigrante”
(1967),baseada nunha historia real, que deu pe ao artista para a realización
desta peza, ou “Noticias dos homes” (1969).
A emigrante. 1967
Sen noticias dos homes. 1969
Outro dos seus temas frecuentes é a denuncia
social, a angustia duns personaxes
oprimidos polas políticas dun mundo inxusto. A muller, como acurre na obra
dos pintores galegos dá a súa xeración vai estar moi presente na súa obra, personaxes femininos cargados de simbolismo:
as mulleres que esperan o retorno delos seus a Galicia, a Mater Gallaecia que representa a terra, a muller traballadora tan
característica e tan importante na Galicia rural, campesiña, mariscadora, ou
nas súas os seus traballos domésticos (pelando patacas, por exemplo). Tamén
mulleres urbanas e modernas, como foi a súa propia muller.
Tamén
é moi importante en Seoane a figura do ARTISTA
COMO A MEMORIA DO SEU POBO. A nova
arte era para o artista, unha construcción que tiña que partir de valores
identitarios, e no que o primitivismo (en referencia a influencia de Os
Novos), e a fusión das artes: pintura, arquitectura, deseño e publicidade,
tenta encaixar os medios de producción modernos, con esa pureza trascendental
que atopa nese primitivismo. É tamen fundamental O PROTAGONISMO DO POBO COMO MOTOR DA HISTORIA. Soane pretende unha
visión da arte non só como obra comprometida, senon como parte dunha complexa e
posible vía emancipatoria, deixando que a pintura sexa un espazo para a
reflexión. Por iso na súaiconografía destacan os tipos populares, campesiños e marineros, figuras vinculadas ao
movemento renovador, e doutra banda a
muller como icono. Seoane interpreta a iconografía galega, buscando un
equilibrio entre o instintivo e o racional, entre o popular e o intelectual.
Os tres soles de Galicia. 1967
Mariscadoras. 1969
A liña adquire
o protagonismo perdido en obras anteriores, e o axuste das pezas da
composición é máis elemental, tratando
de favorecer a claridade da idea que quere transmitir. Recupera os ritmos curvos e as liñas dinámicas,
que non por iso deixar de ser sintéticas parándose apenas na descrición dos
trazos e a fisonomía. A cor evidencia as
violentas tensións expresivas, estalando coma se quixese mostrarnos a súa
potencia interna. O emprego de grandes
superficies negras, acentúa o dramatismo psicolóxico da escena, e provoca
saturación das cores que lle rodean. LINGUAXE DEPURADA QUE CONVERTE OS MESMOS TEMAS
NUNHA NOVA REALIDADE PICTÓRICA: esquematismo, planos en cores contrapostas, dinamismo
contido, que en ocasións chega á abstracción, enriquecida pola súa experiencia
sintética de ilustrador, gravador e muralista, pois:
-Da ilustración sae a súa concepción entre liña e cor,
que nos anos cincuenta estructuránse a partir dos trazos negros que estruturan
os corpos nas súas figuras.
-Do
muralismo, a súa monumentalidade.
A chambra branca. 1969
Agardando sempre. 1969
No hay comentarios:
Publicar un comentario