Entelado dun lenzo
sobre madeira
Marta, alumna de segundo curso de pintura,
realiza un traballo en acrílico sobre lenzo sen imprimación, aplicando as cores
seguindo un deseño inicial sobre cartón en pequeño formato. O lenzo é colocado
nun primeiro momento sobre unha madeira con chinquetas para que non se mova e pódase
traballar con facilidade.
Coa obra xa rematada e seca, esta vaise entelar sobre unha madeira dun grosor de 7
mm, para que esta non quede alabeada tras aplicar o alkil, que é unha cola moi resistente. Tras aplicar o alkil cunha brocha, pásase cun papel ou pano por
enriba da tea con suavidade para que non queden ocos e aire e a superficie
apareza totalmente lisa.
Logo, procederase a estirar ben a tea por
todos os seus extremos e a grapamos pola parte posterior do lenzo.
Resultado
final da peza
Esta
peza de 40 x 40 cm realizada en acrílico sobre lenzo, atópase na exposición DA
XEOMETRÍA Á DESORDE, DA DESORDE Á XEOMETRÍA, mostra colectiva do traballo da
aula de Pintura da Escola de Artes e Oficios de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario